
Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1321/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
15/09/2026 – 26/11/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
8.0 ECTS
Estado
Descrición
O Diploma de Curso de Formación Universitaria en Plans de Igualdade está organizado pola área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais. Este específico curso constitúe unha proposta formativa orientada á capacitación en materia de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no ámbito laboral, cun enfoque eminentemente práctico e interdisciplinario.
O curso aborda de maneira integral o marco normativo, a negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade, así como os instrumentos complementarios vinculados á transparencia retributiva, auditorías salariais, protocolos fronte ao acoso sexual e por razón de sexo e medidas de protección das persoas LGTBI. A formación combina docencia síncrona presencial con contidos asíncronos a través da plataforma Moovi da Universidade de Vigo, permitindo unha metodoloxía flexible adaptada á formación continua de profesionais.
O carácter diferenciador do título reside na participación de persoal docente universitario especializado, integrantes da Inspección de Traballo e Seguridade Social, maxistratura social e representacións das organizacións sindicais e empresariais máis representativas, proporcionando unha visión completa, práctica e actualizada da negociación colectiva e da implantación efectiva dos plans de igualdade nas organizacións.
Director/a:
Marta Fernández Prieto / Irene Dozo Mougán
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
mfprieto@uvigo.gal / idozo@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición
01/07/2026 – 31/07/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
20/08/2026 – 10/09/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
64 horas
Docencia non presencial
16 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Sede da Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, R/García Barbón, nº 72, C.P. 362021, Vigo – plataforma moovi
Horario
martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 30 € | 27 € | 25.5 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
O Diploma de Curso de Formación Universitaria en Plans de Igualdade ten como obxectivo, dende un punto de vista xurídico, estratéxico, piscoanalítico e práctico, proporcionar unha formación especializada e aplicada en materia de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no ámbito das relacións laborais. Unha formación especializada que capacite ao alumnado para participar nos procesos de negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade nas organizacións.
Os contidos do presente curso, estructúranse en 6 módulos de carácter teórico e práctico, buscando ofrecer unha comprensión integral do marco normativo regulador da igualdade e non discriminación por razón de sexo no emprego, así como das obrigas empresariais derivadas da normativa vixente en materia de plans de igualdade, transparencia retributiva e prevención do acoso sexual e por razón de sexo.
- Entre os seus obxectivos específicos destacan:
- Adquirir capacidade papra manexar fontes xurídicas laborais.
- Coñecer o réxime xurídico aplicable á igualdade e non discriminación no ámbito laboral
- Identificar e analizar situacións de desigualdade nas organizacións mediante ferramentas de diagnose
- Adquirir competencias para participar na negociación colectiva e no deseño de medidas deigualdade
- Capacitar para a elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade
- Comprender os mecanismos de transparencia retributiva, rexistro salarial e auditoría retributiva
- Analizar protocolos de prevención e actuación fronte ao acoso sexual, por razón de sexo e fronte á discriminación das persoas LGTBI
- Desenvolver habilidades de comunicación, negociación e resolución de conflitos aplicadas ás relacións laborais
- A formación ten unha orientación eminentemente práctica e multidisciplinaria, vinculada ás necesidades actuais das organizacións públicas e privadas.
Destinatarios
O curso está dirixido a persoas que posúan titulación universitaria oficial de Grao ou Licenciatura especialmente nos ámbitos de: Dereito Relacións Laborais e Recursos Humanos Ciencias do Traballo Ciencias Económicas e Empresariais Administración e Dirección de Empresas Ou Diplomatura de Relacións Laborais e Recursos HumanosTamén poderán matricularse profesionais con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoramento laboral e representación empresarial ou sindical que reúnan os requisitos legais de acceso a estudos universitarios.Igualmente, poderán acceder persoas cunha especial vinculación profesional ou experienciaacreditada no ámbito obxecto do curso, aínda que non reúnan os requisitos xerais de accesouniversitario, sen que este colectivo supere o 50 % do total do alumnado matriculado, deconformidade co Regulamento de Formación Permanente da Universidade de Vigo.O perfil de ingreso recomendado corresponde a persoas interesadas en adquirir competenciasespecializadas para participar na negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación de plans de igualdade nas organizacións públicas e privadas.
Saídas Profesionais
Este curso aporta un valor engadido ás persoas profesionais do ámbito das relacións laborais, recursos humanos, asesoramento xurídico-laboral e negociación colectiva, ao proporcionar formación especializada en Plans de Igualdade. A formación adquirida permitirá participar na negociación, elaboración, implantación e avaliación de plans de igualdade, así como no deseño de medidas de igualdade, transparencia retributiva e prevención do acoso nas organizacións públicas e privadas. As competencias adquiridas poderán aplicarse en departamentos de recursos humanos, asesorías laborais, organizacións sindicais e empresariais, administración pública, consultoría especializada e entidades vinculadas á igualdade e ás relacións laborais.
Idioma
Castelán e galego
Competencias Específicas
Ser capaz de analizar o marco normativo regulador da igualdade e non discriminación por razón de sexo no ámbito laboral e das relacións laborais.
Ser capaz de identificar situacións de desigualdade nas organizacións mediante técnicas de diagnose e análise da información laboral e retributiva.
Ser capaz de aplicar instrumentos técnicos e xurídicos para a elaboración, negociación, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade.
Ser capaz de deseñar medidas de igualdade e transparencia adaptadas ás necesidades organizativas.
Ser capaz de deseñar medidas de prevención do acoso sexual e por razón de sexo adaptadas ás necesidades organizativas.
Ser capaz de desenvolver habilidades de comunicación, negociación colectiva e resolución de conflitos vinculadas á implantación de políticas de igualdade nas organizacións.
Ser capaz de aplicar estratexias e técnicas de comunicación e participación que favorezan a implicación activa das persoas participantes nos procesos de negociación e implantación de medidas de igualdade.
Competencias Transversais
Ser capaz de analizar información xurídica, organizativa e social de maneira crítica e fundamentada
Ser capaz de comunicar conclusións, propostas e medidas de igualdade de forma clara, rigorosa e adaptada aos distintos contextos profesionais
Ser capaz de traballar de maneira colaborativa en contornos multidisciplinares vinculadosás relacións laborais e á igualdade.
Ser capaz de desenvolver habilidades de negociación, mediación e resolución de conflitos no ámbito laboral
Ser capaz de identificar problemas organizativos e propoñer solucións vinculadas á igualdade de oportunidades e á non discriminación.
Ser capaz de adaptar a práctica profesional aos cambios normativos e sociais relacionados coa igualdade e diversidade nas organizacións.
Ser capaz de utilizar ferramentas dixitais e recursos tecnolóxicos aplicados á formación, comunicación e xestión da información no ámbito labora
Condicións de acceso
1) Titulados/as universitarios.
2) Alumnos/as da universidade.
3) Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
4) De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á Universidade.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Documento de identificación
2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos (non ter o título)
3) Certificado de experiencia profesional ou equivalente, se procede
Criterios de selección
1) Persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso (as persoas sen titulación universitaria en porcentaxe non superior ao 50% do total do alumnado).
2) Persoas que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde.
Metodoloxía
Profesorado
Ser capaz de analizar información xurídica, organizativa e social de maneira crítica e
fundamentada
Ser capaz de comunicar conclusións, propostas e medidas de igualdade de forma clara,
rigorosa e adaptada aos distintos contextos profesionais
Ser capaz de traballar de maneira colaborativa en contornos multidisciplinares vinculados
ás relacións laborais e á igualdade.
Ser capaz de desenvolver habilidades de negociación, mediación e resolución de conflitos
no ámbito laboral
Ser capaz de identificar problemas organizativos e propoñer solucións vinculadas á
igualdade de oportunidades e á non discriminación.
Ser capaz de adaptar a práctica profesional aos cambios normativos e sociais relacionados
coa igualdade e diversidade nas organizacións.
Ser capaz de utilizar ferramentas dixitais e recursos tecnolóxicos aplicados á formación,
comunicación e xestión da información no ámbito labora
Avaliación
Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas
Entrega das tarefas e os cuestionarios teórico-prácticos correspondentes a cada tema do curso
Titulación
Diploma de curso de formación universitaria en plans de igualdade
