
Microcredenciales
Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1282/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía
Inicio e fin
23/03/2026 – 24/04/2026
Modalidade
Presencial / virtual
Créditos ECTS
3.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Esta formación responde á necesidade urxente de capacitar a profesionais en aspectos clave da cadea de valor do hidróxeno, en especial no relativo a mobilidade sostible, un sector estratéxico en expansión.
Considérase fundamental o desenvolvemento de competencias técnicas en pilas de combustible, infraestruturas de distribución e transporte seguro do hidróxeno, para avanzar cara a unha economía descarbonizada.
Director/a:
Fernando Cerdeira Pérez
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
nano@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
26/02/2026 – 16/03/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
12/03/2026 – 17/03/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
12 horas
Docencia non presencial
30 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Plataforma de teleformación Moovi
Horario
Sesións virtuais síncronas xoves 26 de marzo, 9 e 16 de abril de 16:00 a 20:00.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 240 € | 216 € | 204 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 72 euros (*)
*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
Profundar nas tecnoloxías de conversión (Pila de Combustible), infraestrutura de recarga (Hidrolineras) e loxística do hidróxeno
Destinatarios
Profesionais de industrias relacionadas co o sector do H2 e afíns.
Enxeñería industrial, transporte e loxística, mobilidade sostible, enerxías renovables, mantemento de infraestruturas enerxéticas.
Idioma
- Castelán 50%
- Galego 50%
Competencias Específicas
- Tipos de pilas de combustible (K0714)
- Fornecer información sobre o hidróxeno (S1.4.2)
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Curriculum Vitae
Criterios de selección
Por orde de preinscrición
Metodoloxía
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200708 | Pila de combustible | Obligatoria | 1.0 |
| 200709 | Estaciones de servicio. Hidrolineras | Obligatoria | 1.0 |
| 200710 | Logística y transporte | Obligatoria | 1.0 |
Profesorado
- Andrés Súarez García
- Ángel Manuel Sánchez Bermúdez
- Víctor Alfonsín Pérez
- José Luis Salgueiro Fernández
- Fernando Cerdeira Pérez
Avaliación
Avaliación continua mediante test de autoavaliación e entrega dun traballo final:
- Tests de Coñecementos (Asíncronos). Un test online ao rematar a teoría de cada bloque (10% cada un) (30%).
- Casos Prácticos (Entregables). Entrega dos exercicios iniciados nos seminarios (Dimensionamiento FC, Análisis P&ID, Cálculo TCO) (50%).
- Participación Síncrona. Asistencia activa e calidade das intervenciones nas titorías e Seminarios (20%).
Titulación
Título na microcredencial ” Mobilidade e transporte de H2″

