CATIA V5 para o sector aeroespacial

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1130/2
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía

Inicio e fin

01/07/2026 – 23/07/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

7.0 ECTS

Estado

Preinscrición

20 prazas

 

Descrición

Neste curso aprenderás a traballar na plataforma PLM (Product lifecycle management ) Catia V5 de Dassault Sistèmes de orientación básica e semiavanzada para o sector aeronáutico na que se inclúen conceptos de bocetaxe, deseño mecánico paramétrico variacional, superficies básicas e complexas, ensamblados, cinemática, así como tamén módulo de chapa.

 

Director/a:

Diego Carou Porto

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

diecapor@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
09/06/2026 – 21/06/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
23/06/2026 – 29/06/2026

Inscrición / Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

60 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Campus da auga, Ourense. Laboratorio de Informática 2.8

 

Horario

Os días: 1, 2, 3, 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15, 16, 20, 21, 22 y 23 de xullo de 15 a 19 horas

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
340 € 306 € 289 €

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

O obxectivo principal é adquirir destrezas para o desenrolo inicial de proxectos para o sector industrial.

 

Destinatarios

  • Persoas titulas (deben presentar titulación relacionada coas areas de enxeñarías)
  • Alumnado do ámbito das enxeñarías, (presentan expedente de estudos)
  • Profesionais relacionados coa área da fabricación industrial, que teñen que presentar CV

 

Saídas Profesionais

Capacidade de realización dun deseño completo de conxunto mecánico e elaboración dedocumentación en 2D, así como a definición numérica necesaria (DFN)

 

Idioma

Castelán 90% e galego 10%

 

Competencias Específicas

  • Deseño 3 D de pezas mecánicas.
  • Deseño 3 D de conxuntos mecánicos.
  • Elaboración de planos técnicos.

 

Competencias Transversais

  • Capacidade de analizar e solucionar problemas de deseño mediante estratexias específicas dentro de CATIA
  • Desarrollar proxectos colaborativos empregando ferramentas de deseño
  • Aplicación de habilidades creativas para deseñar solucións innovadoras e optimizar produtos

 

Condicións de acceso

Estudante/graduado/máster en enxeñerías.

Documentación requerida:

– DNI

– Copia do título universitario

– Certificado de estudos previos

– CV

 

Criterios de selección

1. CV e titulación (70%)

2. Orde de matriculación (30%).

 

Metodoloxía

  • Modulo P1: Deseño mecánico: sketch (5 h).
  • Módulo P2: Deseño mecánico Part design (15 h). Este módulo práctico basearase no aumento dos coñecementos do alumnado para afrontar os proxectos dende una perspectiva máis próxima a industria. Proporanse exercicios prácticos de modelado de pezas, elaboración da documentación e os planos correspondentes.
  • Módulo P3: Ensamblaxe (10 h). Descrición das ferramentas para o desenvolvemento de ensamblaxes e restrición dos seus elementos en el espazo de traballo.
  • Módulo P4 Superficies (20 h). Descrición completa das ferramentas de superficies no deseño mecánico e elaboración de exercicios prácticos.
  • Módulo P5 : Cinemática DMU (5 h): Introdución xeral ó traballo nun entorno de Maqueta Electrónica, considerando especificacións de deseño e entorno, así como a descrición dos diferentes módulos da familia DMU (Digital Mock –Up). 
  • Exemplos de análise espacial dos proxectos asignados, así como o análise cinemático e análise de montaxe e desmontaxe.
  • Módulo P6 Deseño de pezas de chapa pregada-SheetMetal Design (5 h). Este módulo basease na introdución xeral ás especificacións de deseño para o corte e pregado de chapa metálica. 

 

Materias

id nome caracter créditos
200416 CATIA V5 para el sector aeroespacial Obligatoria 7.0

 

Profesorado

  • Guillermo Palacios Guerrero
  • David López Adrio

 

Avaliación

Exercicios finais prácticos en cada módulo finalizado segundo o calendario

 

Titulación

CATIA V5 para o sector aeroespacial