
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1311/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
14/04/2026 – 14/05/2026
Modalidade
Asíncrona (en liña)
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Matrícula
Descrición
LibreOffice e OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas. O obxectivo deste curso é amosar ao alumnado trucos e boas prácticas á hora traballar e crear documentos ofimáticos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación. Daranse as nocións suficientes para elaborar con garantías documentos para grandes proxectos, proxectos de fin de grao ou teses, crear documentación técnica e matemática, manter bibliografías, editar de forma colaborativa, controlar versións de documentos, asinar dixitalmente, configurar e adaptar as contornas de traballo, etc.Tamén se obterán os coñecementos necesarios para unha correcta configuración do paquete ofimático, ben sexa LibreOffice, personalización e adaptación dos mesmos, así como onde obtelo e como complementalo con máis funcionalidades a través das extensións.
Director/a:
Óscar Fernández Carballo
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente y CIXUG
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
09/04/2026 – 10/04/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
09/04/2026 – 12/05/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
24 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.gal/
Horario
Por definir (https://www.cixug.gal/cursos/2026-cxg-trucos/)
Obxectivos
O obxectivo deste curso é amosar ao alumnado trucos, e boas prácticas á hora de traballar e crear documentos de texto, para un entorno académico, universitario e profesional.
Destinatarios
PDI da Universidade de Vigo
Competencias Específicas
- Adquirir novas destrezas no uso diario do computador
- Elaborar material dixital de forma eficiente, estándar, perdurable e conforme a lexislación actual
- Obter recursos multimedia legais e respectando a propiedade intelectual
- Descubrir novas opcións e posibilidades en contornas ofimáticas
- Afondar nas aptitudes ofimáticas
- Aumentar a produtividade no traballo ofimático diario
- Configurar e adaptar o entorno ofimático ás pretensións e necesidades do usuario
- Coñecer as licenzas que faciliten compartir o noso traballos
- Xestionar versións de traballos
- Sinatura dixital de documentos ofimáticos
- Protexer o noso traballo ofimático
- Coñecer o obter tipografías libres de regalías e patentes para os documentos
Condicións de acceso
Ser PDI da Uvigo. Prerrequisitos:
Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, …) e interacción básica con calquera sistema operativo.
Precisarase un ordenador con acceso a Internet.
Criterios de selección
Orde de preinscrición
Metodoloxía
1. Introdución:
- Software Libre e software non libre.
- Cultura Libre e Creative Commons.
- Obter recursos libres.
- Formatos estándares.
- Ofimática: paquetes ofimáticos: Suites ofimáticas, Apache OpenOffice/LibreOffice, Versións e diferencias, Obtención e descarga.
- Contorna de traballo do Sistema Operativo: Execución eficiente de aplicacións, Atallos de teclado comúns, Manexo e colocación eficiente de fiestras, Xestión de procesos, Monitorización e control de procesos.
2. Creación dixital de documentos enriquecidos:
- Estilos e formatado.
- Modelos.
- Tipografías e fontes libres.
- Referencias bibliográficas.
- Exportar a PDF de calidade.
- Trucos e boas costumes: Barra de estado, Vistas do documento, Navegación rápida polo documento, Seleccións non consecutivas, Pegado especial, Atopar e substituír avanzado, Separación Silábica, Comentarios, Índices automáticos, Numeración de capítulos, Campos de entrada, Xestión da bibliografía, Notación científica-matemática, Control de versión, Edición colaborativa, Asinado dixital de documentos.
3. Configuración e personalización de LibreOffice:
- Configuración: Opcións xerais, Opcións de Carga e Gardado, Opcións de Idioma, Autocorrección e autocompletado.
- Personalizar: Atallos de teclado, Menús, Barras de ferramentas.
4. Extensións:
- Descarga de extensión.
- Xestor de extensións.
- Extensións engadidas por defecto.
- Máis extensión.
Avaliación
Os criterios que se terán en conta serán: A participación (10 horas de conexión como mínimo), avaliación continua mediante: probas, consulta en foros etc… Posibilidade dunha proba final.
Titulación
Curso en Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais
