Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios

Microcredenciales

Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1277/1
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

17/03/2026 – 23/04/2026

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

3.0 ECTS

Estado

En curso

25 prazas

 

Descrición

Esta microcredencial é unha formación deseñada para ofrecer unha visión previa, rigorosa e contextualizada da Corea contemporánea a estudantes, profesionais e persoas interesadas que se preparan para realizar estudos, estadías académicas no país ou que traballen directamente con empresas coreanas.

A formación destaca polo seu enfoque intercultural aplicado, que combina análise académica cunha comprensión práctica dos marcos sociais, culturais, lingüísticos e comunicativos que estruturan a vida cotiá e o eido universitario en Corea do Sur, así como os contextos laborais e empresariais.

La pasión por Corea del Sur llega a la UVigo” Faro de Vigo 8/3/2026

 

Director/a:

Óscar Ferreiro Vázquez

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

oferreiro@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/03/2026 – 13/03/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
09/03/2026 – 14/03/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

30 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Facultade de Filoloxía e Traducción e plataforma Zoom

 

Horario

Calendario : do 17 de marzo de 2026 ao 23 de abril de 2026

  • Horas síncronas presenciais: 8h 30min
  • Horas síncronas virtuais: 21h 30min

Marzo: 

martes – 17 mar : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online

xoves – 19 mar : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online

venres – 20 mar : 16 hrs – 18 hrs (1 hrs 30 mins ) online

martes – 24 mar : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online

xoves – 26 mar : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online

vernes – 27 mar : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) – presencial*

Abril:

martes – 07 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs ) online

xoves – 09 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online

venres – 10 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) ‐ presencial

martes – 14 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online

xoves – 16 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online

venres – 17 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) ‐ presencial

martes – 21 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online

xoves – 23 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs 30 min) ‐ presencial

*As persoas que non poidan asistir ás sesións presenciais poderán facelo online.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
282 € 253.8 € 239.7 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 84,60 euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

Desenvolver competencias interculturais, lingüísticas e comunicativas que permitan ás persoas profesionais hispano falantes e galego falantes interactuar con eficacia con empresas e institucións de Corea do Sur, comprendendo os códigos culturais, lingüísticos e estratéxicos propios do contorno empresarial coreano

 

Destinatarios

  • Estudantado de grao, mestrado ou doutoramento da Universidade de Vigo. Persoas interesadas na cultura coreana, nos estudos asiáticos ou na comunicación intercultural.
  • Estudantado e profesionais de enxeñarías de todas as ramas, Relacións Internacionais, CC. Políticas, administración e dirección de empresas, educación, humanidades e ciencias sociais…
  • Persoas que participen en programas de mobilidade internacional (Erasmus+, KA171, convenios con Asia).
  • Profesionais ou estudantado que desexen mellorar a súa empregabilidade en contornos globais.

 

Saídas Profesionais

  • Capacidade para xestionar relacións comerciais e institucionais con Corea do Sur
  • Competencia para actuar como enlace intercultural en equipos internacionais
  • Coñecemento aplicado de etiqueta, protocolo e dinámicas empresariais coreanas
  • Habilidade para adaptar estratexias de comunicación en contextos de negocio global
  • Competencia básica en lingua coreana para interaccións profesionais sinxelas

 

Idioma

Castelán 100%

 

Competencias Específicas

  •  Analizar os fundamentos culturais coreanos aplicados ao ámbito empresarial
  • Interpretar códigos comunicativos coreanos en situacións profesionais
  • Adaptar estratexias de comunicación intercultural a contextos empresariais coreanos
  • Aplicar normas de etiqueta e protocolo empresarial coreano
  • Empregar expresións básicas en lingua coreana en interaccións profesionais sinxelas

 

Competencias Transversais

  • Competencia intercultural, integrando perspectivas diversas na súa actuación profesional
  •  Comunicación efectiva en contextos profesionais, axustando o seu estilo comunicativo segundo a situación, a persoa interlocutora e as normas culturais do contorno
  •  Pensamento crítico e análise contextual desde unha perspectiva global
  •  Traballo en equipo e colaboración internacional con persoas de diferentes orixes culturais para construír relacións profesionais positivas
  •  Resolución de problemas en contextos interculturais

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

Título Universitario

 

Criterios de selección

Por orde de inscrición

 

Materias

id nome caracter créditos
200706 Introducción a Corea del Sur: contexto global y diplomacia. Obligatoria 0.8
200707 Lengua, comunicación y negociación con Corea del Sur Obligatoria 2.3

 

Profesorado

  • Luís Velasco Martínez
  • Luz Dámaso López

 

Avaliación

Simulación de negociación  23/04/2026 (2 hrs 30 mins)

 

Titulación

Título na microcredencial ” Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios”