Introdución á Aprendizaxe-Servizo no ensino superior

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1167/2
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

09/07/2026 – 23/07/2026

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

Finalizado

25 prazas

 

Descrición

A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha metodoloxía pedagóxica na cal os/as participantes aprenden mentres actúan sobre necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala. Deste xeito, este tipo de proxectos son unha oportunidade para establecer un maior vínculo entre universidade e sociedade nun marco de reciprocidade.Nesta formación preténdese facer unha achega aplicada a esta estratexia metodolóxica, de tal xeito que poda ser integrada en materias de diferentes áreas de coñecemento.

 

Director/a:

Fernando Cerdeira Pérez

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
23/06/2026 – 01/07/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
29/06/2026 – 02/07/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

10 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición

  • Sesión síncrona virtual: Sala CPFP Aula 25: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/9886232998
  • Sesión presencial (Campus de Vigo): Sala 4 do Edificio Miralles.
  • Sesión presencial (Campus de Ourense): Aula 1.2 da Facultade de Educación e Traballo Social

 

Horario

Sesión Síncrona Virtual: xoves 09/07 de 12 a 14h. Sala CPFP Aula 25: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/9886232998

Sesión presencial a escoller no Campus de Vigo ou no de Ourense:

  • Campus de Vigo. Xoves 16/07 de 10 a 14h. Sala 4 do Edificio Miralles.
  • Campus de Ourense. Luns 20/07 de 10:30 a 14:30h. Aula 1.2 da Facultade de Educación e Traballo Social.

Sesión Síncrona Virtual: xoves 23/07 de 10 a 14h (tutoría, presentación y entrega de cartafol). Sala CPFP Aula 25: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/9886232998

 

 

Obxectivos

  • Contribuír ao coñecemento da Aprendizaxe-Servizo (ApS) como metodoloxía innovadora na educación superior.
  • Analizar as potencialidades pedagóxicas da ApS no EEES.
  • Explorar as posibilidades da aprendizaxe-servizo como canle de desenvolvemento cognitivo, afectivo e ético dos/as estudantes de ensino universitario.
  • Deseñar un proxecto de ApS adaptado ás diferentes ensinanzas.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. 

 

Criterios de selección

  • Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
  • Por orde de preinscrición.
  • Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Metodoloxía

Sesión 1 (Virtual síncrona)
  • Que é a ApS?. Que non é a ApS?
  • A ApS na universidade:  orixes e desenvolvemento.
  • A ApS como metodoloxía para o desenvolvemento de competencias de aprendizaxe.
  • Potencialidades e limitacións da ApS
Sesión 2 (Presencial)
  • Deseño e avaliación dun proxecto de ApS.
Sesión 3 (Virtual asíncrona): Entrega de proposta e titorización

 

Profesorado

Alexandre Sotelino Losada
É profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela. É membro do Grupo de Investigación Esculca e de varias redes de investigación no ámbito educativo. Desempeñou varios cargos de xestión a USC e noutras entidades externas.  Dirixe o Grupo de Innovación Docente  Alén-ApS onde participan docentes de diferentes áreas de coñecemento.
David García Romero
Licenciado en psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Master en psicoloxía da educación pola Universidade de Barcelona e doutor en psicoloxía da educación no Doutorado Interuniversitario en Psicología de la Educación (UB, UAB, UDG e URL).

 

Avaliación

  • Asistencia ao 80 % das sesións.
  • Entrega dun bosquexo de proxecto de Aprendizaxe-Servizo adaptado as materias impartidas.

 

Titulación

Curso en Introdución á Aprendizaxe-Servizo no ensino superior