
Microcredenciales
Ámbito: Periodismo, comunicación, publicidade e relacións públicasCódigo: TCS:1300/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
15/04/2026 – 21/05/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
5.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Cun enfoque eminentemente práctico, o curso fará un percorrido polas principais ferramentas de comunicación corporativa.
Para quen? Autónomos, PEMES, emprendedores e profesionais interesados en formarse en comunicación
Para que? As persoas que estean a comezar, ou a piques de comezar, a súa actividade profesional, aprenderán como enfocar e planificar a súa comunicación; e as empresas ou profesionais que queran facer medrar o seu negocio, lograrán atraer a un grupo maior dentro dos seus públicos potenciais
De que falaremos? Branding, identidade gráfica, creatividade, publicidade, relacións públicas, eventos, comunicación dixital, redes sociais, planificación de medios, entre outros.
Director/a:
Carmen Maíz Bar
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
maizbar@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
18/03/2026 – 12/04/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
18/03/2026 – 13/04/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
46 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Clases presenciais no Edificio Redeiras en Vigo
Horario
Mércores, xoves e venres en horario de tarde.
15/04/2026- Mércores 16:00 – 18:00 : Introdución á comunicación corporativa
16/04/2026- Xoves 16:00 – 19:00 : Ferramentas de comunicación corporativa
17/04/2026- Venres 16:00 – 19:00 Relacións públicas e eventos
22/04/2026- Mércores 16:00 – 19:00 : Formatos publicitarios
23/04/2026- Xoves 16:00 – 18:00 : Branding
24/04/2026- Venres 16:00 – 19:00 Creatividade
29/04/2026- Mércores 16:00 – 19:00 : Identidade gráfica 1
30/05/2026- Xoves 16:00 – 19:00 : Identidade gráfica 2
06/05/2026- Mércores 16:00 – 18:00 : Canles e medios
07/05/2026- Xoves 16:00 – 19:00 Planificación de medios 1
08/05/2026- Venres 16:00 – 19:00 : Planificación de medios 2
13/05/2026- Mércores 16:00 – 19:00 : Planificación de medios 3
14/05/2026- Xoves 16:00 – 19:00 : Comunicación dixital
15/05/2026- Venres 16:00 – 19:30 : Ferramentas dixitais
20/05/2026- Mércores 16:00 – 19:00 : Redes sociais
21/05/2026- Xoves 16:00 – 19:30 : Plan de contidos dixitais
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 325 € | 292.5 € | 276.25 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 97,5 euros (*)
*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
O obxectivo xeral do título Ferramentas de comunicación corporativa para PEMES é capacitar ao alumnado para deseñar, xestionar e implantar estratexias de comunicación corporativa adaptadas á realidade das pequenas e medianas empresas.
Así mesmo, o título ten como obxectivos:
- Facilitar a transferencia directa de coñecementos e competencias da contorna académica á contorna profesional.
- Contribuír á profesionalización da comunicación en PEMES, favorecendo a súa visibilidade e competitividade.
- Dotar ao alumnado dunha visión integral da comunicación corporativa, entendida como ferramenta estratéxica de xestión empresarial.
Destinatarios
Autónomos, PEMES, emprendedores, profesionais interesados en formarse en comunicación.
Saídas Profesionais
Emprendedor/a ou empresario/a con competencias en comunicación corporativa
Idioma
- Castelán 75%
- Galego 25%
Competencias Específicas
CE1 Comprender a función estratéxica da comunicación corporativa no contexto das pequenas e medianas empresas.
CE2 Deseñar e executar accións elementais de relacións públicas e comunicación publicitaria.
CE3 Xestionar os elementos esenciais do branding e da identidade corporativa gráfica.
CE4 Seleccionar e planificar canles e medios de comunicación adecuados aos obxectivos e públicos da organización.
CE5 Xestionar a comunicación dixital e as redes sociais desde unha perspectiva estratéxica e profesional.
Competencias Transversais
CT1 Capacidade para planificar e organizar tarefas e proxectos en contextos profesionais.
CT2 Habilidade para a toma de decisión e a resolución de problemas en contornas empresariais.
CT3 Capacidade para traballar de xeito autónomo e aplicar os coñecementos á prácticaprofesional.
CT4 Capacidade para comunicarse de xeito eficaz en contextos profesionais.
CT5 Capacidade para utilizar ferramentas dixitais de forma básica e funcional no eido laboral.
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Criterios de selección
Por orde de preinscrición
Metodoloxía
– Introdución á comunicación corporativa (2h)
– Ferramentas de comunicación corporativa (3h)
– Relacións públicas e eventos (3h)
– Formatos publicitarios (3h)
– Branding (2h)
– Identidade gráfica (6h)
– Creatividade (3h)
– Canles e medios (2h)
– Planificación de medios (9h)
– Comunicación dixital (3h)
– Ferramentas dixitais (3,5h)
– Redes sociais (3h)
– Plan de contidos dixitais (3,5h)
Profesorado
- Vicente Badenes Plá
- Carmen Máiz Bar
- Julinda Molares Cardoso
- Raquel López Castro
- Patricia Ricón Rodríguez
Avaliación
Avaliación continua durante a impartición do curso con exercicios na aula.
Titulación
Microcredencial en Ferramentas de comunicación para PEMES
