Ferramentas de xestión eficaz para mellorar a calidade da atención sanitaria

Microcredenciales

Ámbito: Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismoCódigo: TCS:1235/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

19/11/2025 – 08/04/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

1.0 ECTS

Estado

Finalizado

25 prazas

 

Descrición

Este curso, en formato de microcredencial universitaria, ofrece unha formación práctica e aplicada sobre o uso de ferramentas Lean para a mellora da calidade asistencial en saúde, adaptando metodoloxías de xestión eficaces ao contexto sanitario cun enfoque centrado no paciente. A formación combina fundamentos teóricos con dinámicas participativas, casos reais e simulacións prácticas, incorpora o uso de tecnoloxías, indicadores (KPIs) e cadros de mando para unha avaliación obxectiva da mellora continua, e conta coa experiencia de profesionais con traxectoria tanto académica coma asistencial, o que garante a adquisición de competencias útiles e transferibles de xeito inmediato aos contornos profesionais, contribuíndo a xerar unha cultura de mellora continua no ámbito sanitario

 

Director/a:

Antonio Sartal Rodríguez

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

antoniosartal@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
10/10/2025 – 24/10/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
03/11/2025 – 10/11/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

8 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Hospital Álvaro Cunqueiro

 

Horario

As clases terán lugar os mércores 19/11/2025, 03/12/2025, 14/01/2026, 04/02/2026, 04/03/2026 y 08/04/2026 de 8:00 a 9:30 Horas

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
94 € 84.6 € 79.9 €

Observacións aos prezos

IMPORTANTE- Este curso será gratuíto para todo o alumnado interesado. Custe 0€

O alumnado entre 25 e 64 anos, contará cunha financiación do 70% , xa que esta microcredencial está enmarcada dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

O resto das cuantías, serán subvencionadas na súa totalidade pola cátedra  da Fundación Pública Gallega de Investigación Biomédica Galicia Sur. 

 

Obxectivos

O obxectivo principal do curso é dotar ao persoal do ámbito sanitario das competencias necesarias para aplicar os principios e ferramentas Lean na mellora da calidade asistencial. Preténdese que o alumnado sexa capaz de identificar ineficiencias nos procesos, deseñar solucións prácticas e implementar dinámicas de mellora continua sustentadas en indicadores obxectivos e no uso de tecnoloxías de apoio. Así mesmo, búscase fomentar unha cultura organizativa baseada no liderado, na aprendizaxe colaborativa e no respecto ás persoas.

 

Destinatarios

O curso está dirixido a profesionais do ámbito sanitario (medicina, enfermaría, farmacia hospitalaria, xestión sanitaria) e a persoal técnico vinculado á mellora da calidade asistencial. Recoméndase contar con formación universitaria previa ou experiencia profesional en contornas asistenciais que permita o aproveitamento dos contidos e das dinámicas prácticas.

 

Saídas Profesionais

Ao rematar a titulación, o alumnado será capaz de aplicar metodoloxías Lean para analizar, deseñar e mellorar procesos asistenciais, empregando ferramentas de xestión visual, cadros de mando e indicadores de calidade. Disporá de habilidades para liderar equipos en dinámicas de mellora continua, fomentar a cultura de seguridade do paciente e integrar solucións tecnolóxicas que optimicen a eficiencia organizativa.

 

Competencias Específicas

  • Comprender os principios do Lean Management e o seu valor aplicado ao ámbito sanitario.
  • Identificar ineficiencias e desperdicios nos procesos asistenciais.
  • Empregar ferramentas Lean (5S, A3, Ishikawa, PDCA, VSM) para deseñar melloras prácticas.
  • Integrar o uso de indicadores (KPIs), cadros de mando e TIC no seguimento da calidade asistencia.
  • Aplicar enfoques de liderado e cultura de mellora continua en contextos clínicos reais.

 

Competencias Transversais

  • Desenvolver capacidade de análise crítica e resolución de problemas en contextos complexos.
  • Mellorar as habilidades de comunicación e traballo en equipo multidisciplinar.

 

Condicións de acceso

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA O ACCESO:

 Documento de identidade

 Copia do título universitario ou u documento que valide a súa experiencia no ámbito sanitario.

 

Criterios de selección

Orde de preinscriciónProfesionais do ámbito sanitario.

 

Metodoloxía

 

Materias

id nome caracter créditos
200574 Herramientas de gestión eficaz para la mejora de la calidad asistencial en salud Obligatoria 1.0

 

Profesorado

 

Avaliación

A avaliación poderá combinar unha proba tipo test individual, orientada a comprobar a comprensión dos conceptos clave, cunha presentación grupal dun caso práctico de mellora asistencial elaborado durante o curso. A participación activa nas dinámicas, debates e exercicios prácticos será considerada tamén como parte da avaliación continua.

 

Titulación

Microcredenciai en “Ferramentas de xestión eficaz para mellorar a calidade da atención sanitaria”