
Microcredenciales
Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicaciónCódigo: TCS:1256/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía
Inicio e fin
12/01/2026 – 13/02/2026
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
5.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Formación de 5 ECTS altamente especializada en iluminación de espectáculos respaldada pola AGATEC (Asociación de empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia) centrada na actualización de competencias dos técnicos do sector e na formación dos que inician a súa vida laboral.
Director/a:
Fernando Martín Rodríguez
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
fmartin@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
23/12/2025 – 08/01/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
07/01/2026 – 11/01/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
67 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade de Enxañería de telecomunicacións e plataforma de teleformación da Facultade de telecomunicacións
Horario
Horas síncronas presenciais: 55.5 horas
Horas síncronas virtuais: 10 horas
12,15,19 xaneiro 16:00-19:00; 13,14,20,21 xaneiro 17:30-19:30;16 e 23 xaneiro de 16:00-21:00;22 xaneiro, 2 o 4 febreiro de 16:00 a 18:00; 26 a 30 xaneiro 9 a 13 febreiro de 16:00 a 18:30
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 470 € | 423 € | 399.5 € |
Observacións aos prezos
Prezo subvencionado: 141 euros (*)
(*) As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Obxectivos
- Coñecer as tecnoloxías aplicadas á realización de espectáculos en vivo
- Planificar e deseñar proxectos de iluminación de espectáculos seguindo criterios artísticos e técnicos e adaptándose a un orzamento
- Estruturar e orzamentar un proxecto escénico ou creativo de forma integral, definindo recursos, identificando fontes de financiamento e planificando a súa distribución
- Operar equipos profesionais de son e iluminación para espectáculos en vivo, sendo capaz de interpretar, deseñar e cumprir cos requirimentos dun rider técnico
- Xestionar equipos humanos e técnicos de forma eficiente durante as fases de montaxe, execución e desmontaxe dun evento, garantindo a seguridade e a correcta coordinación
- Aplicar a normativa laboral, os convenios colectivos e a lexislación de prevención de riscos específica do sector de espectáculos en vivo para garantir unhas condicións de traballo seguras e xustas
Destinatarios
Esta proposta formativa está deseñada para un perfil diverso de participantes que busquen especializarse na produción técnica e xestión de espectáculos. Por unha banda, diríxese a profesionais do sector (técnicos, artistas, xestores) que necesiten reciclar os seus coñecementos tecnolóxicos e adquirir ferramentas de xestión para mellorar a súa empregabilidade e profesionalización. Por outra banda, oriéntase a titulados de ciclos de Formación Profesional da familia de Imaxe e Son, que desexen unha formación especializada e práctica que lles facilite o acceso cualificado ao mercado laboral das industrias creativas.
Saídas Profesionais
As relacionadas no Perfil profesional ESCO 3435.15 “Performance lighting technician” descritas así: Os técnicos de iluminación de espectáculos configuran, preparan, comproban e manteñen equipos para proporcionar unha calidade de iluminación óptima para actuacións en directo. Colaboran con el personal de la gira o espectáculos para descargar, instalar e operar equipos e instrumentos de iluminación. No sector galego do espectáculo en vivo estas capacidades e competencias son útiles nas seguintes ocupacións laborais: produtor/a técnico/a, stage manager, técnico/a de iluminación (iluminador/a), riggertécnico/a de vídeo e visuais (visualista)
Idioma
Castelán e galego
Competencias Específicas
CE1 Elaborar un plan de produción integral, definindo recursos técnicos, humanos e financeiros necesarios para un espectáculo en vivo, baseado nas esixencias do proxecto.
CE2 Deseñar e executar plans de iluminación de espectáculos, seleccionando e operando o equipamento axeitado para crear a atmosfera requirida e garantir a calidade artística e visual.
CE3 Xestionar a loxística dun evento, coordinando a montaxe e desmontaxe de estruturas (Rigging), escenografía e equipos audiovisuais de forma segura e eficiente.
CE4 Integrar contidos dixitais e visuais (proxeccións, LED, video mapping) nun espectáculo, utilizando software especializado para a súa creación e reprodución en tempo real.
CE5 Coñecer e aplicar a normativa aplicable de riscos laborais na instalación de estruturas temporais e voadura de elementos de iluminación.
Competencias Transversais
CT1 Comunicación eficaz e negociación en contornos profesionais
CT2 Traballo en equipo e liderado de equipos multidisciplinares baixo presión
CT3 Planificar e organizar
CT4 Tomar e realizar medidas en instalacións de traballo
CT5 Expresarse creativamente
Condicións de acceso
Documentación necesaria para el acceso:
- Documento de identidade
- Curriculum vitae
- Vida laboral
- Acreditación de pertenza á comunidade universitaria UVIGO
Criterios de selección
Experiencia laboral no sector de espectáculos (puntuación máxima a partir de 2 anos) 40%
Traballadores das empresas socias da AGATEC (binario) 30%
Pertenza á comunidade universitaria UVIGO (binario) 30%
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200626 | Fundamentos de redes applicadas al mundo audiovisual | Obligatoria | 1.4 |
| 200627 | Taller de perfeccionamiento en luminotecnia aplicada al espectáculo | Obligatoria | 1.2 |
| 200628 | Diseño de iluminación | Obligatoria | 1.2 |
| 200629 | Fundamentos del Rigging | Obligatoria | 1.2 |
Profesorado
Avaliación
Entrega online de exercicios. Test de competencias ao remate de cada módulo
As probas serán presenciais ao final de cada módulo:
- Fundamentos de redes aplicadas ao mundo audiovisual 6 de febreiro
- Taller de perfeccionamento en luminotecnia aplicada ao espectáculo 23 de xaneiro
- Fundamentos do Rigging 30 de xaneiro
- Deseño de iluminación 13 de febreiro
- Segunda oportunidade para todos os módulos 19 de febreiro
Titulación
Microcredenciai no “Curso de iluminación de espectáculos”
