
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1223/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Xurídico Social
Inicio e fin
08/01/2026 – 27/03/2026
Modalidade
Asíncrona (en liña)
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Este curso ten como obxectivo capacitar ás persoas participantes para comunicar con eficacia o seu perfil profesional, destacando as súas competencias e valor diferencial.
Director/a:
Nuría Rodríguez López
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
nrl@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/10/2025 – 20/11/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
24/11/2025 – 18/12/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
8 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Plataforma de teledocencia da UVigo: MOOVI
Horario
Presentación: 08/01/2026, 19:00-19:45 horas.
Peche: 27/03/2026, 19:00-19:45 horas.
Docencia asíncrona non presencial entre as datas de presentación e peche.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 188 € | 169.2 € | 159.8 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Obxectivos
O título ten como obxectivo proporcionar unha formación altamente especializada que permita ás persoas participantes comunicar e posicionar o seu perfil profesional con estratexias avanzadas de visibilidade e marca persoal.
Preténdese desenvolver competencias clave para a proxección profesional en contornos complexos e cambiantes. A formación capacita para actuar con autonomía, pensamento crítico e eficacia comunicativa no ámbito profesional.
Destinatarios
Poboación entre 25 e 64 anos, con bacharelato ou ciclo medio de formación profesional cursado.
Saídas Profesionais
Coa realización do curso preténdese fortalecer as capacidades dos participantes no intremprendemento. Os intraemprendedores son profesionais que aplican habilidades emprendedoras dentro dunha empresa existente, impulsando a innovación e o desenvolvemento de novos proxectos. O obxectivo é formar e empoderar aos participantes para que actúen como verdadeiros axentes de cambio, impulsando a resolución de problemas, a innovación e o crecemento desde dentro da empresa.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
- Educación comercial e administración.
- Comunicación, colaboración e creatividade.
- Solucionar problemas.
Competencias Transversais
- Planificar e organizar.
- Pensar de maneira creativa e innovadora.
- Comunicarse.
Condicións de acceso
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
– Documento de identificación
– Certificado de estudos previos
– Certificado de experiencia profesional ou equivalente
Criterios de selección
Orde de preinscrición
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200568 | Generación de ideas para el desarrollo profesional | Obligatoria | 2.0 |
Profesorado
Avaliación
Seguimento da docencia non presencial e proba final.
Será necesaria a visualización e lectura de todo o material, e a realización correcta das actividades propostas. As actividades terán un carácter formativo e autoavaliativo. O seguimento realizarase a través da plataforma Moovi. A esta parte corresponderalle como máximo o 50 % da cualificación.
Proba final: Para facela será necesario haber traballado todo o material e as actividades propostas. Suporá entre o 50 % e o 100% da cualificación. Proba teórica non presencial o último día do curso (30/01/2026). Asíncrono.
Titulación
Microcredencial Universitaria “Xeración de ideas para o desenvolvemento profesional”
