
Microcredenciales
Ámbito: Enxeñería química, enxeñería dos materiais e enxeñería do medio naturalCódigo: TCS:1253/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
16/02/2026 – 13/03/2026
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
3.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Este curso ofrece unha formación introdutoria e práctica no uso dos sistemas de información xeográfica (SIX) aplicados á análise e modelado do risco de incendios forestais. O alumnado adquirirá competencias básicas no manexo de ferramentas SIX para a xestión, representación e interpretación de datos espaciais, así como na elaboración de modelos que permitan avaliar e prever o perigo de incendios no territorio.
Director/a:
Fernando Veiga López
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
fernando.veiga@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/12/2025 – 31/01/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
05/02/2026 – 12/02/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
35 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Plataforma de teleformación campus remoto da UVigo
Horario
Luns, mércores e xoves de 18:00 a 20:00h
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 282 € | 253.8 € | 239.7 € |
Observacións aos prezos
Prezo subvencionado: 84,60 euros (*)
*Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
- Comprender os fundamentos teóricos dos Sistemas de Información Xeográfica.
- Manexar software SIG libre e profesional (como QGIS).
- Empregar datos xeoespaciais para o estudo do medio natural.
- Aplicar técnicas de análise espacial ao modelado do risco de incendios forestais utilizados comunmente na xestión forestal.
- Integrar información procedente de diferentes fontes (cartografía, teledetección, bases de datos) para xerar análises espaciais completas.
- Elaborar mapas temáticos e produtos cartográficos que faciliten a toma de decisións na planificación e prevención de incendios forestais.
Destinatarios
Este curso está orientado principalmente a profesionais e persoal técnico interesado en iniciarse no uso dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) como ferramentas para a xestión forestal e a prevención de incendios. É tamén de interese para estudantado de grao ou similares que desexen orientar o seu perfil profesional cara á xestión de incendios.
Saídas Profesionais
- li>Técnico/a en xestión forestal e prevención de incendios
- Analista SIG / especialista en cartografía
- Consultor/a ambiental ou de recursos naturais
- Investigador/a ou técnico/a en administración ambiental
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
CE1 Uso de sistemas de información xeográfica (SIX)
CE2 Avaliar riscos ambientais
CE3 Toma de decisións na xestión de recursos
Competencias Transversais
CT1 Alfabetización informática
CT2 Uso de ferramentas informáticas
Condicións de acceso
Documentación requirida:
- Documento identificativo.
- Acreditación de estudos previos.
- Currículo vitae.
- Vida laboral.
Criterios de selección
- Curriculum Vitae 60%
- Certificado de estudos previos 20%
- Vida laboral 20%
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200617 | Iniciación a los sistemas de información geográfica y modelado del riesgo de incendios forestales | Obligatoria | 3.0 |
Avaliación
Entrega de traballos e proxectos.O trabajo final que integra todo o contido desenvolvido ao longo do curso entregarase o 27/03/2026.
Titulación
Microcredencial “Iniciación aos sistemas de información geográfica e modelado do risco de incendios forestais”
