Auga, termalismo e saúde

Experto

Ámbito: Ciencias biomédicasCódigo: TCS:1322/1
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde

Inicio e fin

18/09/2026 – 30/06/2027

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

24.0 ECTS

Estado

Preinscrición

18 prazas

 

Descrición

O título de Experto en Auga, Termalismo e Saúde ofrece unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal. O programa estrutúrase en módulos que cubren dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga, hasta súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías.

O Módulo 1 enfocase no estudio do recurso introducíndose ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga, e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais. O Módulo 2 céntrase na dermocosmética, detallando o uso da auga termal na formulación de produtos para o coidado da pel. O Módulo 3 aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, como problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.

O programa inclúe prácticas de laboratorio, visitas e prácticas en empresas do sector, que permiten ao estudantado aplicar os seus coñecementos en contornas reais. Esta formación prepara aos profesionais para traballar no ámbito da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais.

1º Prazo

  • 1º prazo de preinscrición: do 1 de xuño ao 13 de xullo de 2026
  • Listado provisional: 16 de xullo 2026
  • Reclamacións do 17 ao 21 de xullo de 2026
  • Listado definitivo: 23 de xullo de 2026
  • 1º prazo de matrícula: do 24 ao 30 de xullo de 2026

2º prazo

  • 2º prazo de preinscrición: do 31 de xullo ao 30 de agosto de 2026
  • Listado provisional: 2 de setembro de 2026
  • Reclamacións do 3 ao 4  de setembro de 2026
  • Listado definitivo: 8  de setembro de 2026
  • 2º prazo de matrícula: do 9 ao 11 de setembro de 2026

 

Director/a:

Mª Inmaculada Franco Matilla, María José Pérez Álvarez

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

inmatec@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
01/06/2026 – 13/07/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
24/07/2026 – 30/07/2026

Inscrición / Matrícula

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

97 horas

Docencia non presencial

39 horas

Prácticas en empresa

60 horas

Lugar de impartición

As clases presenciais e de laboratorio serán impartidas na Facultade de Ciencias de Ourense. A formación virtual será a través do Campus remoto da Universidade de Vigo. Para a documentación e titorización empregarase a plataforma de teledocencia MooVi.

  • Nº de horas síncronas presenciais: 97 h 
  • Nº de horas síncronas virtuais: 39 h 
  • Nº de horas de prácticas externas: 60 h 

 

Horario

Xoves e venres de 16h a 20h e sábados 20 de setembro e 29 de novembro

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
290 € 261 € 246.5 €

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

-Coñecer e comprender o papel da auga na dinámica terrestre, a súa protección e valoración como recurso.

-Analizar a importancia da calidade microbiolóxica e química das augas.

-Coñecer as normativas aplicables ao recurso.

-Coñecer os fundamentos da pel e os factores que poden afectar a saúde cutánea.

-Coñecer as indicacións das augas para as distintas patoloxías en función das súas características físico-químicas e as diferentes técnicas de aplicación.

-Poder aplicar seus coñecementos na resolución de problemas nos ámbitos laborais ou profesionais co uso de ideas creativas e innovadoras

-Adquirir a capacidade de recopilar e interpretar datos e informacións sobre as que fundamentar conclusións no seu ámbito.

-Identificar as súas necesidades formativas e organizar o seu aprendizaxe de forma autónoma.

 

Destinatarios

Titulados/as universitarios e titulados/as de Formación Profesional de Grado Superior con experiencia profesional

 

Saídas Profesionais

As capacidades, coñecementos e habilidades que debe adquirir o estudantado ao rematar os estudos de experto son:

-Coñecer e comprender o papel da auga na dinámica terrestre, a súa protección e valoración como recurso.

-Analizar a importancia da calidade microbiolóxica e química das augas.

-Coñecer as normativas aplicables ao recurso.

-Coñecer as indicacións das augas para as distintas patoloxías en función das súas características físico-químicas e as diferentes técnicas de aplicación.

-Coñecer os fundamentos da pel e os factores que poden afectar a saúde cutánea.

-Poder aplicar seus coñecementos na resolución de problemas nos ámbitos laborais ou profesionais co uso de ideas creativas e innovadoras

-Adquirir a capacidade de recopilar e interpretar datos e informacións sobre as que fundamentar conclusións no seu ámbito.

 

Competencias Específicas

Capacidade de aprendizaxe autónomo.

Capacidade para a resolución de problemas e toma de decisións.

Capacidade para a investigación e innovación no ámbito profesional.

Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas.

Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.

Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en novos contornos relacionados coa súa área de estudo.

Que o alumnado saiba comunicar de forma clara as súas conclusións e os coñecementos e razóns finais que as sustentan.

Que o alumnado sexa capaz de aplicar as ferramentas, técnicas e tecnoloxías adecuadas para a definición, desenvolvemento e análise de proxectos de mellora e innovación.

Coñecemento, xestión, descrición e identificación de forma detallada e integrada de todos os aspectos do termalismo.

Coñecemento, comprensión e identificación das aplicacións terapéuticas e preventivas do termalismo

Coñecemento e comprensión da estrutura e propiedades das augas minerais e termais e de todos os produtos hidrominerais

Coñecemento, comprensión e manexo dos aspectos dermocosméticos do termalismo.

Coñecemento e comprensión dos indicadores de calidade da auga mineral desde o punto de vista terapéutico, biolóxico, químico, xeolóxico e cosmético.

Ter coñecementos dos aspectos éticos e legais do termalismo

Coñecemento e comprensión dos requisitos técnicos para o deseño óptimo das instalacións térmicas

Recoñecemento dos distintos niveis de organización nos centros termais

Comprender os riscos asociados ao termalismo.

Coñecementos de investigación, innovación e valorización nas distintas áreas do termalismo.

 

Condicións de acceso

– Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.

– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.

– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas.

REQUIRIMENTOS DE ACCESO AOS TÍTULOS MODULARES :

 Cumprir os requisitos de acceso ao título de experto.

 Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.

 Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

1) Título académico

2) Expediente académico

3) Experiencia profesional

 

Criterios de selección

1. Expediente académico  90%

2. Experiencia profesional  10%

 

Metodoloxía

O título de Experto en Auga, Termalismo e Saúde ofrece unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal.

O programa estrutúrase en módulos que cubren dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga, hasta súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías.

O Módulo 1 enfocase no estudio do recurso introducíndose ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga, e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais.

O Módulo 2 céntrase na dermocosmética, detallando o uso da auga termal na formulación de produtos para o coidado da pel.

O Módulo 3 aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, como problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.

O programa inclúe prácticas de laboratorio, visitas e prácticas en empresas do sector, que permiten aos estudantes aplicar os seus coñecementos en contornos reais. Esta formación prepara aos profesionais para traballar no ámbito da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais.

Durante o 1º Cuatrimestre impartiranse os Módulos 1 e 2. E xa no 2º Cuadrimestre impartiranse os Módulos 3 e Prácticas Externas.

 

Materias

id nome caracter créditos
200849 Hidrogeología Obligatoria 1.0
200850 Calidad Química del Agua Obligatoria 1.5
200851 Calidad microbiológica del agua Obligatoria 1.5
200852 Régimen jurídico de las aguas mineromedicinales y termales Obligatoria 0.6
200853 Innovación en Termalismo Obligatoria 1.4
200854 Dermocosmética Obligatoria 2.0
200855 Dermocosméticos elaborados con agua minero-medicinal y sus derivados Obligatoria 2.5
200856 Indicaciones de la medicina termal Obligatoria 5.5
200857 Aplicaciones terapéuticas de la medicina termal Obligatoria 3.5
200858 Visitas a instalaciones termales Obligatoria 1.0
200859 No Informada Obligatoria 3.0

 

Profesorado

Persoal da UVigo 
  • Inmaculada Franco Matilla, Tecnoloxía dos Alimentos, Departamento Enxeñaría Química
  • María José Pérez Álvarez, Microbioloxía Departamento, Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde
  • Pedro Antonio Araujo Nespereira, Xeodinámica Externa Departamento Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio
  • José Ángel Cid Fernández, Enxeñaría Cartográfica Xeodésica, Departamento Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente
  • Elena Falqué López, Química Analítica, Departamento Química Analítica e Alimentaria
  • Julia Carballo Rodríguez, Microbioloxía, Departamento Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde
  • Herminia Domínguez González, Enxeñaría Química, Departamento Enxeñaría Química
  • José Luis Legido Soto, Física Aplicada, Departamento Física Aplicada. Instituto de Física Campus de Ourense
  • Carmen Paula Gómez Pérez, Física Aplicada, Departamento Física Aplicada
  • Roberto Bustillo Bolado, Dereito Administrativo, Departamento de Dereito Público
  • Mª Concepción Pérez Lamela, Nutrición e Bromatoloxía, Departamento Química Analítica e Alimentaria
  • Mª Dolores Pérez Torres, Enxeñaría Química, Departamento Enxeñaría Química
  • Sofía Salgado Pontón, Dereito Administrativo, Departamento de Dereito Público
  • José Angel Vázquez Barquero, Fundamentos de Análise Económica, Departamento de Fundamentos da análise económica e historia e institución
Persoal doutras universidades
  • Rosa Meijide Failde,  Radioloxía e Medicina Física, Departamento de Fisioterapia, Medicina y Ciencias Biomédicas. Facultade de Ciencias da Saúde. Universidade da Coruña.
  • Francisco Maraver Izaguirre. Radioloxía e Medicina Física, Departamento de Radioloxía, Rehabilitación e Fisioterapia. Facultad de Medicina. Universidad Complutense de Madrid
  • María Lorena Vela Iglesias. Radioloxía e Medicina Física, Departamento de Radioloxía, Rehabilitación e Fisioterapia. Facultad de Medicina. Universidad Complutense de Madrid
  • Eder Peña Quinbaya. Acción Física Humana Departamento Acción Física Humana. Facultad de Ciencias de la Salud. Universidad de Caldas. Colombia
  • Juan Jesús Gestal Otero. Medicina Preventiva e Saúde Pública, Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermería e Medicina. Facultade de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela.
Docentes externos 
  • Mª Lourdes Mourelle Mosqueira Peloides Termales S.L. Investigadora da Empresa de Base Técnologica Peloides Termales SL. e do Grupo de investigación FA2 (UVIGO)
  • Mª Dolores Fernández Márquez Caldaria Directora Médica dos Balnearios do Grupo Caldaria
  • Antonio Freire Magariños. Gala Termal y Iberik, Director Medico dos Balnearios Aguas Santas e Guitiriz
  • Salvador Ramos Rey. Talaso Atlántico, Director Medico do Talaso Atlántico
  • Mª Carmen Valenzuela Rico. Balneario de Archena, Directora Médica do Balneario de Archena (Murcia)
  • Pablo García Vivanco Farmacia Prieto-Vivanco, Especialista Dietética e Nutrición

 

Observacións sobre as prácticas

As prácticas en empresas no Curso de Experto en Auga, Termalismo e Saúde do Campus Auga de Ourense son clave por varias razóns:

1. Aplicación práctica da teoría: Permiten integrar os coñecementos teóricos nun entorno real de traballo, mellorando a comprensión do sector.

2. Desenvolvemento profesional: O estudantado adquire competencias específicas do sector termal, como a xestión das augas termais e o benestar, aumentando a sua empregabilidade.

3. Fomento da empregabilidade: A experiencia práctica facilita a inserción laboral e o contacto con posibles futuros empregadores.

4. Formación integral: Asegura unha preparación completa, combinando teoría con práctica real, e mellora a comprensión do uso terapéutico das augas termais.

En resumen, as prácticas ofrecen unha formación máis completa e práctica, esencial para o desenvolvemento profesional e a conexión co sector do termalismo.

 

Avaliación

Cada materia avaliará a asistencia, participación e actividades propostas.

A o finalizar cada modulo farase un exame conxunto dos coñecementos das materias impartidas no dito modulo. A nota final comporase da calificación obtida no exame e o 40 % restante, de forma ponderada según a carga docente de cada materia, das outras actividades evaluadas. No caso dás Prácticas Externas avaliaranse mediante a realización dunha memoria que terá que ser entregada unha semana, como máximo, despois da finalización da práctica.

1º OPORTUNIDADE: 

Módulo 1 – 19 de novembro de 2026 

Módulo 2 – 28 de xaneiro de 2027 

Módulo 3 – 30 de abril de 2027 

2º OPORTUNIDADE: 

Módulo 1 – 24 de xuño de 2027 

Módulo 2 – 25 de xuño de 2027 

Módulo 3 – 26 de xuño de 2027

 

Titulación

Experto en auga, termalismo e saúde

 

Máis información

http://cpfp.uvigo.gal/