
Microcredenciales
Ámbito: Historia, arqueoloxía, xeografía, filosofía e humanidadesCódigo: TCS:1239/1
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Arte e humanidades
Inicio e fin
26/01/2026 – 20/04/2026
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
O verso dramático constitúe unha parte esencial do repertorio teatral español que require duns coñecementos teóricos e, sobre todo, prácticos fundamentais para a representación dun importante número de obras. Esta microcredencial ofrece un achegamento a elementos esenciais para dominar a preceptiva métrica e para a súa aplicación na práctica escénica.
Director/a:
José Francisco Asís Montero Reguera
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
jmontero@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
10/11/2025 – 15/01/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
15/11/2025 – 19/01/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
20 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Plataforma Teleformación UVIGO
Horario
26 de xaneiro; 2, 9 e 23 de febreiro; 2, 9, 16 e 23 de marzo; 13 e 20 de abril.
Horario de 10:00 a 12:00
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 100 € | 90 € | 85 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Obxectivos
O obxectivo fundamental desta microcredencial é capacitar aos participantes para adquirir a través da análise, o xogo e a práctica teatral, ferramentas que lles permitan comprender os textos de teatro en verso e dominar a teoría dos preceptos métricos e a súa aplicación na práctica escénica. Neste sentido, centrarémonos en identificar os elementos que a linguaxe poética proporciona ao intérprete para a construción do personaxe e da acción e en adquirir recursos técnicos e expresivos para encarnar, con liberdade creativa e rigor formal, os roles e conflitos do teatro en verso.
Destinatarios
Estudantes e profesionais das Artes Escénicas interesados no teatro en verso, así como estudantes universitarios e público en xeral interesado en explorar a natureza oral da poesía dramática da Idade de Ouro a través da súa práctica escénica (titulación de acceso: non universitaria).
Saídas Profesionais
Esta microcredencial ten como obxectivo contribuír a enriquecer os perfís profesionais dos participantes mediante a adquisición e o desenvolvemento das seguintes habilidades:
Dominio das habilidades expresivas, comunicativas e creativas en diversos contextos académicos e/ou artísticos.
Control, seguridade e confianza no uso da voz, a fala, o texto e a imaxinería en procesos de comunicación pública ou posta en escena.
Consciencia das posibilidades rítmicas, musicais e creativas da linguaxe poética, así como do seu valor artístico.
Capacidade para empatizar cos conflitos dos demais e comprender o valor do traballo en equipo ao servizo dun obxectivo creativo e artístico común.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
CE1 Unificar o ritmo, o significado e a necesidade de comunicar.
CE2 Coñecer, recoñecer e practicar a ampla variedade de estrofas, series e combinacións de estrofas que se atopan nas nosas obras líricas e dramáticas.
CE3 Coñecer e identificar elementos básicos das figuras retóricas.
CE4 Ser capaz de identificar e desentrañar a complexa sintaxe do verso en xeral e do verso barroco en particular.
CE5 Adquirir experiencia na identificación e resolución de encabalgamentos e conexións
Competencias Transversais
CT1 Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
CT2 Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala axeitadamente.
CT3 Empregar habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.
CT4 Desenvolver razoada e críticamente ideas e argumentos.
CT5 Integrarse axeitadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.
Condicións de acceso
Documentación requirida:
Documento de identificación
Curriculum Vitae
Criterios de selección
Orde de preinscrición.
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200608 | Teoría y práctica del verso dramático | Obligatoria | 2.0 |
Profesorado
José Montero Reguera e Alejandro Saá
Avaliación
Avaliación continua (traballo na clase e presentación de traballos orais e escritos na propia dinámica da formación).
Titulación
Microcredencial en “Teoría e práctica do verso dramático”
