
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1209/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
15/07/2025 – 17/07/2025
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
As intelixencias artificiais (IAs) xerativas están transformando o desenvolvemento de software de xeito que os programadores xa non escriben código por si sós, se non que o fan colaborando con estas IAs. Máis alá da concepción inicial de vibe coding, en que un podía esquecer o código e iterar sobre o resultado final (programar sen programar), o certo é que estas tecnoloxías poden ser de gran axuda en tódalas fases do desenvolvemento de software, desde a captura de requisitos ás probas, pasando por deseño e implementación (código). Este curso ten como obxectivo capacitar ao profesorado universitario no uso da programación asistida por IA, entendida como unha colaboración intelixente entre a persoa programadora e o modelo, mantendo sempre o control, o razoamento e a comprensión do código.
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
07/07/2025 – 13/07/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
08/07/2025 – 14/07/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
9 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Aula S06 (Soto planta -1) do Edificio Politécnico. Campus Auga. Ourense
Horario
15, 16 e 17 de xullo de 10.00 a 13.00 horas
Obxectivos
– Desmitificar o vibe coding e redefinir o enfoque cara unha programación asistida, comprensiva e responsable.
– Familiarizar o profesorado cunha contorna de desenvolvemento moderna baseada en IA.
– Capacitar ao profesorado universitario no uso da programación asistida por IA.
– Ensinar estratexias de desenvolvemento de software empregando IAs xerativas sen perder o control do código.
– Reflexionar sobre o papel da IA na aula e como guiar ao alumnado cara a un uso crítico e creativo destas ferramentas.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico. Terá preferencia o profesorado de Ourense ao ser unha actividade formativa financiada polo Campus Auga. Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Condicións de acceso
Ser profesorado da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico. También terá preferencia o profesorado do Campus Ourense. Orde de inscrición.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Metodoloxía
No informada
Avaliación
Asistencia ao 80% das sesións presenciais. A actividade proposta consiste no desenvolvemento dun miniproxecto empregando IAs xerativas sobre unha temática a escoller.
