Introdución á Aprendizaxe-Servizo no ensino superior

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1167/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

21/04/2025 – 30/04/2025

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

Finalizado

30 prazas

 

Descrición

A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha metodoloxía pedagóxica na cal os/as participantes aprenden mentres actúan sobre necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala. Deste xeito, este tipo de proxectos son unha oportunidade para establecer un maior vínculo entre universidade e sociedade nun marco de reciprocidade. Nesta formación preténdese facer unha achega aplicada a esta estratexia metodolóxica, de tal xeito que poda ser integrada en materias de diferentes áreas de coñecemento.

 

Director/a:

Área de Formación e Innovación Educativa

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
06/02/2025 – 10/04/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
06/02/2025 – 11/04/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

8 horas

Docencia non presencial

2 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Campus remoto, Moovi e aulas pendentes de confirmar.

 

Horario

Modalidade virtual-síncrona. Luns 21 de abril de 16.30 a 18.30 horas.

Sesión presencial a escoller no Campus de Vigo ou no de Ourense:
•    Campus de Vigo. Xoves 24 de abril  de 16 a 20 horas.
•    Campus de Ourense. Venres 25 de abril de 16 a 20 horas.

Modalidade virtual síncrona. Mércores 30 de abril 16 a 18 horas.

 

 

Obxectivos

  • Contribuír ao coñecemento da Aprendizaxe-Servizo (ApS) como metodoloxía innovadora na educación superior.
  • Analizar as potencialidades pedagóxicas da ApS no EEES.
  • Explorar as posibilidades da aprendizaxe-servizo como canle de desenvolvemento cognitivo, afectivo e ético dos/as estudantes de ensino universitario.
  • Deseñar un proxecto de ApS adaptado ás diferentes ensinanzas.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico. Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Idioma

Galego

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición, considerando o persoal destinatario ao que vai dirixida a formación.

 

Metodoloxía

Sesión 1: Introdución á Aprendizaxe-Servizo (modalidade virtual-síncrona)
Luns 21 de abril de 16.30 a 18.30 horas.

Sesión 2: Como desenvolver un proxecto de Aprendizaxe-Servizo  (presencial)  
•    Campus de Vigo. Xoves 24 de abril  de 16 a 20 horas.
•    Campus de Ourense.  Venres 25 de abril de 16 a 20 horas.

Sesión 3: Seguimento e titorización de proxectos (modalidade híbrida)
•    Sesión de titorización (síncrona). Mércores 30 de abril 16 a 18 horas.
•    Entrega de proxectos (asíncrona).

 

Profesorado

Alexandre Sotelino Losada

É profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela. É membro do Grupo de Investigación Esculca e de varias redes de investigación no ámbito educativo. Desempeñou varios cargos de xestión a USC e noutras entidades externas.  Dirixe o Grupo de Innovación Docente  Alén-ApS onde participan docentes de diferentes áreas de coñecemento.

Igor Mella Núñez

É doutor en Educación con Mención Internacional e Premio Extraordinario pola Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente é Profesor Axudante Doutor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Facultade de Ciencias da Educación). É membro do Grupo de Investigación ESCULCA, da Rede de Investigación RIES e da Rede de Excelencia UNIASC. As súas liñas de investigación principais vincúlanse coa educación superior, o aprendizaxe-servizo e o desenvolvemento de competencias.

 

Avaliación

  • Asistencia  ao 80 % das partes presenciais e virtuais síncronas. Nas partes virtuais síncronas as persoas participantes teñen que ter preparada a cámara e o micrófono para poder intervir na formación.
  • Entrega   dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo adaptado ás materias impartidas.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.