Comunicar e posicionar o teu perfil

Microcredenciales

Ámbito: Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismoCódigo: TCS:1226/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Xurídico Social

Inicio e fin

08/01/2026 – 27/03/2026

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

2.0 ECTS

Estado

Finalizado

35 prazas

 

Descrición

Este curso ten como obxectivo capacitar ás persoas participantes para comunicar con eficacia o seu perfil profesional, destacando as súas competencias e valor diferencial.

 

Director/a:

Nuria Rodríguez López

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

nrl@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/10/2025 – 20/11/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
24/11/2025 – 18/12/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

1 horas

Docencia non presencial

8 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Plataforma de teledocencia, MOOVI

 

Horario

Presentación: 08/01/2026, 20:30-21:15 horas.

Peche: 27/03/2026, 20:30-21:15 horas.

A docencia será online de forma asíncrona (ao teu ritmo) a desenvolver entre as datas de presentación e peche.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
188 € 169.2 € 159.8 €

Observacións aos prezos

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

 

Obxectivos

O título ten como obxectivo proporcionar unha formación altamente especializada que permita ás persoas participantes comunicar e posicionar o seu perfil profesional con estratexias avanzadas de visibilidade e marca persoal. Preténdese desenvolver competencias clave para a proxección profesional en contornos complexos e cambiantes. A formación capacita para actuar con autonomía, pensamento crítico e eficacia comunicativa no ámbito profesional.

 

Destinatarios

Poboación entre 25 e 64 anos, con bacharelato ou ciclo medio de formación profesional cursado.

 

Saídas Profesionais

Coa realización do curso preténdese fortalecer as capacidades dos participantes no intremprendemento. Os intraemprendedores son profesionais que aplican habilidades emprendedoras dentro dunha empresa existente, impulsando a innovación e o desenvolvemento de novos proxectos. O obxectivo é formar e empoderar aos participantes para que actúen como verdadeiros axentes de cambio, impulsando a resolución de problemas, a innovación e o crecemento desde dentro da empresa.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

  • Educación comercial e administración.
  • Comunicación, colaboración e creatividade.
  • Solucionar problemas.

 

Competencias Transversais

  • Planificar e organizar.
  • Pensar de maneira creativa e innovadora.
  • Comunicarse.

 

Condicións de acceso

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

– Documento de identificación

– Certificado de estudos previos

– Certificado de experiencia profesional ou equivalente

 

Criterios de selección

Orde preinscrición

 

Materias

id nome caracter créditos
200570 Comunicar y posicionar tu perfil Obligatoria 2.0

 

Profesorado

 

Avaliación

Haberá seguimento da docencia non presencial e unha proba final.

Será necesaria a visualización e lectura de todo o material e a realización correcta das actividades propostas. As actividades terán un carácter formativo e autoavaliativo. O seguimento realizarase a través da plataforma Moovi. A esta parte corresponderalle como máximo o 50 % da cualificación.

Proba final: para facela será necesario haber traballado todo o material e as actividades propostas. Suporá entre o 50 % e o 100% da cualificación. A proba será teórica e non presencial e realizaráse no último día do curso 30/01/2026 de forma asíncrona.

 

Titulación

Microcredencial Universitaria en Comunicar e posicionar o teu perfil