Intelixencia Artificial para a docencia universitaria con Microsoft Copilot e NotebookLM

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1323/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

13/07/2026 – 16/07/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

Finalizado

20 prazas

 

Descrición

Este curso introduce ás persoas participantes no uso da intelixencia artificial xerativa aplicada á docencia universitaria mediante as ferramentas Microsoft Copilot e NotebookLM. Ao longo da formación abordaranse os fundamentos dos modelos de linguaxe, as súas posibilidades educativas e as boas prácticas para un uso responsable. As persoas participantes aprenderán a empregar Copilot para a planificación docente, a creación de materiais e o deseño de actividades e avaliacións. Ademais, explorarase o potencial de NotebookLM para traballar con documentos e outras fontes de información, facilitando a análise, organización e xeración de coñecemento. Tamén se presentarán ferramentas para transformar contidos en novos formatos, como guías de estudo, presentacións ou resumos en audio. O curso terá un enfoque eminentemente práctico e orientado á integración destas tecnoloxías no traballo académico cotián, favorecendo unha docencia máis eficiente e adaptada ao contexto dixital actual.

 

Director/a:

Fernando Cerdeira Pérez

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
07/07/2026 – 08/07/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
08/07/2026 – 10/07/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

10 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Laboratorio B00 da Escola Superior de Enxeñaría Informática (Campus de Ourense)

 

Horario

13, 14, 15 e 16 de xullo de 9:30 a 12h no Laboratorio B00 da Escola Superior de Enxeñaría Informática (Campus de Ourense)

 

 

Obxectivos

  • Comprender os fundamentos da intelixencia artificial xerativa e coñecer as posibilidades e limitacións das ferramentas Microsoft Copilot e NotebookLM no ámbito da docencia universitaria.
  • Utilizar Microsoft Copilot para apoiar a planificación docente, a creación de materiais educativos e o deseño de actividades e procesos de avaliación.
  • Empregar NotebookLM para analizar, organizar e xerar coñecemento a partir de documentos e outras fontes de información relevantes para a actividade académica.
  • Integrar fluxos de traballo baseados en Copilot e NotebookLM aplicando criterios de uso responsable, privacidade e boas prácticas na contorna universitaria.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.

O 75% das prazas do curso está destinada ao profesorado do Campus da Auga e o 25% restante está aberta a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Condicións de acceso

Profesorado da Universidade de Vigo.

 

Criterios de selección

Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.

Orde de inscrición.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Metodoloxía

Bloque 1. Introdución á IA xerativa e Microsoft Copilot aplicado á docencia
Fundamentos dos modelos de linguaxe e IA xerativa. 
Boas prácticas, limitacións e uso responsable. 
Introdución a Microsoft Copilot e principios básicos de interacción. 
Planificación docente e adaptación de contidos con apoio da IA. 
Bloque 2. Creación de materiais e avaliación con Microsoft Copilot
Deseño de actividades e instrumentos de avaliación. 
Xeración de cuestionarios, exercicios e materiais de estudo. 
Uso avanzado do chat e creación de recursos visuais. 
Casos prácticos de aplicación na docencia universitaria.
Bloque 3. Introdución a NotebookLM e análise de información
Traballo baseado en fontes e diferenzas con Copilot. 
Incorporación e xestión de documentos e recursos dixitais. 
Consulta, resumo e comparación de información. 
Estratexias para a organización e explotación do coñecemento. 
Bloque 4. Xeración e transformación de contidos con NotebookLM
Elaboración de resumos, guías de estudo e outros recursos estruturados. 
Transformación de contidos en novos formatos. 
Integración de NotebookLM e Copilot en fluxos de traballo docentes. 
Casos de uso e boas prácticas na educación superior.

 

Profesorado

Pedro Celard Pérez

Noelia García Hervella

 

Avaliación

Requirirase asistir ao 80 % das sesións e realizar as actividades propostas no curso.

 

Titulación

Curso en Intelixencia Artificial para a docencia universitaria con Microsoft Copilot e NotebookLM