Nova convocatoria de bolsas Santander Open Academy

Volve o programa «Becas Santander – Microcredenciales 2026, 2ª edición” onde poderás optar a unha das bolsas de 300 euros do Santander – Open Academy para distintas microcredenciais.

🔸 Enoturismo e eventos vitivinícolas: deseño e xestión de experiencias do viño
🔸 Excel Avanzado e Análise de Datos: Dos Fundamentos á Integración con Power BI
🔸 Curso de coordinación de acceso (proximamente)
🔸 Python para a análise de datos (proximamente)

A convocatoria de bolsas será xestionada pola Universidade de Vigo e será publicada en setembro. Publicarémolo nesta mesma nova, e nas nosas redes sociais.

Lembra que para ter dereito á bolsa, será requisito indispensable preinscribirse na nosa web no curso no que teñas interese e darse de alta en prazo na plataforma Santander Open Academy seleccionando o curso e a Universidade de Vigo.