formación e innovación docente

 

Grupos de Innovación Docente

Os Grupos de Innovación Docente (GID) son grupos de traballo estables de profesorado universitario que teñen como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, innovación e renovación do modelo educativo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe do alumnado.

Este tipo de grupos permiten reflexionar sobre a práctica docente e constitúen un marco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros e ámbitos disciplinares que comparten obxectivos comúns.

Convocatorias

Convocatoria de axudas

 

Proxectos piloto de innovación docente en facultades e escolas

A sociedade actual é complexa, diversa, global e con cambios tecnolóxicos que modifican todas as áreas da vida humana.
Para afrontar estes retos a Universidade de Vigo quere promover actuacións de innovación docente a nivel tecnolóxico e metodolóxico nas facultades e escolas para conseguir mellorar a súa calidade docente e que o seu alumnado estea máis preparado e adaptarse mellor aos diferentes eidos da situación actual.

A Xunta de Galicia no seu convenio de I+D+i fomenta a promoción de experiencias piloto en centros docentes innovadores e servizos de virtualización de laboratorios. Para o ano 2024, no mes de agosto, aproba un financiamento de 42.000 € para as devanditas
actividades.

Convocatorias