
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1229/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
09/10/2025 – 19/12/2025
Modalidade
Asíncrona (en liña)
Créditos ECTS
3.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Este curso ten a finalidade de potenciar o desenvolvemento de competencias e de capacidades transversais no profesorado, con especial énfase no ámbito das metodoloxías educativas, da pedagoxía e do uso de recursos dixitais.
Director/a:
Fernando Cerdeira Pérez
Teléfono contacto:
986 812 035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
29/09/2025 – 08/10/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
02/10/2025 – 09/10/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
0 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
On line. O curso empeza mañá coa inauguración e desenvolvemento da competencia de pertenza institucional por parte do Reitor ás 10:30 e pola tarde ás 17:00 teremos a sesión na que desenvolverase a competencia de planificación e o deseño de guías docentes.
Obxectivos
Adquirir as competencias (destrezas, habilidades e actitudes) axeitadas para exercer a docencia no marco universitario adoptando criterios pedagóxicos que faciliten o rendemento académico dos estudantes.
> Reflexionar de forma crítica e constructiva sobre os procesos de ensino-aprendizaxe co fin de posibilitar as modificación ou cambios precisos cara unha formación competencial
> Diferenciar e analizar os diferentes recursos tecnolóxicos e as súas posibilidades didácticas para valorar a súa idoneidade de emprego nos procesos de ensino–aprendizaxe.
> Adquirir técnicas de comunicación que permitan unha comunicación dialóxica e unha interacción comunitiva profesor-alumno efectiva.
> Comprometerse coa innovación docente no contexto universitario que permita adaptarse con creatividad ás novas demandas do alumnado e as necesidades curriculares previstas na normativa legal vixente.
> Aplicar métodos, estratexias e técnicas metodolóxicas que permitan mellorar a implicación dos estudantes no seu proceso de aprendizaxe para que sexa significativo e funcional.
> Identificarse cosos valores da Universidade de Vigo e implicarse no seu desenvolvemento para crear unha comunidade implicada coa responsabilidade social da Universidade.
> Adoptar decisións e xerar recursos educativos sen nesgos de xénero e inclusivos que permitan aprender a exercer liderazgos inclusivos e xestionar os riscos de discriminación e abordar a diversidade nas aulas universitarias.
Destinatarios
Poderá participar o profesorado axudante doutor, o profesorado permanente laboral e o persoal investigador con carga docente pertencente a Universidade de Vigo ou o persoal docente dos centros adscritos, se así o reflicte explicitamente o convenio de colaboración asinado, con menos de cinco anos desde a súa incorporación.
En caso de prazas vacantes na oferta realizada, poderá participar o persoal investigador sen carga docente. Neste caso, a participación nas actividades formativas e a obtención da correspondente acreditación non outorgará á persoa participante a adquisición de ningunha categoría profesional ou vinculación docente coa Universidade de Vigo.
Convalidacións: As persoas que xa estean acreditadas a figuras como Contratado Doutor, Permanente Laboral e Titular de Universidade, estarán exentas de realizar a formación e emitiráselle un certificado indicando que xa teñen as competencias docentes.
Competencias Específicas
Os alicerces da formación do novo profesorado serán as seguintes competencias profesionais:
1. A competencia da pertenza institucional.
2. A competencia de recursos da Universidade de Vigo
3. A competencia de planificación.
4. A competencia metodolóxica.
5. A competencia de recursos tecnolóxicos.
6. A competencia da avaliación.
7. A competencia sociolingüística en galego.
8. As competencias transversais:
a. A comunicación.
b. Habilidades inter e intrapersoais.
c. A perspectiva de xénero.
d. Atención á diversidade
Competencias Transversais
8. As competencias transversais:
a. A comunicación.
b. Habilidades inter e intrapersoais.
c. A perspectiva de xénero.
d. Atención á diversidade
Condicións de acceso
Dirixido a:
1.- Profesorado Axudante Doutor de primeiro ano.
2.- Resto do profesorado Axudante Doutor, Contratado Doutor, Permanente Laboral e persoal docente dos centros adscritos, si así o reflicte explicitamente o convenio de colaboración asinado.
3.- Persoal investigador con carga docente.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Tendrá preferencia o persoal a tiempo completo respecto ao persoal a tempo parcial.
Profesorado
8. As competencias transversais:
a. A comunicación.
b. Habilidades inter e intrapersoais.
c. A perspectiva de xénero.
d. Atención á diversidade
Titulación
Título de formación permanente de profesorado en iniciación á formación para a docencia universitaria.
