
Microcredenciales
Ámbito: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñaría civilCódigo: TCS:1307/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
07/05/2026 – 21/05/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
4.0 ECTS
Estado
Matrícula
Descrición
Este curso ten como obxectivo ofrecer unha resposta formativa estruturada e orientada ao exercicio profesional, facilitando a adquisición de coñecementos e habilidades técnicas para desempeñar funcións clave na nova cadea de valor da construción.
O curso orientase a capacitar profesionais na práctica do mantemento de edificacións de construción industrializada, con énfase no deseño, planificación e programación, execución e documentación destas actividades. O alumnado adquirirá competencias técnicas e prácticas que lle permitirán afrontar situacións reais con garantías de calidade, eficiencia e sostibilidade.
Esta microcredencial forma parte do bloque obrigatorio do programa de “Experto Universitario en Construción Industrializada”
Consulta máis abaixo o apartado “Observación aos prezos”. Existe subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos e bolsas do 100% para persoas que ademais sexan desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada.
Director/a:
Jorge Cerqueiro Pequeño
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
jcerquei@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
13/04/2026 – 27/04/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
13/04/2026 – 04/05/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
32 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, Sede Campus. Rúa Maxwell, 9, Campus Universitario Lagoas‐Marcosende, 36310 Vigo,
Horario
Xoves e venres de 16.00 a 21.00 horas. Sábados de 9.00 a 14.00 horas
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 375 € | 337.5 € | 318.75 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 112,5 euros (*)
*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)
**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.
Obxectivos
Comprender o concepto e particularidades do mantemento de edificacións de construción industrializada; coñecer sistemas e metodoloxías actuais; aplicar criterios de mantibilidade; coñecer as ferramentas dixitáis de apoio; desenvolver e xestionar plans de mantemento con criterios de eficiencia, sostibilidade e seguridade.
Destinatarios
Persoas tituladas: enxeñeiros/as, arquitectos/as e técnicos/as relacionados coa construción, interesados en adquirir competencias no mantemento de edificios de construción industrializada.
Saídas Profesionais
Xestores/as de mantemento de edificacións, coordinadores/as de industrialización, técnicos/as de prefabricación, xestores/as de montaxe e especialistas en construción eficiente e sostible.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
CE1 Aplicar técnicas de mantemento específicas para edificios de construción industrializada.
CE2 Deseñar plans e programas de mantemento para construción industrializada.
CE3 Manexar ferramentas dixitais para xestión de mantemento de activos.
CE4 Xestionar calidade, tempos e eficiencia en operacións de mantemento de edificacións.
CE5 Integrar criterios de sostibilidade e economía circular.
Competencias Transversais
CT1 Capacidade de traballo en equipo multidisciplinar.
CT2 Comunicación técnica efectiva oral e escrita.
CT3 Resolución de problemas complexos en contextos industriais.
CT4 Adaptación a novas tecnoloxías dixitais.
CT5 Xestión ética e sostible dos proxectos.
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Título Universitario
Curriculum vitae
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200809 | Introducción al mantenimiento en construcción industrializada | Obligatoria | 0.5 |
| 200810 | Sistemas constructivos industrializados y su impacto en el mantenimiento | Obligatoria | 1.0 |
| 200811 | Estrategias de mantenimiento aplicadas a activos industrializados. | Obligatoria | 1.5 |
| 200812 | Gestión digital del mantenimiento. | Obligatoria | 1.0 |
Profesorado
- Jorge Cerqueiro Pequeño
- Maximino García Sánchez
- Óscar Gómez Espiño
- Daniel Hermosilla Hermida
Avaliación
Traballos prácticos: 80%.
Participación activa nas sesións: 20%
A avaliación se fará a partires da corrección das entregas demandadas.
Titulación
Microcredencial ” Xestión de mantemento para a construción industrializada “
