A xestión dos fondos ante o reto da integridade pública, as subvencións públicas

Microcredenciales

Ámbito: Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismoCódigo: TCS:1268/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

19/02/2026 – 20/03/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

4.0 ECTS

Estado

Finalizado

30 prazas

 

Descrición

O presente título propio xustifícase pola necesidade de dar resposta a unha demanda social e profesional crecente de capacitación especializada e aplicada no ámbito da Administración Pública, en coherencia coa formación ao longo da vida e coa transferencia de coñecemento ao tecido institucional. A proposta está orientada á adquisición de competencias transversais e técnicas relacionadas coa xestión dos fondos públicos e a integridade, desempeño profesional na administración, mediante metodoloxías prácticas e actualización flexible de contidos.

Existen referentes externos que evidencian a necesidade de perfís con competencias neste ámbito, porque ningunha titulación oficial ofrece este tipo de competencias. Así mesmo, tras analizar a oferta existente na Universidade de Vigo, conclúese que os obxectivos e competencias propostos non son cubertos por títulos oficiais previos, ao diferenciarse polo seu enfoque aplicado, polo perfil destinatario (profesionais e egresados/as en actualización), pola especialización e polo modelo formativo orientado a resultados, polo que a proposta resulta complementaria e non duplicada.

 

Director/a:

Mónica Legaspi Díaz

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

monica.legaspi@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/02/2026 – 10/02/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
13/02/2026 – 17/02/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

34 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Centro Cultural Marcos Valcárcel

 

Horario

Febreiro 19,23,24,25 de 17:15-20:15h

Marzo 15 2,3,4,5 de 17:15-20:15h

Marzo 9,10,20 de 17:15-20:15h

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
320 € 288 € 272 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez subvencionado: 96 euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

  • Coñecer o marco xurídico e normativo aplicable á xestión de fondos públicos e subvencións, tanto a nivel estatal como autonómico e europeo, así como os principios de estabilidade orzamentaria, control e responsabilidade.
  • Comprender o ciclo completo da subvención, desde a planificación e convocatoria ata a concesión, execución, xustificación, control e, de ser o caso, reintegro.
  • Adquirir competencias técnicas en xestión económico-contable pública e aplicar os principios de integridade, transparencia e bo goberno na xestión de fondos públicos, identificando riscos de fraude, conflitos de interese e malas prácticas.
  • Coñecer os mecanismos de control interno e externo, así como os sistemas de auditoría e fiscalización aplicables aos fondos e subvencións públicas.
  • Manexar ferramentas e procedementos administrativos para a tramitación electrónica, seguimento e control de subvencións e axudas públicas, e analizar casos prácticos e supostos reais, co fin de mellorar a toma de decisións e a resolución de incidencias na xestión de fondos públicos.
  • Desenvolver habilidades para a rendición de contas e a xustificación ante os órganos de control, garantindo a correcta utilización dos recursos públicos.
  • Favorecer a coordinación entre as unidades xestoras, así como a comunicación coas entidades beneficiarias e cos órganos de control.
  • Actualizar coñecementos ante cambios normativos e novos requisitos, especialmente en relación cos fondos europeos e os programas de financiamento público.

 

Destinatarios

Empregados/as públicos, órganos electos e xestores/as privados/as que traballan coa Administración Pública

 

Saídas Profesionais

Administración pública e xestión privada que garde relación coa administración e a xestión pública

 

Idioma

Castelán 50% 

Galego 50%

 

Competencias Específicas

 Asignar e controlar recursos públicos

Xestionar orzamentos e finanzas públicas

 Competencias de xestión

 Desenvolver obxectivos e estratexias

 Xestionar e administrar recursos humanos

 

Competencias Transversais

T1.3 Traballar con dispositivos e aplicacións dixitais

T1.2 Traballar con números e medidas

T2.2 Planificar e organizar

T2.3 Lidiar con problemas

T2.4 Pensar de maneira creativa e innovadora

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

Certificado de estudos previos

Certificado de experiencia profesional ou equivalente

 

Criterios de selección

Estudos superiores 20%

Estudos medios 15%

Experiencia superior a 10 anos 20%

Órgano electo 25%

Posto desempeñado na Administración Pública 20%

 

Materias

id nome caracter créditos
200673 La gestión de los fondos ante el reto de la integridad pública, las subvenciones públicas Obligatoria 4.0

 

Profesorado

 

Avaliación

Test de 40 preguntas, suman as respostas correctas 0,25 e restan as respostas incorrectas 0,10

20 de Marzo, proba presencial, 17:15 horas

23 de Marzo, proba presencial 17:15 horas

 

Titulación

Título en la Microcredencial ” Na xestión dos fondos ante o reto da integridade pública, as subvencións públicas”