
Microcredenciales
Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicaciónCódigo: TCS:1259/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
16/01/2026 – 08/05/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
5.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Curso eminentemente práctico que proporciona os coñecementos esenciais para deseñar, modelar e validar sistemas completos de control para motores síncronos de imáns permanentes (PMSM) utilizando as ferramentas estándar da industria: MATLAB e Simulink.Dirixido traballadores do sector da automoción, o programa de estudos abrangue todo o fluxo de traballo: dende o modelado dos compoñentes de electrónica de potencia con Simscape ata a implementación de estratexias de control avanzadas como o Control Vectorial Orientado (FOC) e técnicas de control sen sensores (sensorless).
Director/a:
Óscar Lopez Sánchez
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
olopez@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
22/12/2025 – 13/01/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
02/01/2026 – 15/01/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
40 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Industrial e plataforma de teleformación Moovi
Horario
Venres de 16:00 a 21:00
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 470 € | 423 € | 399.5 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Obxectivos
Este curso está deseñado para capacitar aos estudantes no modelado e simulación de compoñentes de electrónica de potencia, incluíndo circuítos eléctricos, MOSFETs e IGBTs, utilizando a ferramenta Simscape. Ademais, os estudantes aprenderán a modelar e simular convertidores DC/AC con modulación por ancho de pulso (PWM) e con control de corrente en lazo pechado. O curso tamén aborda o modelado e simulación de motores síncronos de imáns permanentes (PMSM) e o control por campo orientado (FOC) baixo diferentes condicións de operación. Ao finalizar o curso, os estudantes non só comprenderán a teoría, senón que serán capaces de aplicar os coñecementos adquiridos en situacións prácticas, utilizando as ferramentas de MATLAB e Simulink.
Destinatarios
Persoal técnico con experiencia en sistemas electrónicos e graduados en enxeñaría electrónica que teñan interese en introducirse no modelado e deseño dos accionamentos empregados na propulsión de vehículos eléctricos.
Saídas Profesionais
Os coñecementos adquiridos no curso permitirán que alumnado se incorpore no departamento de enxeñaría de empresas do sector do vehículo eléctrico.
Competencias Específicas
CE1 Deseñar sistemas ou equipos eléctricos ou electrónicos (S1-11-2)
CE2 Modelar electrónica de potencia
Competencias Transversais
CT1 Pensamento analítico
CT2 Resolver problemas complexos
Condicións de acceso
Documentación requirida:
Documento de identificación.
Certificación estudos previos
Certificado de experiencia profesional ou equivalente
Criterios de selección
Experiencia laboral 80%
Entrevista persoal 20%
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200630 | Modelado y Control de Accionamientos PMSM con MATLAB-Simulink | Obligatoria | 5.0 |
Profesorado
Avaliación
Asistencia (obrigatoria do 80%): 10%.
Proba 1: Traballo sobre o modelado do convertedor DC/AC (45%). 13 de marzo de 2026
Proba 2: Traballo sobre o sistema de control (45%). 8 de maio de 2026
Titulación
Título na microcredencial “Modelado e control de accionamentos PMSM con MATLAB-Simulink”
