Técnica de caracterización química de superficies: XPS

Microcredenciales

Ámbito: QuímicaCódigo: TCS:1272/1
Área de interese principal: Ciencias | Área de interese secundaria: Tecnoloxía

Inicio e fin

06/03/2026 – 08/05/2026

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

2.0 ECTS

Estado

En curso

10 prazas

 

Descrición

A microcredencial “Técnica de caracterización química de superficies: XPS” ten por obxectivo ofrecer unha formación especializada, aplicada e actualizada en a técnica analítica avanzada para a análise superficial de materiais.

Esta proposta busca favorecer a transferencia de coñecemento desde o ámbito académico ao tecido produtivo e á sociedade, mediante unha formación que sexa: Académicamente rigorosa, por estar baseada en contidos teóricos e prácticos actualizados, impartidos por profesionais con ampla experiencia no uso desta técnicas. Profesionalmente relevante, ao centrarse na aplicación práctica da espectroscopía de fotoelectróns excitados por raios X (XPS) técnica clave en sectores como a microelectrónica, a ciencia de materiais, a biomedicina e a enerxía. Persoalmente enriquecedora, ao permitir que a poboación adulta con formación científica amplíe as súas competencias técnicas, mellore a súa empregabilidade e acceda a novas oportunidades profesionais.

Esta microcredencial está especialmente dirixida a persoas interesadas en adquirir competencias avanzadas en análise superficial, cun enfoque práctico que lles permita aplicar directamente os coñecementos adquiridos en contornos profesionais reais.

 

Director/a:

Sandra Bolaño

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

bgs@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
06/02/2026 – 23/02/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
18/02/2026 – 25/02/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

15 horas

Docencia non presencial

1 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición

Laboratorio do Servizo de Nanotecnoloxía e Análise de Superficies. CACTI e Facultade de Química. (Todas as clases serán presenciais)

 

Horario

Todos os días de 17.00 a 19.00 excepto o 8 de maio que sería de 17.00 a 18.00.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
188 € 169.2 € 159.8 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez subvencionado: 56,40 euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvenció. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

Capacitar profesionais con formación universitaria para planificar, executar e validar análises avanzadas de superficies mediante XPS, integrando fundamentos físico-químicos, configuración instrumental e metodoloxías de medida.

Fomentar a autonomía e o xuízo crítico no deseño de protocolos, a resolución de problemas complexos, a interpretación rigorosa de espectros e mapas químicos e a transferencia de coñecemento a contornos de investigación e industriais.

 

Destinatarios

Graduados/as en Enxeñaría Química, Bioenxeñaría, Enxeñaría Química Industrial, Enxeñaría de Materiais, Enxeñaría da Enerxía, Graduados/as en Química, Dobre Grao en Química e Bioloxía.

 

Saídas Profesionais

Ao rematar a microcredencial, o alumnado dominará os fundamentos fisico-químicos da técnica XPS aplicadas á caracterización química e estrutural de superficies, sendo quen de planificar, executar e validar análises en contornos profesionais reais. Desenvolverá habilidades para operar, calibrar e manter os equipos con seguridade, deseñar experimentos axeitados aos obxectivos, configurar parámetros de adquisición, procesar e interpretar os datos con criterios de calidade (calibración, trazabilidade, estimación de incerteza) e comunicar resultados con terminoloxía precisa ante públicos especializados e non especializados. Adquirirá capacidades de autonomía e xuízo crítico para resolver problemas analíticos complexos, optimizar procedementos, diagnosticar incidencias instrumentais e analíticas comúns e transferir coñecemento a proxectos de I+D e a procesos industriais. O perfil de egreso proporciona competencias esenciais para o desempeño como especialista/analista en laboratorios de superficies de universidades e centros tecnolóxicos, técnico/a en empresas de materiais avanzados, micro/nanoelectrónica, biomateriais ou enerxía, e profesional de I+D+i en caracterización de recubrimentos, interfaces e fallo de material, favorecendo a innovación e a competitividade.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

CE1 Aplicar técnicas avanzadas para a caracterización química e estrutural de superficies,utilizando equipamento científico-técnico de alta complexidade en contornos profesionais reais.

CE2 Operar, calibrar e manter instrumentos, seguindo protocolos de seguridade, calidade e boas prácticas de laboratorio.

CE3 Procesar, interpretar e comunicar os resultados das análises espectroscópicas e espectrométricas, empregando terminoloxía científica precisa e adaptada ao contexto profesional ou investigador.

CE4 Integrar coñecementos teóricos e prácticos para resolver problemas analíticos complexos relacionados coa análise superficial, contribuíndo á innovación en ámbitos como a investigación de materiais, a microelectrónica, a enerxía ou a biomedicina.

 

Competencias Transversais

CT1 Procesar información, ideas e conceptos

CT2 Planificar e organizar

CT3 Lidiar con problemas

CT4 Utilizar quipos, ferramentas o tecnoloxía con precisión

CT5 Capacidades e competencias de autoxestión

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

Título universitario

Curriculum Vitae

 

Materias

id nome caracter créditos
200677 Técnica de caracterización química de superficies: XPS Obligatoria 2.0

 

Profesorado

 

Avaliación

Avaliación do curso seguirá un modelo continuo que integra a participación nas clases e a superación das diferentes probas.

– Asistencia obrigatoria: As persoas participantes deberán asistir, como mínimo, ao 90% das clases, co fin de garantir o seguimento dos contidos.

– Probas de coñecemento: Deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar a comprensión dos contidos teóricos e prácticos.

– Certificación e convocatorias: A obtención da certificación do curso require cumprir todos os requisitos anteriores. A segunda oportunidade terá lugar unha semana despois de rematar a formación. Realizaránse probas curtas ao longo do curso e unha proba final de 1 h. Probas tipo curto ao longo do curso (60%) Proba final (40%) o 24/04/2026.

 

Titulación

Título na microcredencial “Técnica de caracterización química de superficies: XPS”