Creación e escritura de series

Microcredenciales

Ámbito: Industrias culturais: deseño, animación, cinematografía e produción audiovisualCódigo: TCS:1252/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

21/01/2026 – 29/04/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

6.0 ECTS

Estado

En curso

20 prazas

 

Descrición

Programa de 6 ECTS (150 h) orientado a creación e desenvolvemento de guións para series detelevisión e plataformas dixitais. Ensina estrutura narrativa, creación de personaxes, diálogo edinámicas de sala de guión. Combina teoría e práctica, preparando ao alumnado para traballar enequipos profesionais de ficción seriada.

 

Director/a:

José Manuel López Fernández

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

josemlopez@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/12/2025 – 15/01/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
13/01/2026 – 18/01/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

70 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Facultade de comunicación de Pontevedra e plataforma de teleformación: campus remoto/Moovi

 

Horario

Mércores e xoves de 16:30 a 20:00 dos meses de xaneiro a abril

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
564 € 507.6 € 479.4 €

Observacións aos prezos

Prezo subvencionado: 169,2 euros (*)

(*) As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

 

Obxectivos

O curso ten como obxectivo formar profesionais capaces de crear, escribir e desenvolver proxectos de ficción seriada, dominando técnicas narrativas e estruturais. Promove o traballo en equipo en salas de guión profesionais, estimula a creatividade e a voz autoral, e ofrece coñecementos sobre o funcionamento da industria audiovisual tanto a nivel nacional coma internacional.

 

Destinatarios

Persoas con vocación creativa, que queiran especializarse na creación de contidos seriados, con ou sen titulación universitaria.

 

Saídas Profesionais

Guionista en series para televisión ou plataformas dixitais; analista de guion; membro de equipos de escritura en produtoras audiovisuais.

 

Idioma

Castelán e galego

 

Competencias Específicas

CE1 Escritura artística e creativa 

CE2 Crear materiais artísticos, visuais ou docentes 

CE3 Comunicación, colaboración y creatividad 

CE4 Traballar en equipo

CE5 Recopilar información procedente de fontes físicas ou electrónicas 

 

Competencias Transversais

CT1 Capacidade para traballar en equipo e comunicar as propias ideas creando un ambiente de apoio.

CT2 Capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento de proxectos.

CT3 Capacidade para comprender o significado e a aplicación da perspectiva de xénero en diferentes áreas do coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

CT4 Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito.

CT5 Capacidade para adaptarse aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organizativos.

 

Condicións de acceso

Requisitos de acceso:

  • Documento de identificación.
  • Currículo vitae.
  • Proba de guion. Dialogar a secuencia dunha serie que lle guste (máximo 2 páxinas)
  • Carta de motivación (máximo 1 páxina)

 

Criterios de selección

  • Curriculum Vitae 25%
  • Carta de motivación 25%
  • Proba de guion 50%

 

Metodoloxía

  • A procura de ideas (Teoría)                                                           
  • Pitch de ideas/proxecto de serie (Práctica)
  • Evolución e realidade do mercado. Diferentes formas de contar (Teoría e práctica)
  • Xéneros e formatos en TV (Teoría)   
  • Emoción e personaxes (Teoría)   
  • Protagonista, antagonistas e secundarios (Teoría)    
  • Fichas básicas de personajes (Práctica)
  • Introducción ás Estructuras Narrativas (Teoría)   
  • A escaleta (Teoría e práctica)
  • Edición da escaleta(Práctica)
  • Mapa de tramas de tempada (Práctica)
  • Análise colectivo dun capítulo piloto (drama) (Práctica)
  • Que é e como se construe unha biblia (Teoría e práctica)
  • A Biblia – sinopse e personaxes (Práctica)
  • Xestión das axudas públicas á escritura de guión (Teoría)   
  • Diálogo e tono na televisión (Teoría e práctica)
  • Escritura de secuencias (Práctica)
  • A montaxe como ferramenta narrativa (Teoría)   
  • Industria e mercados. Introdución ó pitch. (Teoría e práctica)
  • Aspectos legais (I): dereitos e rexistros. (Teoría)   
  • Aspectos legais (II): contratos. (Teoría)   
  • Desenvolvemento do piloto. (Práctica)
  • A tecnoloxía como xeradora dun novo contexto creativo (Teoría)   
  • Revisión e simulacro de Pitch (Práctica)
  • Defensa de proxectos (Práctica)             

 

Materias

id nome caracter créditos
200616 Creación y escritura de series Obligatoria 6.0

 

Profesorado

Profesorado da Universidade de Vigo 
  • Jose Manuel López 
  • Beli Martínez 
  • Beatriz Legerén 
  • Oswaldo García Crespo
Profesorado externo
  • Alberto Guntín 
  • Lidia Fraga 
  • Ángel Manzano 

 

Avaliación

60% proxecto final (biblia da serie creada durante o curso),

20% participación nos obradoiros,

20% pitching final.

Entrega do proxecto final: 22/04/26 (virtual). Segunda oportunidade: conforme normativa UVigo.

 

Titulación

Microcredencial ” Creación e escritura de series”