
Microcredenciales
Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1273/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
27/02/2026 – 06/04/2026
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
3.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
As atraccións de feira (itinerantes ou estacionarias), xa sexan mecánicas, acuáticas, inchables ou virtuais, representan unha das principais fontes de entretemento para o público. Non obstante, o seu funcionamento implica riscos significativos debido a factores como o movemento mecánico, o desgaste dos materiais, a montaxe e desmontaxe frecuentes, as condicións meteorolóxicas e a interacción constante con usuarios de todas as idades. A seguridade industrial aplicada a estas instalacións non só protexe o benestar dos usuarios e operadores, senón que tamén garante o cumprimento da normativa, prevén incidentes graves e minimiza as perdas económicas derivadas de accidentes.
Consciente deste contexto, a Xunta de Galicia aprobou normativa específica de aplicación a estas instalacións, no Decreto 226/2022, do 22 de decembro, polo que se regulan determinados aspectos da organización e desenvolvemento dos espectáculos públicos e actividades recreativas e se constitúe o Rexistro de Empresas e Establecementos (DOG núm. 13, do 19 de xaneiro de 2023), recentemente modificado en decembro de 2025 no que respecta á documentación necesaria para tramitar este tipo de instalacións.
Este curso está deseñado para ofrecer unha formación integral sobre o deseño, a instalación, os permisos, o funcionamento e o mantemento seguro das atraccións de feira, combinando a teoría, a normativa vixente e os obradoiros prácticos. Tamén abarcará o desenvolvemento dos diversos plans de emerxencia necesarios para obter a autorización para feiras e actividades temporais dos organismos gobernamentais pertinentes.
O curso se impartirá presencialmente, pero poderán seguirse as sesións de forma remota síncrona no Campus Remoto da Universidade de Vigo para aqueles inscritos que non poidesen asistir na modalidade presencial.
Director/a:
Jorge Cerqueiro Pequeño
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
jcerquei@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
09/02/2026 – 22/02/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
18/02/2026 – 24/02/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
44 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Sede Campus da Escola de Enxeñería Industrial.
Plataforma de teledocencia Moovi
Horario
Venres de 16:30 a 21:00 e os sábados de 9:00 a 14:00 horas, en modalidade presencial ou remota online síncrona. Última sesión en horario de 16:00 a 20:00
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 280 € | 252 € | 238 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 84 euros (*)
*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
Nos últimos anos, rexistráronse numerosos incidentes e accidentes en feiras e parques de atraccións tanto a nivel local como global, moitos deles relacionados con defectos de deseño, instalacións deficientes ou falta de mantemento. Estes eventos reforzaron a necesidade de profesionais formados en xestión da seguridade e de adoptar estándares internacionais que garantan o funcionamento fiable de cada atracción. Ademais, o marco legal e regulatorio aplicable é cada vez máis esixente: as axencias gobernamentais, os organismos reguladores e as compañías de seguros requiren a correcta implementación de plans de seguridade, revisións regulares e trazabilidade das inspeccións.
Este curso aborda esta necesidade, proporcionando ao estudantado os coñecementos e as habilidades necesarias para deseñar, instalar, operar e manter atraccións de feira con altos estándares de seguridade, garantindo a protección dos usuarios, o persoal e o medio ambiente, reducindo os riscos e cumprindo cos requisitos legais e de certificación.
Destinatarios
Profesionais con atribucións profesionais en el ámbito da enxeñaría industrial, interesados enrealizar traballos técnicos relacionados coa seguridade nas feiras e atraccións de feira, en todos os ámbitos concernidos e en todas as fases de proxecto, instalación, etc.
Estudantado de último curso das titulacións de Grao e Mestrado con atribucións profesionais nese ámbito, que desexen formarse no proxecto, instalación e demais actividades profesionais relacionadas coa seguridade en feiras e atraccións de feira.
Adicionalmente, profesionais e cargos das Administracións Públicas relacionados coa tramitación e/o autorización deste tipo de eventos e instalacións
Saídas Profesionais
Empresas de enxeñería interesadas en desenvolver a súa actividade no ámbito das feiras eatraccións de feira, en todas as súas fases, con criterios de seguridade, fiabilidade e eficiencia para unha correcta operación e utilización dos equipos concernidos.Profesionais con atribucións profesionais de enxeñería industrial interesados en desenvolver a súa actividade profesional no exercicio libre da profesión, orientándose ó ámbito das feiras e atraccións de feira en todas as súas fases, con criterios de seguridade, fiabilidade e eficiencia para unha correcta operación e utilización dos equipos concernidos.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
CE1 Coñecemento da normativa de seguridade de aplicación ás feiras e ás atraccións de feira
CE2 Coñecemento da natureza e operación das atraccións de feira e o seu contexto
CE3 Coñecemento da tipoloxía das atraccións de feira en canto á súa seguridade
CE4 Coñecemento sobre as boas prácticas no proxecto e instalación de atraccións de feira
CE5 Capacidade para deseñar e supervisar a instalación de atraccións de feira con seguridade
CE6 Coñecer e comprender problemáticas existentes mediante casos reais
CE7 Capacidade para elaborar a documentación necesaria para a tramitación das atraccións
Competencias Transversais
CT1 Comunicación efectiva
CT2 Resolución de problemas
CT3 Orientación ó cliente
CT4 Ética e responsabilidade
Condicións de acceso
1. Persoas graduadas en Enxeñería da Rama Industrial con atribucións profesionais: Mecánica, electricidade, electrónica industrial e automática e química.
2. Máster en enxeñería industrial
3. Poderanse admitir estudantes das titulacións 1) e 2) con o TFG ou TFM pendente
4. Se podrán admitir profesionais e cargos das Administracións Públicas relacionados coa tramitación e/o autorización deste tipo de eventos e instalacións que posean outras titulacións relacionadas
Documentación necesaria para o acceso:
– Documento de identificación
– Título Universitario
– Certificado estudos previos
Criterios de selección
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200678 | Introducción a la seguridad en atracciones itinerantes de feria | Obligatoria | 0.3 |
| 200679 | Proyecto y diseño seguro de atracciones itinerantes de feria | Obligatoria | 0.4 |
| 200680 | Instalación y montaje de atracciones itinerantes de feria | Obligatoria | 0.4 |
| 200681 | Operación segura y gestión del personal | Obligatoria | 0.4 |
| 200682 | Inspección y mantenimiento preventivo | Obligatoria | 0.4 |
| 200683 | Evaluación de riesgos y auditorías | Obligatoria | 0.4 |
| 200684 | Planes de emergencia y de contingencia | Obligatoria | 0.4 |
| 200685 | Tramitación administrativa y autorización | Obligatoria | 0.5 |
Profesorado
Avaliación
Probas de resposta curta: 40%
Entregas de exercicios de prácticas: 40%
Traballo final: 20%
A asistencia mínima para superar o curso será do 70% das horas do curso.
Titulación
Título en la microcredencial “Seguridade en ferias e atraccións”

