Captura e edición de vídeo con OBS Studio e Shotcut (CIXUG)

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1295/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

24/03/2026 – 07/05/2026

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

En curso

5 prazas

 

Descrición

No contexto educativo actual, a capacidade de crear contido multimedia de alta calidade é unha interesante opción para transmitir e reforzar conceptos para o alumnado, tanto universitario como doutras etapas educativas. Coa finalidade de capacitar na produción dos seus propios vídeos educativos, deseñouse este curso de captura e edición de vídeo utilizando software libre. Este curso proporcionará aos participantes as habilidades básicas necesarias para gravar, editar e producir vídeos que enriquecerán as súas áreas educativas e/ou administrativas e facilitarán a aprendizaxe dos seus estudantes e compañeiros de área.

A captura de vídeo é o primeiro paso na creación de contido multimedia. Neste curso empregarase unha completa ferramenta de captura de vídeo que poderá usar diversas fontes (diferentes pantallas, cámaras web, micrófono…), combinar esas fontes e establecer diferentes escenarios intercambiables. O curso centrarase no uso da ferramenta de software libre OBS Studio, amplamente empregado entre os creadores de contidos multimedia.Unha vez capturado o vídeo, o seguinte paso é a edición. Este proceso inclúe a organización de clips, a adición de efectos visuais e sonoros, e a exportación do produto final nun formato adecuado. Centrarase tamén no uso da ferramenta de software libre Shotcut, ofrecendo unha guía detallada sobre como utilizar esta ferramenta para crear vídeos atractivos e profesionais.

 

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente e CIXUG

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
16/03/2026 – 17/03/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
16/03/2026 – 18/03/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

24 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.gal/

 

Horario

Por definir

 

 

Obxectivos

Con este curso perséguese capacitar aos participantes na produción de vídeos educativos, proporcionando aos participantes as habilidades básicas necesarias para gravar, editar e producir vídeos que enriquecerán as súas áreas educativas e/ou administrativas e facilitarán a aprendizaxe dos seus estudantes e compañeiros de área.

 

Destinatarios

PDI da UVIGO

 

Competencias Específicas

Ao finalizar o curso as persoas participantes:

1. Coñecerá os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas captura e gravación de vídeo dixital de escritorio.

2. Obterá coñecementos e habilidades no uso de ferramentas dixitais para a gravación e emisión de vídeo.

3. Localizará e obterá recursos dixitais de forma ética e legal para complementar as súas composicións multimedia.

4. Creará un deseño para a gravación do escritorio, combinando elementos como pantallas, cámaras web, imaxes, texto…

5. Coñecerá os diferentes modos e estilos de gravación e configurará as contornas de gravación en función do modo elixido.

6. Procederá e controlará á gravación, como configurar parámetros de gravación tanto de forma simple como avanzada.

7. Distinguirá a edición lineal e a non lineal e coñecerá diferentes alternativas de editores de vídeo.

8. Creará proxectos de edición, engadirá recursos multimedia a un proxecto, dividirá e recortará vídeos, reordenará diferentes partes dun vídeo e exportará e gardará nun formato reproducible.

9. Inserirá e configurará transicións entre recursos multimedia, xestionará varias pistas multimedia e integrara as no proxecto.

10. Engadirá filtros e efectos de vídeo, de son, texto e créditos aos proxectos de edición de vídeo.

 

Condicións de acceso

Por orde de preinscrición

Para aproveitar ao máximo este curso, recoméndase contar cunha cámara web integrada ou externa, un micrófono externo ou no seu defecto, o propio micrófono do ordenador, e, un ordenador con suficiente capacidade de procesamento e almacenamento.

 

Metodoloxía

O curso, que vai dirixido a todo usuario con traballo ofimático e transmisor de información con intereses na captura e edición de vídeo para compartilo a través de aulas virtuais e plataformas de vídeo e streaming, é eminentemente práctico. Comezarase con tarefas básicas de configuración das ferramentas empregadas, adaptación das contornas de traballo, capturas/edicións sinxelas… para logo ir aumentando paulatinamente complexidade dos traballos para conseguir resultados máis interesantes e logrados
Como complemento e para dar un maior apoio ao alumno, solucionando dúbidas así como outros aspectos e dinámicas, utilizaranse foros e mensaxería privada, ademáis, realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom.
Temario: 
Interface e configuración do SW de captura
  • Software libre e software non libre
  • Conceptos básicos
  • Software de captura e edición de vídeo
  • Obter recursos libres
Captura de vídeo
  • Transicións
  • Modos de gravación
  • Teclas rápidas
  • Gravando
Edición de vídeo
  • Introdución a edición de vídeo
  • SW de edición de vídeo
Edición de vídeo avanzado
  • Transicións
  • Multipista
  • Fotogramas clave
  • Exportación
  • Atallos de teclado

 

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

 

Titulación

Curso en Captura e edición de vídeo con OBS Studio e Shotcut (CIXUG)