
Microcredenciales
Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicaciónCódigo: TCS:1183/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía
Inicio e fin
29/04/2025 – 06/06/2025
Modalidade
Presencial / virtual
Créditos ECTS
3.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Este curso ten como obxectivo proporcionar ao alumnado coñecementos relacionados co dimensionamento da aparamenta de alta tensión en subestacións eléctricas. Deste xeito, poderán coñecer, calcular, así como a súa aplicación, normativas e casos reais. Para o desenvolvemento do curso hai profesorado da Universidade de Vigo e de empresas do sector eléctrico cuxa experiencia permitirá dirixir o coñecemento ás áreas de necesidade actuais das empresas.
Director/a:
Camilo José Carrillo González
Teléfono contacto:
986 130304
Email contacto:
carrillo@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
07/04/2025 – 21/04/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
22/04/2025 – 25/04/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
30 horas
Docencia non presencial
30 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Industrial (sede Campus) / Plataforma de teleformación de la Universidade de Vigo (Moovi).
A docencia síncrona presencial/virtual dos venres desenvolverase simultaneamente tanto na aula física coma na aula virtual. As clases dos venres non serán gravadas.
A docencia do resto de días impartirase de forma síncrona virtual, e ademais grabarase para aqueles estudantes que non poidan interaccionar simultáneamente co profesorado nese momento.
Horario
- Martes 29/04/2025
- Mércores 30/04/2025
- Martes 06/05/2025
- Venres 09/05/2025
- Martes 13/05/2025
- Venres 16/05/2025
- Martes 20/05/2025
- Venres 23/05/2025
- Martes 27/05/2025
- Venres 06/06/2025
As clases impartiranse en duas modalides: os venres de 16:00 a 20:00 de forma presencial ou online síncrono; e o resto de días de 18:00 a 20:00-21:00 de forma online, puidendo velas en directo ou noutro momento.
Aclaración: as clases do venres soamente poderán verse en directo, non serán gravadas.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 175 € | 157.5 € | 148.75 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
- Coñecemento da estrutura das subestacións, aparamenta, cálculos orientados a xustificar o dimensionamento da mesma.
- Coñecemento da aparamenta, entrando na sua definición, normativa aplicable, ubicación, características técnicas, dimensionamento y estudio de casos reais.
Destinatarios
- Técnicos con experiencia en instalacións eléctricas de alta tensión
- Licenciados en Enxeñaría Eléctrica (graduados e estudantado de último curso)
- Máster Universitario en Enxeñaría Industrial – Orientación Enxeñería Eléctrica (graduados e estudantado de último curso)
Saídas Profesionais
Empresas de enxeñería, tanto para o deseño de instalacións, como para a dirección e execución de obras, incluíndo tamén a explotación e mantemento de subestacións.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
- Coñecemento da estrutura e dos elementos das subestacións eléctricas
- Coñecemento da normativa aplicable
- Capacidade para dimensionar aparamenta alta tensión
- Coñecer e comprender problemáticas existentes mediante de caso reais
Competencias Transversais
- Pensamento analítico
- Resolución de problemas complexos
Condicións de acceso
1) Graduados en Enxeñería Eléctrica
2) Máster en Enxeñería Industrial – Orientación en Enxeñería Eléctrica
3) Persoal técnico con experiencia en instalacións de alta tensión
4) Poderanse admitir estudantes das titulación anteriores con o TFM ou TFG pendente
Documentación requirida (para a preinscrición):
1) Documento de identificación
2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos
3) Currículo vitae (indicando a experiencia afín á temática do curso)
Criterios de selección
1)Formación académica 50%
2) Experiencia afín á temática do curso (50%)
Metodoloxía
- Introdución
- Transformadores de medida e protección, de tensión e de corrente
- Autoválvulas
- Transformadores de potencia
- Reactancia de P.A.T.
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200485 | Aparamenta en subestaciones eléctricas de alta tensión: transformadores y protecciones | Obligatoria | 3.0 |
Profesorado
Avaliación
Titulación
Microcredencial “Aparamenta en subestacións eléctricas de alta tensión: transformadores e proteccións”
Máis información
Centro de posgrao e formación permanente https://cpfp.uvigo.gal/
