
Microcredenciales
Ámbito: QuímicaCódigo: TCS:1270/1
Área de interese principal: Ciencias | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde
Inicio e fin
24/02/2026 – 21/04/2026
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
4.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
A microcredencial Espectroscopía de RMN e espectrometría de masas na práctica ten como obxectivo ofrecer unha formación especializada, aplicada e actualizada en dúas técnicasanalíticas fundamentais para a caracterización de materiais e compostos químicos. Esta proposta busca favorecer a transferencia de coñecemento desde o ámbito académico ao mundo empresarial e á sociedade no seu conxunto, ofrecendo unha formación que sexa:
- Académicamente válida, ao estar baseada en contidos rigorosos e actualizados, impartidos por profesionais con experiencia avalada neste campo.
- Profesionalmente útil, ao centrarse no uso práctico da espectroscopía de resonancia magnética nuclear (RMN) e da espectrometría de masas, técnicas clave en sectores como a industria farmacéutica, agroalimentaria, medioambiental e de materiais.
- Persoalmente enriquecedora, ao permitir que a poboación adulta mellore a súa empregabilidade, actualice os seus coñecementos científicos e acceda a novas oportunidades laborais ou de desenvolvemento profesional.
Esta microcredencial está especialmente dirixida a persoas que desexen adquirir competencias técnicas avanzadas na análise instrumental, cun enfoque práctico que lles permita aplicar directamente o aprendido en contornos profesionais reais. Con iso, contribúese á formación continua, á innovación e á mellora da competitividade no tecido produtivo.
Director/a:
Sandra Bolaño García
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
bgs@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
04/02/2026 – 15/02/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
05/02/2026 – 19/02/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
30 horas
Docencia non presencial
2 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Determinación Estrutural, Proteómica e Genómica: CACTI e Facultad de Química e plataforma de teleformación Moovi
Horario
24, 26 de febreiro; 4, 6, 10, 13, 17, 20, 24, 27 de marzo; 8, 10, 15, 17, 21 de abril de 17.00 a 19.00 h
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 376 € | 338.4 € | 319.6 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez subvencionado: 112,80 euros (*)
*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
- Capacitar para aplicar técnicas avanzadas de espectroscopía de RMN e espectrometría de masas na identificación e caracterización de compostos e materiais.
- Operar e manter equipamento científico-técnico de alta complexidade seguindo protocolos de seguridade e calidade en laboratorios e servizos técnicos.
- Documentar e comunicar resultados con terminoloxía precisa en contornos profesionais e investigadores.
- Integrar coñecementos teóricos e prácticos para resolver problemas analíticos complexos.
Enfoque práctico e aplicado, respondendo á demanda do mercado e favorece empregabilidade, transferencia de coñecemento, innovación e competitividade en sectores farmacéutico, agroalimentario, ambiental e de materiais.
Destinatarios
- Máster relacionado coa Química.
- Titulación Universitaria en Química ou relacionadas/Farmacia
Saídas Profesionais
O/A egresado/a desta microcredencial estará capacitado/a para aplicar crÍticamente técnicas avanzadas de RMN e espectrometría de masas na identificación e caracterización de compostos emateriais; operar e manter instrumentación de alta complexidade en servizos comúns de investigación e contornos profesionais, seguindo protocolos de seguridade e calidade; interpretar datos complexos e elaborar informes técnicos claros, adaptados a contextos profesionais e investigadores; integrar coñecemento teórico‑práctico para resolver problemas analíticos e mellorar procesos; e transferir coñecemento a equipos interdisciplinares.
O perfil de egreso axústase a necesidades dos sectores farmacéutico, agroalimentario, ambiental e de materiais, favorecendo empregabilidade e innovación.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
CE1 Aplicar técnicas avanzadas de espectroscopía de RMN e espectrometría de masas para a identificación e caracterización de compostos químicos, utilizando equipamento científico-técnico de alta complexidade en contornos profesionais reais.
CE2 Operar e manter instrumentos científicos de última xeración, seguindo protocolos de seguridade e calidade, en laboratorios de investigación ou servizos técnicosespecializados.
CE3 Documentar e comunicar os resultados das análises espectroscópicas, empregando terminoloxía científica precisa e adaptada ao contexto profesional ou investigador.
CE4 Integrar coñecementos teóricos e prácticos para resolver problemas analíticos complexos, contribuíndo á innovación e mellora de procesos en ámbitos como a investigación, a industria química ou farmacéutica.
Competencias Transversais
CT1 Procesar información, ideas e conceptos
CT2 Planificar e organizar
CT3 Lidiar con problemas
CT4 Utilizar quipos, ferramentas o tecnoloxía con precisión
CT5 Capacidades e competencias de autoxestión
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Título universitario
Certificado estudos previos
Curriculum Vitae
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200675 | Espectrocopía de RMN y espectometría de masas en la práctica | Obligatoria | 4.0 |
Profesorado
Avaliación
Avaliación do curso seguirá un modelo continuo que integra a participación nas clases e asuperación das diferentes probas.
Criterios de avaliación:
Asistencia obrigatoria: As persoas participantes deberán asistir, como mínimo, ao 85% dasclases, co fin de garantir o seguimento dos contidos.
Probas de coñecemento: Deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar a comprensión dos contidos teóricos e prácticos.
Certificación e convocatorias: A obtención da certificación do curso require cumprir todos os requisitos anteriores. A segunda oportunidade terá lugar unha semana despois de rematar a formación.
Probas tipo curto ao longo do curso (60%)
Proba final (40%) o 21/05/2026.
Titulación
Título na microcredencial ” Espectrocopía de RMN e espectometría de masas na práctica “
