Linkedin Accelerator. Posicionamento e autoridade profesional

Microcredenciales

Ámbito: Enxeñería informática e de sistemasCódigo: TCS:1291/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

06/05/2026 – 29/05/2026

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

6.0 ECTS

Estado

Próximamente

300 prazas

 

Descrición

A presente microcredencial ten como finalidade capacitar o estudantado no deseño eimplementación de estratexias avanzadas de posicionamento profesional e xeración denegocio na contorna de LinkedIn, con especial enfoque en servizos e propostas de valorhigh-ticket.

O programa aborda, de maneira estruturada e integrada, os fundamentos da autoridade dixital, o social selling e a diferenciación estratéxica, incluíndo a definición de nichos e subnichos especializados, así como a construción de propostas de valor orientadas a segmentos premium. Deste xeito, o alumnado do curso poderá traballar técnicas de optimización do perfil profesional e copywriting persuasivo orientado á conversión, xunto co deseño de estratexias de contido de autoridade apoiadas en principios de SEO adaptados a LinkedIn.

A microcredencial incorpora metodoloxías propias de atracción e vendas inbound (métodoVNC), sistemas de prospección e captación mediante secuencias de contacto en LinkedIn e correo electrónico, así como a xestión integral do proceso comercial: reunións, tratamento de obxeccións, seguimento estratéxico e peche de vendas.

Finalmente, intégrase no curso o uso aplicado de ferramentas de intelixencia artificial para a creación e automatización de contidos, xunto con estratexias de escalado baseadas en networking, referral marketing e growth, co obxectivo de que o alumnado sexa quen de construír sistemas sostibles e replicables de xeración de oportunidades de alto valor a través de LinkedIn.

Consulta máis abaixo o apartado “Observación aos prezos”. Existe subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos e bolsas do 100% para persoas que ademais sexan desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada. 

 

Director/a:

Francisco Javier Rodríguez Martínez

Teléfono contacto:

986130304, 630204533

Email contacto:

franjrm@uvigo.es; info@linkedinaccelerator.io

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
09/03/2026 – 16/04/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
27/03/2026 – 17/04/2026

Matrícula pechada

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

61 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Plataforma de teleformación Moovi

 

Horario

Online e asíncrono, ao teu ritmo

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
564 € 507.6 € 479.4 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 169,2 euros (*)

*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)

**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.

 

Obxectivos

O obxectivo principal do proxecto é capacitar aos profesionais para que dominen as estratexias avanzadas de LinkedIn, construíndo autoridade no seu sector e xerando oportunidades de negocio de alto valor mediante técnicas de posicionamento, creación de contido optimizado, prospección high-ticket e uso estratéxico da intelixencia artificial.

 

Destinatarios

Profesionais da enxeñaria e de calquera outro ámbito no que se empregue linkedin como ferramenta.

 

Saídas Profesionais

Ao rematar a microcredencial, o alumnado será quen de deseñar, implementar e optimizar estratexias avanzadas de posicionamento profesional e xeración de negocio en LinkedIn, especialmente orientadas a servizos e propostas de valor high-ticket.

En particular, o perfil de egreso caracterizarase por:

  • A capacidade de definir nichos e subnichos especializados, así como de construír propostas de valor diferenciadas orientadas a segmentos premium.
  • O dominio de técnicas de optimización de perfil profesional e copywriting persuasivo orientado á conversión.
  • A competencia para deseñar e executar estratexias de contido de autoridade, aplicando principios de SEO adaptados á contorna de LinkedIn.
  • A aplicación de metodoloxías estruturadas de atracción e vendas inbound (método VNC), integrando sistemas de prospección e captación mediante secuencias decontacto en LinkedIn e correo electrónico.
  • A xestión integral do proceso comercial, incluíndo a preparación e condución de reunións, o tratamento de obxeccións, o seguimento estratéxico e o peche de vendas.
  • O uso aplicado de ferramentas de intelixencia artificial para a creación, optimización eautomatización de contidos e procesos de captación.
  • A capacidade de escalar a visibilidade e a xeración de oportunidades mediante estratexias de networking, referral marketing e técnicas de growth.

Estas competencias permitirán ao alumnado desenvolver sistemas sostibles e replicables decaptación e conversión de oportunidades de alto valor no ámbito profesional dixital.

 

Idioma

Castelán 100%

 

Competencias Específicas

CE1 Deseñar e implementar estratexias de posicionamento e autoridade profesional en LinkedIn.

CE2 Optimizar perfís de LinkedIn para maximizar conversión e xeración de oportunidades comerciais.

CE3 Crear contido de autoridade adaptado ao algoritmo de LinkedIn e ao público obxectivo B2B.

CE4 Aplicar técnicas de prospección high-ticket e peche comercial en entornos dixitais profesionais.

CE5 Utilizar ferramentas de intelixencia artificial para automatizar e escalar a presenza en LinkedIn.

 

Competencias Transversais

CT1 Capacidade de comunicación efectiva en contornos profesionais dixitais.

CT2 Pensamento estratéxico e planificación a longo prazo para o desenvolvemento profesional.

CT3 Adaptación a novas tecnoloxías e ferramentas dixitais en constante evolución.

CT4 Traballo autónomo e xestión eficaz do tempo e recursos.

CT5 Capacidade analítica para interpretación de métricas, datos e resultados comerciais.

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso: Documento de identificación

 

Metodoloxía

  • Posicionamento & autoridade
  • Perfil que Vende
  • Contido de autoridade
  • Método VNC
  • Intelixencia Artificial para LinkedIn
  • Prospección High-Ticket
  • Xestión de reunións e peche comercial
  • Escalamento e networking

 

Materias

id nome caracter créditos
200752 Posicionamiento y Autoridad (parte 1) Obligatoria 3.0
200753 Posicionamiento y Autoridad (parte 2) Obligatoria 3.0

 

Profesorado

  • Francisco Javier, Rodríguez Martínez, profesorado da UVigo
  • Lorena Otero Cerdeira, profesorado da UVigo
  • Celard Pérez Pedro, profesorado da UVigo
  • Adrián Seara Vieira, profesorado da UVigo
  • Martín Arosa Otero, CEO de ZipGenial 
  • Ángel Novelle Reyes, COO en ZipGenial 
  • Jaime Estevez Ezama, fundador e CEO de TheTruth

 

Avaliación

A avaliación realizarase mediante a superación de probas de avaliación ao finalizar cada undos contidos do programa. Estas probas incluirán pequenos exercicio prácticos de aplicacióndos coñecementos adquiridos en cada apartado que se integrara nun caso final.

 

Titulación

Título na Microcredencial “LinkedIn Accelerator. Posicionamento e Autoridade Profesional”