Curso de Formación Superior para o emprego e a vida autónoma - EMAU

Diploma de formación superior universitaria

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1230/1
Área de interese principal: Atención á diversidade | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

15/10/2025 – 15/07/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

30.0 ECTS

Estado

En curso

20 prazas

 

Descrición

O programa está dirixido a mozos menores de 30 anos con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/o do espectro autista, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que desexen ampliar a súa formación e adquirir habilidades para a vida independente e o acceso ao emprego.

 

Director/a:

Maruxa Álvarez Jiménez, María Reyes Fernández González

Teléfono contacto:

986 130 304

Email contacto:

unidiversidade@uvigo.gal; cpfp@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
30/09/2025 – 15/10/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
30/09/2025 – 16/10/2025

Matrícula pechada

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

650 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

100 horas

Lugar de impartición

Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo  (itinerario VIGO) 
Facultade de Turismo e Empresariais (itinerario Ourense)

 

Horario

As clases serán de luns a venres pola mañá de 9:30  a 13:30h.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
0 € 0 € 0 €

Observacións aos prezos
O curso está financiado pola Fundación ONCE  polo que o alumnado está exento do pagamento.

 

Obxectivos

    • Fomentar a inclusión universitaria das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
    • Desenvolver competencias transversais que faciliten a súa autonomía e participación social.
    • Mellorar a empregabilidade mediante a formación práctica e o contacto coa contorna laboral real.
    • Promover a igualdade de oportunidades e a accesibilidade na educación superior.

     

    Destinatarios

    O Programa EMAU está destinado preferentemente a mozas e mozos menores de 30 anos e teñan algunha discapacidade intelectual, do desenvolvemento ou do espectro autista.

    Aínda que non é necesaria una formación previa específica, o alumnado participante deberá poder desprazarse con autonomía ao campus onde se imparta a docencia, ter competencias mínimas en lectoescritura e cálculo, ter unha conduta social axustada para garantir unha inclusión adecuada nun entorno inclusivo como a universidade e manifestar un desexo de formarse.

     

    Saídas Profesionais

    As principais saídas profesionais por itinerario son as seguintes:
      
    ITINERARIO “Tarefas Administrativas Básicas”:
     
    Asistente de oficina: encárgase da xestión da correspondencia, o arquivo e a xestión da axenda.
    Recepcionista: realiza tarefas de atención ao cliente, xestión de chamadas e organización da axenda.
    Operador de telefonía: atende as chamadas telefónicas e xestiona a comunicación con clientes e provedores.
    Asistente de ficheiros: realiza tarefas de clasificación, organización e mantemento de ficheiros.
    Xestor de datos: introduce e verifica os datos nos sistemas informáticos.
    Persoal de atención ao cliente: atende aos clientes, resolve consultas e xestiona queixas.
    Auxiliar de loxística: apoia a xestión da loxística da empresa, como a recepción e envío de mercadorías.
    Persoal administrativo de apoio nas administracións públicas: realiza tarefas administrativas básicas en entidades públicas, como concellos, deputacións e comunidades autónomas.
    Persoal administrativo en centros médicos: apoia na xestión de citas, rexistros e documentación de pacientes.
     
    ITINERARIO “Tarefas de apoio ao Turismo”:
     
    Funcións de atención ao público en distintos ámbitos do sector turístico: museos, hoteis, parques temáticos, oficinas de turismo, e moitos outros máis. 
    Asesorar ao seu público sobre as actividades dispoñibles que como turista poden realizar, así como indicarlles monumentos, enclaves ou eventos de interese.
    Transmitir a información de forma amable, clara e pausada e ter sempre en conta que tipo de turista está a atender, cales son os seus intereses e cales as súas necesidades.
    Ter unha boa formación cultural para transmitila adecuadamente ao turista.
    Proporcionar soporte administrativo
    Axudar na xestión de eventos culturais e turísticos:
     
    o preparación do espazo,
    o montaxe e desmontaxe de mobiliario e decoración
    o recepción de participantes…

     

    Competencias Específicas

    Competencia dixital: mediante o uso das aplicacións ofimáticas básicas.
    Habilidades de comunicación lingüística: mellora da expresión oral e escrita, da comprensión lectora e da interacción en diferentes contextos (incluso en inglés).
    Competencia de empregabilidade: habilidades, coñecementos, actitudes e comportamentos que lle permiten ás persoas atopar e manter un emprego, adaptándose ás necesidades do mercado laboral.
    Habilidades emprendedoras, autoemprego e iniciativa: con contidos sobre xestión empresarial, finanzas persoais e actitude proactiva cara ao emprego.
    Efectuar o tratamento relativo aos procedementos administrativos propios á actividade empresarial ou pública.
    Coñecer o funcionamento da empresa/administración pública.
    Considerar a importancia dunha correcta ética profesional e persoal para o funcionamento da organización.

     

    Condicións de acceso

    Ter unha discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/ou do espectro autista do 33 % ou superior, recoñecida oficialmente pola autoridade competente da súa Comunidade Autónoma.
     
    Ter cumprido os 18 anos durante o curso e ser menor de 30 anos no momento do inicio do curso.
     
    Ser beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil antes do inicio do curso. Acéptase un documento válido que teña unha antigüidade non superior a quince días ao inicio do curso ou á entrada do beneficiario no curso.

     

    Criterios de selección

    Avaliación psicopedagóxica
     
    No proceso de selección do alumnado, e coa finalidade de valorar se o futuro alumnado posúe as competencias mínimas necesarias para desprazarse o centro educativo onde se impartirá o título e realizar un aproveitamento das clases, a Comisión de selección realizará unha avaliación psicopedagóxica coa batería Woodcock-Muñoz III (comprensión lectora, matemáticas e expresión) e o ABAS-II (habilidades adaptativas), con especial atención ao uso dos recursos comunitarios. Todo o proceso se realizará con criterios de equidade e acompañamento personalizado.
     
    CRITERIOS DE ADMISIÓN: 
                                                                                                     
    1) Comprensión Matemática 20%
    2) Capacidade de Expresión Oral 20%
    3) Capacidade de Expresión Escrita 20%
    4) Habilidades adaptativas 150%
    5) Autonomía de desprazamento 15%
    6) Outros títulos académicos: ESO, Formación básica FP ou superiores 10%

     

    Metodoloxía

    O programa combina materias orientadas ao desenvolvemento persoal e social (como benestar, comunicación ou emocións) con contidos específicos relacionados coa contorna laboral, a autonomía e a empregabilidade.

     

    Materias

    id nome caracter créditos
    200576 Competencias para la vida autónoma y desarrollo profesional Obligatoria 1.3
    200577 Competencias digitales (I & II) Obligatoria 2.5
    200578 Autoconocimiento y habilidades emocionales Obligatoria 1.5
    200579 COMUNICACIÓN y atención al cliente Obligatoria 1.5
    200580 Inglés Obligatoria 1.5
    200581 LECTURA fácil y validación de textos Obligatoria 1.3
    200582 GESTIÓN EMPRESARIAL Obligatoria 1.3
    200583 CONTABILIDAD y educación financiera Obligatoria 1.3
    200584 DERECHO de las persoas con discapacidad ante las administracions públicas Obligatoria 1.5
    200585 BENESTAR, SALUD Y PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES (I & II) Obligatoria 2.5
    200586 Herramientas de búsqueda de EMPLEO Obligatoria 1.3
    200587 IGUALDAD en género Obligatoria 0.3
    200588 TUTORÍAS Obligatoria 2.5
    200589 PRÁCTICAS en empresas ordinarias Obligatoria 4.0
    200590 EMPRENDIMIENTO Optativa 2.0
    200591 ATENCIÓN AL CLIENTE Y VENTAS Optativa 0.5
    200592 DOCUMENTACIÓN Y ARCHIVOS Optativa 1.0
    200593 PROTOCOLO Optativa 1.0
    200594 DERECHO LABORAL Optativa 0.5
    200595 FINANZAS Optativa 1.0
    200596 EMPRENDEMENTO en el sector turístico Optativa 1.3
    200597 HISTORIA y conservación del patrimonio histórico Optativa 1.0
    200598 PATRIMONIO natural y turismo Sostenible Optativa 1.0
    200599 TURISMO TERMAL Optativa 1.0
    200600 Gestión de la restauración y del alojamiento TURÍSTICO Optativa 1.8

     

    Observacións sobre as prácticas

    O programa inclúe formación teórica e 100 horas de prácticas en empresas ordinarias

     

    Avaliación

    Os contidos de cada materia avaliaranse mediante unha proba escrita ou presentación de traballos

     

    Titulación

    Curso de Formación Superior para o emprego e a vida autónoma – EMAU