
Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1321/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
16/09/2026 – 26/11/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
8.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
O Diploma de Curso de Formación Universitaria en Plans de Igualdade está organizado pola área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais. Este específico curso constitúe unha proposta formativa orientada á capacitación en materia de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no ámbito laboral, cun enfoque eminentemente práctico e interdisciplinario.
O curso aborda de maneira integral o marco normativo, a negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade, así como os instrumentos complementarios vinculados á transparencia retributiva, auditorías salariais, protocolos fronte ao acoso sexual e por razón de sexo e medidas de protección das persoas LGTBI. A formación combina docencia síncrona presencial con contidos asíncronos a través da plataforma Moovi da Universidade de Vigo, permitindo unha metodoloxía flexible adaptada á formación continua de profesionais.
O carácter diferenciador do título reside na participación de persoal docente universitario especializado, integrantes da Inspección de Traballo e Seguridade Social, maxistratura social e representacións das organizacións sindicais e empresariais máis representativas, proporcionando unha visión completa, práctica e actualizada da negociación colectiva e da implantación efectiva dos plans de igualdade nas organizacións.
Director/a:
Marta Fernández Prieto / Irene Dozo Mougán
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
mfprieto@uvigo.gal / idozo@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
01/07/2026 – 31/07/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
20/08/2026 – 10/09/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
64 horas
Docencia non presencial
16 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Sede da Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, R/García Barbón, nº 72, C.P. 362021, Vigo – plataforma moovi
Horario
martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 30 € | 27 € | 25.5 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
O Diploma de Curso de Formación Universitaria en Plans de Igualdade ten como obxectivo, dende un punto de vista xurídico, estratéxico, piscoanalítico e práctico, proporcionar unha formación especializada e aplicada en materia de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no ámbito das relacións laborais. Unha formación especializada que capacite ao alumnado para participar nos procesos de negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade nas organizacións.
Os contidos do presente curso, estructúranse en 6 módulos de carácter teórico e práctico, buscando ofrecer unha comprensión integral do marco normativo regulador da igualdade e non discriminación por razón de sexo no emprego, así como das obrigas empresariais derivadas da normativa vixente en materia de plans de igualdade, transparencia retributiva e prevención do acoso sexual e por razón de sexo.
- Entre os seus obxectivos específicos destacan:
- Adquirir capacidade papra manexar fontes xurídicas laborais.
- Coñecer o réxime xurídico aplicable á igualdade e non discriminación no ámbito laboral
- Identificar e analizar situacións de desigualdade nas organizacións mediante ferramentas de diagnose
- Adquirir competencias para participar na negociación colectiva e no deseño de medidas deigualdade
- Capacitar para a elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade
- Comprender os mecanismos de transparencia retributiva, rexistro salarial e auditoría retributiva
- Analizar protocolos de prevención e actuación fronte ao acoso sexual, por razón de sexo e fronte á discriminación das persoas LGTBI
- Desenvolver habilidades de comunicación, negociación e resolución de conflitos aplicadas ás relacións laborais
- A formación ten unha orientación eminentemente práctica e multidisciplinaria, vinculada ás necesidades actuais das organizacións públicas e privadas.
Destinatarios
O curso está dirixido a persoas que posúan titulación universitaria oficial de Grao ou Licenciatura especialmente nos ámbitos de Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos Ciencias do Traballo Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura de Relacións Laborais e Recursos Humáns.
Tamén poderán matricularse profesionais con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoramento laboral e representación empresarial ou sindical que reúnan os requisitos legais de acceso a estudos universitarios.
Igualmente, poderán acceder persoas cunha especial vinculación profesional ou experiencia acreditada no ámbito obxecto do curso, aínda que non reúnan os requisitos xerais de acceso universitario, sen que este colectivo supere o 50 % do total do alumnado matriculado, de conformidade co Regulamento de Formación Permanente da Universidade de Vigo.
O perfil de ingreso recomendado corresponde a persoas interesadas en adquirir competencias especializadas para participar na negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación de plans de igualdade nas organizacións públicas e privadas.
Saídas Profesionais
Este curso aporta un valor engadido ás persoas profesionais do ámbito das relacións laborais, recursos humanos, asesoramento xurídico-laboral e negociación colectiva, ao proporcionar formación especializada en Plans de Igualdade. A formación adquirida permitirá participar na negociación, elaboración, implantación e avaliación de plans de igualdade, así como no deseño de medidas de igualdade, transparencia retributiva e prevención do acoso nas organizacións públicas e privadas. As competencias adquiridas poderán aplicarse en departamentos de recursos humanos, asesorías laborais, organizacións sindicais e empresariais, administración pública, consultoría especializada e entidades vinculadas á igualdade e ás relacións laborais.
Idioma
Castelán e galego
Competencias Específicas
Ser capaz de analizar o marco normativo regulador da igualdade e non discriminación por razón de sexo no ámbito laboral e das relacións laborais.
Ser capaz de identificar situacións de desigualdade nas organizacións mediante técnicas de diagnose e análise da información laboral e retributiva.
Ser capaz de aplicar instrumentos técnicos e xurídicos para a elaboración, negociación, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade.
Ser capaz de deseñar medidas de igualdade e transparencia adaptadas ás necesidades organizativas.
Ser capaz de deseñar medidas de prevención do acoso sexual e por razón de sexo adaptadas ás necesidades organizativas.
Ser capaz de desenvolver habilidades de comunicación, negociación colectiva e resolución de conflitos vinculadas á implantación de políticas de igualdade nas organizacións.
Ser capaz de aplicar estratexias e técnicas de comunicación e participación que favorezan a implicación activa das persoas participantes nos procesos de negociación e implantación de medidas de igualdade.
Competencias Transversais
Ser capaz de analizar información xurídica, organizativa e social de maneira crítica e fundamentada
Ser capaz de comunicar conclusións, propostas e medidas de igualdade de forma clara, rigorosa e adaptada aos distintos contextos profesionais
Ser capaz de traballar de maneira colaborativa en contornos multidisciplinares vinculadosás relacións laborais e á igualdade.
Ser capaz de desenvolver habilidades de negociación, mediación e resolución de conflitos no ámbito laboral
Ser capaz de identificar problemas organizativos e propoñer solucións vinculadas á igualdade de oportunidades e á non discriminación.
Ser capaz de adaptar a práctica profesional aos cambios normativos e sociais relacionados coa igualdade e diversidade nas organizacións.
Ser capaz de utilizar ferramentas dixitais e recursos tecnolóxicos aplicados á formación, comunicación e xestión da información no ámbito labora
Condicións de acceso
1) Titulados/as universitarios.
2) Alumnos/as da universidade.
3) Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
4) De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á Universidade.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Documento de identificación
2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos (non ter o título)
3) Certificado de experiencia profesional ou equivalente, se procede
Criterios de selección
1) Persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso (as persoas sen titulación universitaria en porcentaxe non superior ao 50% do total do alumnado).
2) Persoas que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde.
Metodoloxía
Profesorado
Avaliación
Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas
Entrega das tarefas e os cuestionarios teórico-prácticos correspondentes a cada tema do curso
Titulación
Diploma de curso de formación universitaria en plans de igualdade
