A transformación dixital está a dar paso a novas formas de interactuar co mundo, e nese contexto a realidade estendida (XR) posiciónase como unha das tecnoloxías máis prometedoras. Neste escenario nace esta iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo que busca converterse nun referente en innovación, formación e desenvolvemento neste ámbito.
UVIGO XR HUB é un portal que recolle o proxecto de metaverso desenvolvido pola Universidade de Vigo ao abeiro dunha liña de axudas da Xunta de Galicia e en colaboración cos centros docentes da universidade que alcanzaron ditas axudas nun proceso de selección competitivo.
UNIverso UVigo é unha plataforma dixital inmersiva na que os usuarios acceden con avatares e poden moverse por espazos virtuais que recrean os campus e outras contornas académicas. Neste senso, segue a idea xeral do metaverso coma un mundo virtual interactivo onde as persoas se relacionan en tempo real.
Un punto de encontro que combina docencia, divulgación e tecnoloxía para unha aprendizaxe aberta, atractiva e eficaz. Traballando na creación de experiencias dixitais avanzadas e facilitando así o intercambio de coñecemento, e a posta en marcha de proxectos reais. O seu valor no ámbito educativo é notable por varias razóns: introduce novas formas de ensinar, máis visuais e adaptadas á contorna dixital, complementando as clases tradicionais, permite ao profesorado deseñar experiencias innovadoras co uso de formatos dinámicos que adoitan a aumentar o interese e a participación, supera limitacións físicas, e reforza a proxección social da universidade.
