Métodos e recursos para a aplicación da intelixencia artificial á docencia e investigación (Campus de Ourense)

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1202/2
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

26/05/2026 – 03/06/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

En curso

20 prazas

 

Descrición

Este curso ofrece unha introdución práctica á intelixencia artificial (IA) xenerativa, e o uso de ferramentas de IA na docencia e na investigación.

As persoas participantes aprenderán a crear solicitudes (prompts) eficaces, explorar aplicacións educativas e na investigación, e integrar estas tecnoloxías nas súas tarefas cotiás. A formación inclúe demostracións, casos reais e exercicios prácticos adaptados ao contexto universitario.

 

Director/a:

Pedro Cuesta Morales

Teléfono contacto:

986 81 20 35

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal; pcuesta@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
20/05/2026 – 22/05/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
21/05/2026 – 24/05/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

10 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Laboratorio B00 de la Escuela Superior de Ingeniería Informática (Campus de Ourense)

 

Horario

26, 27, 28 de maio; 2 e 3 de xuño.

De 10 a 12 horas

 

 

Obxectivos

  • Comprender os fundamentos da intelixencia artificial xenerativa e o seu impacto nas prácticas docentes e investigadoras actuais.
  • Dominar técnicas de elaboración de prompts para optimizar a interacción con modelos de linguaxe e ferramentas creativas baseadas en IA.
  • Explorar solucións de IA para a creación automatizada de contidos didácticos, avaliación formativa e personalización da aprendizaxe.
  • Aplicar ferramentas de IA no apoio á investigación: revisión bibliográfica, redacción académica e análise de datos.
  • Desenvolver un criterio ético e crítico sobre o uso da IA no ámbito universitario, valorando riscos, limitacións e boas prácticas.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.

O 75% das prazas do curso está destinada ao profesorado do Campus da Auga e o 25% restante está aberta a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Condicións de acceso

Profesorado da Universidade de Vigo.

 

Criterios de selección

Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.

Orde de inscrición.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Metodoloxía

Introdución á intelixencia artificial xenerativa
Deseño eficaz de prompts para tarefas docentes e de investigación
Ferramentas de IA para a docencia universitaria: buscadores, xeración de contidos (texto, imaxe, presentacións, adío, vídeo, … )
Ferramentas de IA na investigación (revisión do estado da arte, axuda na redacción académica, asistencia na corrección, …)
Integración práctica de IA xenerativa na Universidade (boas prácticas, riscos e limitación, …)

 

Profesorado

Pedro Cuesta Morales

 

Avaliación

Requirirase asistir ao 80 % das sesións e realizar as actividades propostas no curso.

 

Titulación

Curso en Métodos e recursos para a aplicación da Intelixencia Artificial á docencia e investigación