Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP (CIXUG)

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1176/2
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

17/03/2026 – 30/04/2026

Modalidade

Virtual

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

En curso

10 prazas

 

Descrición

A creación e manipulación de imaxes é unha das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico.

Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou tutorial posterior sobre estes programas.

Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.

 

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente e CIXUG

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
12/03/2026 – 14/03/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
12/03/2026 – 15/03/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

24 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.gal/

 

Horario

Por determinar

Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou tutorial posterior sobre estes programas.

Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.

 

 

Obxectivos

Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico.

 

Destinatarios

PDI da UVigo

 

Competencias Específicas

1. Coñecer os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.

2. Coñecer, obter e capacitar no uso de ferramentas dixitais para a creación e tratamento de imaxes.

3. Coñecer en detalle as contornas de traballo da edición de imaxes, así como as súas ferramentas e as opcións.

4. Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as nosas composicións gráficas.

5. Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.

6. Crear ou modificar calquera tipo de imaxe, para combinala en calquera proxecto.

7. Ter presentes os conceptos básicos da cor, para poder elixir un modo de cor ou outro á hora de abordar un proxecto.

 

Condicións de acceso

Un ordenador con acceso a Internet.

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición

 

Metodoloxía

1. Introdución

  • Introdución á edición dixital
  • Software libre e software non libre
  • Cultura libre e Creative Commons
  • Formatos estándares
  • Conceptos básicos sobre imaxe e cores
  • Formatos de imaxe
  • Software de retoque e edición de imaxes
  • Obter recursos libres

2. Primeiros pasos

  • Tarefas básicas de edición: Gardar en varios formatos. Capturar unha imaxe. Escalar e comprimir. Recortar e endereitar. Axustando cores. Equilibrar niveis. Modos de cor e transparencia. Ollos vermellos
  • Capas: Entendendo as capas. O diálogo Capas. Manipulando capas. Capas flotantes. Copiando e transformando. Combinando capas.

3. Pintura e seleccións

  • Ferramentas de pintura: Opcións de ferramenta. Pinceis, lata e gradacións. Clonado e reparado. Máis ferramentas de pintura.
  • Ferramentas de selección: Rectangular e elíptica. Difusa e Cor. Editor de selección. Tesoiras. Primeiro plano.
  • Desatascarse

4. Tratamento da cor, transformacións e filtros

  • Textos
  • Transformacións: Aliñamento. Perspectiva
  • Ferramentas de cor: Histograma. Ferramenta Curvas
  • Máscara de capa
  • Filtros
  • Outras aplicacións: Deseño vectorial. DTP. Ilustración dixital

 

Titulación

Curso en Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP (CIXUG)