
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismoCódigo: TCS:1275/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Tecnoloxía
Inicio e fin
13/03/2026 – 01/06/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
6.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Esta formación, orientada á adquisición de competencias prácticas e operativas para a planificación, produción e realización de contidos audiovisuais para streaming, combina docencia presencial de carácter técnico e aplicado con traballo autónomo titorizado. O alumnado poderá así adquirir unha base sólida na realización de emisións en directo e na creación de contido audiovisual adaptado a plataformas dixitais.
A formación céntrase no uso funcional de equipos, software e fluxos de traballo habituais na industria do streaming, cun enfoque eminentemente práctico e orientado á produción dun proxecto final de curta duración
Director/a:
Beatriz Legerén Lago, Yolanda Anievas
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
blegeren@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
24/02/2026 – 08/03/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
02/03/2026 – 10/03/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
60 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade de Comunicación en Pontevedra e plataforma de teleformación Moovi
Horario
13, 20, 26 e 27 marzo; 09, 10, 16, 17, 23, 24 abril; 7, 14, 21 e 28 mayo en horario de tarde. 19 de marzo e 2, 3 de abril non serán lectivos.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 390 € | 351 € | 331.5 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 117 euros (*)
**Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
- Capacitar ao alumnado para planificar e desenvolver de forma aplicada proxectos básicos de vídeo para streaming.
- Aplicar técnicas fundamentais de realización audiovisual en emisións en directo e contidos baixo demanda.
- Utilizar de maneira funcional equipos, software e plataformas habituais na produción de streaming.
- Integrar criterios narrativos, técnicos e estéticos básicos na creación de contidos audiovisuais dixitais.
Destinatarios
O curso está dirixido a adultos de entre 25 e 64 anos, incluíndo autónomos, pemes e empregados. Os participantes poden ter ou non un título universitario. O perfil profesional que se busca inclúe comunicadores audiovisuais e dixitais, especialistas en mercadotecnia e produtores de contidos que desexen reciclar as súas habilidades e mellorar a súa empregabilidade na industria do streaming.
Saídas Profesionais
- Produtor de contido para plataformas de streaming, realizador de transmisións en vivo ou técnico de streaming.
- Especialista en video mercadotecnia, creador de contido para branded streaming ou xestor de eventos virtuais.
- Produtor de podcasts con compoñente visual e adaptador de contidos radiofónicos a formatos visuais.
- Streamer profesional, produtor de eventos de eSports ou xestor de canles en plataformas como Twitch ou YouTube.
- Desenvolvedor de contido educativo en formato streaming.
Idioma
- Castelán 50%
- Galego 50%
Competencias Específicas
- Elaborar un plan básico de produción para unha transmisión de vídeo en directo ou contido para streaming, definindo obxectivos, público, formato e necesidades técnicas.
- Configurar e operar de maneira funcional equipos básicos de captación de vídeo e audio e software de transmisión para a realización de emisións en directo.
- Integrar e xestionar diferentes fontes de vídeo e audio nunha realización básica en tempo real.
- Aplicar criterios fundamentais de narrativa visual, iluminación, posta en escena, presentación ante cámara e adecuación estética para optimizar a calidade do contido audiovisual.
- Editar e optimizar gravacións de emisións en directo para a xeración de contido baixo demanda compatible con plataformas dixitais.
Competencias Transversais
- Comunicación oral eficaz en contextos profesionais.
- Traballo en equipo e colaboración creativa.
- Aprendizaxe autónoma e xestión do tempo.
- Pensamento crítico e avaliación de produtos audiovisuais
- Uso responsable de tecnoloxías de gravación e edición.
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Curriculum Vitae
Vida Laboral
Criterios de selección
Curriculum Vitae 50%
Vida laboral 50%
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200688 | Elementos del lenguaje audiovisual | Obligatoria | 0.5 |
| 200689 | Elaboración de contenidos | Obligatoria | 0.5 |
| 200690 | Grabación de video digital para streaming | Obligatoria | 0.7 |
| 200691 | Formatos para streaming | Obligatoria | 0.4 |
| 200692 | Iluminacion de sets | Obligatoria | 0.7 |
| 200693 | Realización multicámara para Streaming | Obligatoria | 0.8 |
| 200694 | Postproducción de Streaming | Obligatoria | 1.1 |
| 200695 | Prueba de competencias | Obligatoria | 0.6 |
| 200696 | Trabajo final | Obligatoria | 0.7 |
Profesorado
Avaliación
60% proxecto final (gravación streaming 3‑5 min + memoria)
20% participación en talleres
20% proba de competencias.
Proba de competencias: última sesión presencial el 28/05/2026.
Entrega do proxecto final: 01/06/2026 (virtual).
Segunda oportunidade: conforme normativa UVigo.
Titulación
Título na microcredencial ” Vídeo y realización para streaming”

