O Programa Universitario de Maiores busca novos estudantes sénior que queiran continuar coa súa aprendizaxe vital

Tras superar este ano o seu récord histórico con 632 persoas matriculadas

ste curso que remata foi histórico para o Programa de Maiores da Universidade Vigo cunha matrícula récord de 632 persoas, superando mesmo as cifras previas á pandemia, momento no que se rexistrou unha baixa substancial das inscricións. Agora, nun contexto de interese crecente pola formación ao longo da vida, o programa abre unha nova convocatoria de matrícula para todas as persoas de 55 anos ou máis ás que se lles ofrece un programa que comprende dous ciclos, o intensivo e o integrado.

O primeiro deles, co que se obtén a titulación de Titulación Universitaria en Cultura e Sociedade, está deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, ofrecéndolles un espazo axeitado para o intercambio de coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural e favorecendo un estilo de vida activo e saudable. O ciclo integrado permite continuar a formación dentro do Programa de Maiores pero compartindo aula co alumnado das titulacións oficiais a UVigo.

Como explica a coordinadora do Programa de Maiores, Carmen Abreu, “as prazas dispoñibles para o inicio de estudos no Ciclo Intensivo – Titulación Universitaria en Cultura e Sociedade son 60 no campus de Vigo, mentres que en Ourense e Pontevedra son 50”. Por outra banda, no Ciclo Integrado – Titulación Universitaria Superior Sénior, “non hai un número total de prazas, xa que estas dependen da materia e oscilan entre 5 e 15”.

Neste curso 2025/2026…

Ler a nova completa no DUVI