
Experto
Ámbito: EnfermaríaCódigo: TCS:1200/1
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde
Inicio e fin
11/09/2025 – 31/01/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
20.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Este ano contamos con dous prazos de preinscrición e matrícula para os títulos de mestrado, especialista e experto/a. Lembra que para matricularte é necesario facer previamente a preinscrición. Consulta os prazos de preinscrición e matrícula aquí.
- 1º prazo de preinscrición: do 6 de xuño ao 30 de xuño de 2025
- 1º prazo de matrícula: do 14 de xullo ao 24 de xullo de 2025
- 2º prazo de preinscrición: do 30 de xullo ao 29 de agosto de 2025
- 2º prazo de matrícula: do 11 de setembro ao 12 de setembro de 2025
Director/a:
Manuel Torres Vizcaya e Vicente Romo Pérez
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
mtorres@povisa.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
30/07/2025 – 29/08/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
11/09/2025 – 12/09/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
136 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
150 horas
Lugar de impartición
O alumnado poderá acudir de forma presencial a Escola de Enfermería Ribeira Povisa ou acudir ás clases a través da plataforma virtual Moovi
Horario
O horario habitual de clases será os venres de 16.00 a 21.00 horas e sábados de 09.00 a 14.00 horas. Ademais haberá clase algún xoves de 16.00 a 21.00 horas
- As datas concretaranse proximamente
Prácticas laborais: 150 horas de traballo no hospital e 30 para a elaboración dunha memoria.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 1800 € | 1620 € | 1530 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
Os obxectivos xerais pódense concretar nos seguintes:
1. Coñecer os fundamentos da asistencia sanitaria en urxencias, emerxencias e coidados críticos.
2. Capacitar para a intervención profesional de alto nivel en pacientes en situacións críticas e de urxencia.
3. Comprender os aspectos legais e éticos máis relevantes na asistencia sanitaria en urxencias,emerxencias e coidados críticos.
4. Entender o funcionamento básico dos servizos de urxencias hospitalarios, os servizos de emerxencias, as unidades de críticos e os centros de coordinación.
5. Utilizar os conceptos teóricos e o coñecemento científico dos coidados de enfermería, como base para a toma de decisións en intervencións en urxencias e emerxencias.
6. Aplicar os procedementos e coidados adecuados en situacións de urxencias, emerxencias e coidados críticos.
7. Fortalecer liñas de investigación/intervencións actuais que desenvolvan innovacións en situacións críticas e de urxencia.
8. Aplicar técnicas de traballo en equipo, motivación, liderado e manexo da situación complexa. Realizar unha discusión construtiva dentro do equipo sanitario, defendendo as mellores opcións de acordo coa evidencia científica.
9. Coñecer a estrutura e o funcionamento do Sistema de Urxencias, Emerxencias e Transporte Sanitario.
10. Garantir as competencias básicas e obxectivos que figuran no Real Decreto 822/2021, do 28de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade.
Destinatarios
- Persoas graduadas ou tituladas en enfermería ou titulacións equivalentes.
- Profesionais do sector sanitario con experiencia laboral.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
- Saber aplicar os coñecementos aprendidos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
- Capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
- Ser capaz, no ámbito da enfermería, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
- Saber planificar e prestar coidados de enfermería dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
- Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermería
- Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas
- Aplicar as intervencións da enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles
- Aplicar o código ético e deontolóxico da enfermería española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación
- Ser capaz de traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais
- Realizar coidados de enfermería baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
- Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermería
- Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/o efectos derivados da súa administración e consumo
- Coñecer os procesos fisiopatolóxicos, as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital
- Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses
- Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado
- Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermería, establecendo unha relación terapéutica cos pacientes e familiares
- Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo
- Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas de dirección de grupos
- Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia
Competencias Transversais
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Resolución de problemas e toma de decisións
- Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe
- Habilidades nas relacións interpersoais
- Aprendizaxe autónoma
Condicións de acceso
- Cumprir os requisitos de acceso ao título de máster propio.
- Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
- Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente. O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título. As direccións académicas poderán establecer requisitos adicionais que figurarán na proposta do título.
Documentación requerida:
1) Título de Grado en Enfermería o titulación equivalente.
2) Certificación del expediente académico, con nota media.
3) Experiencia laboral, de ser el caso.
Criterios de selección
1) Nota media expediente 50%
2) Experiencia laboral no ámbito sanitario 20%
3) Aquelas preinscrición no máster teñen prioridade sobre as preinscricións no título de experto* 20%
4) Calificacións en materias vinculadas ao máster 10%
Este título de experto está integrado na formación do máster de formación permanente en enfermería práctica avanzada en urxencias e coidados intensivos. Polo que terá prioridade o alumnado que se preinscriba na totalidade da formación ofertada.
Metodoloxía
O estudantado, ademais das sesións teóricas presenciais ou virtuais, terá un titor asignado que tamén será o encargado de liquidar calquera dúbida e, ao mesmo tempo, será o director do TFM. As plataformas de comunicación, ademais do correo electrónico, MOOVI, https://campusremoto.tv.uvigo.es/campus ou Teams.
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200528 | Abordaje del paciente crítico | Obligatoria | 4.0 |
| 200529 | Plan de atención al paciente crítico | Obligatoria | 5.0 |
| 200531 | Cuidados de enfermería en la atención urgente/emergente/critico | Obligatoria | 5.0 |
| 200533 | Prácticas I | Obligatoria | 6.0 |
Profesorado
Observacións sobre as prácticas
É necesaria unha fase de prácticas na que o estudantado poida ver a realidade das urxencias e coidados intensivos e familiarizarse cos seus procedementos e protocolos.
As prácticas laborais constarán de 150 horas de traballo no hospital e 30 horas para a elaboración dunha memoria.
Avaliación
Exames: 19 -31 Xaneiro. Presencial/virtual.
Os créditos das prácticas poderán ser validados pola experiencia profesional. A comisión académica valorará cada caso.
A avaliación será continua e desenvolverase a través da realización de varias probas durante os períodos lectivos e as probas finais. Requirirase a asistencia virtual ou presencial ao 85 % das clases.
O alumnado que suspenda algunha materia na primeira oportunidade terá unha segunda oportunidade de avaliación despois da finalización do período lectivo, segundo calendario establecido.
Titulación
Experto/a en abordaxe do paciente crítico en enfermería
