
Microcredenciales
Ámbito: Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopediaCódigo: TCS:1308/1
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde
Inicio e fin
08/05/2026 – 10/05/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
A microcredencial ofrece unha formación especializada e rigorosa nunha das áreas de maior crecemento dentro da fisioterapia contemporánea. A demanda asistencial vinculada ás disfuncións do chan pélvico, como incontinencias, dor pélvica crónica, disfunción sexual, alteracións postparto ou trastornos relacionados coa menopausa, aumentou de maneira significativa nos últimos anos, impulsada pola maior concienciación social, polos avances na saúde sexual e reprodutiva, e polas evidencias científicas que avalan o papel da fisioterapia como intervención eficaz, segura e fundamentada.
A pesar desta necesidade crecente, moitos profesionais non recibiron durante o grao formación específica en valoración e tratamento das disfuncións pélvicas e obstétricas, oque xera unha carencia formativa que impacta directamente na calidade asistencial. Esta microcredencial nace para dar resposta a ese baleiro, proporcionando coñecementos, capacidades e habilidades prácticas que permitan a integración da fisioterapia uroxincolóxica en contextos clínicos diversos: hospitais, consultas privadas, centros desaúde, unidades materno-infantís ou equipos multidisciplinares vinculados á saúde sexual, reprodutiva e funcional.
Consulta máis abaixo o apartado “Observación aos prezos”. Existe subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos e bolsas do 100% para persoas que ademais sexan desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada.
Director/a:
Mª Mercedes Soto González
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
m.soto@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
26/03/2026 – 28/04/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
13/04/2026 – 06/05/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
20 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade de Fisioterapia Pontevedra
Horario
Presencial. Venres de 15:00 a 20:00 horas sábado e domingo de 9:00 a 14:00 a 15:00 a 20:00 horas.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 188 € | 169.2 € | 159.8 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 56,40 euros (*)
*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)
**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.
Obxectivos
Formar profesionais de fisioterapia capaces de avaliar, tratar e acompañar ás persoas con disfuncións uroxincolóxicas, obstétricas e pélvicas, integrando coñecementos avanzados e habilidades clínicas nun marco multidisciplinar de saúde.
Obxectivos específicos:
– Analizar os fundamentos anatómicos e fisiolóxicos do chan pélvico e da funciónuroxinecolóxica, obstétrica e sexual.
– Avaliar alteracións pélvicas mediante exploracións manuais, probas funcionais e ferramentas validadas.
– Aplicar técnicas específicas de fisioterapia uroxincolóxica con seguridade e rigor clínico. Integrar a intervención fisioterapéutica dentro de programas multidisciplinares de saúde sexual, reprodutiva e funcional.
– Promover hábitos de prevención e educación terapéutica orientados ao benestar pélvico ao longo do ciclo vital.
Destinatarios
Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia
Saídas Profesionais
Coñecementos:
- Comprende a anatomía, fisioloxía e patoloxía funcional do chan pélvico ao longo do ciclo vital.
- Coñece técnicas e abordaxes específicas da fisioterapia uroxincolóxica, obstétrica efuncional.
Capacidades:
- Avalía e identifica disfuncións pélvicas mediante métodos validados.
- Integra o tratamento fisioterapéutico en contextos clínicos e multidisciplinares.
Habilidades :
- Aplica intervencións seguras e eficaces orientadas á recuperación funcional e mellora dacalidade de vida.
- Comunica con sensibilidade e rigor nun ámbito asistencial que require especial coidado econfidencialidade.
Idioma
- Castelán 75%
- Galego 25%
Competencias Específicas
- Realizar unha valoración funcional completa do chan pélvico e estruturas asociadas mediante técnicas manuais e probas específicas.
- Identificar alteracións uroxincolóxicas e obstétricas, establecendo hipóteses clínicas coherentes co proceso asistencial.
- Aplicar técnicas de fisioterapia uroxincolóxica, obstétrica e funcional con precisión e dentro dos límites competenciais.
- Integrar a fisioterapia no coidado de procesos como embarazo, posparto, menopausa, disfunción sexual ou dor pélvica.
- Deseñar plans de tratamento adaptados á historia clínica, necesidades e obxectivos individuais.
- Traballar con outros profesionais da saúde (xinecoloxía, obstetricia, urología, matronas, sexoloxía, psicoloxía) garantindo unha atención integral.
Competencias Transversais
- Explicar, educar e acompañar ao paciente con claridade, sensibilidade e rigor.
- Valorar información clínica e científica para tomar decisións terapéuticas baseadas na evidencia.
- Axustar a intervención segundo evolución, síntomas e necesidades cambiantes.
- Garantir confidencialidade, consentimento informado e práctica segura en intervencións íntimas.
- Manter unha actitude de formación permanente e revisión crítica da evidencia
Condicións de acceso
Documentación requerida para o acceso:
Documento de identificación
Título Universitario
Curriculum Vitae
Vida laboral
Criterios de selección
Criterios de admisión:
Anos de experiencia laboral (50%)
Curriculum Vitae (50%)
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200808 | Fisioterapia en uroginecología y obstetricia | Obligatoria | 2.0 |
Profesorado
- Mª Mercedes Soto González
- Iria Da Cuña Carrera
- Alejandra Alonso Calvete
- Marga González Sevillano
Avaliación
No informada
Titulación
Fisioterapia en uroxinecoloxía: fundamentos e aplicación clínica
