Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

Na Física os aspectos prácticos e experimentais son un complemento necesario á aprendizaxe teórica en tanto que potencian as características aplicativas típicas da enxeñaría. Unha forma de aumentar este compoñente práctico e empregar as actividades manipulativas que requiren da utilización contextualizada de calquera material, obxecto, instrumento ou montaxe experimental utilizada para a aprendizaxe dun concepto, principio, lei ou aplicación da física. Acotío fóra do ámbito académico, estas actividades manipulativas teñen a súa contorna natural nos museos ou centros de divulgación, sendo maioritariamente no mundo anglosaxón onde este tipo de ferramentas se empregan con éxito en diferentes materias, sobre todo, tradicionalmente nas relacionadas coa física.

A proposta de creación deste GID consiste, aproveitando a ampla experiencia neste ámbito do profesorado solicitante, na continuación do traballo realizado, como por exemplo a páxina http://www.clickonphysics.es/cms/. Nela recóllense diferentes actividades manipulativas relacionadas cos contidos das materias de Física 1 e Física 2 que se imparten nos graos de enxeñaría da Universidade de Vigo.

Cada actividade manipulativa está documentada polo alumnado das titulacións implicadas e supón un desafío que está supervisado ao longo do curso polo profesorado. Con esta práctica posibilítase que o estudantado descubra o traballo científico de forma aplicada.

 

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Renovar o coñecemento asociado ao emprego das actividades manipulativas e adaptalo á realidade das materias de Física na Enxeñaría.
  • Estudar a viabilidade do emprego das actividades manipulativas en diferentes contornas de aprendizaxe.
  • Formar ao persoal docente para o deseño e emprego de actividades manipulativas que poidan logo ser introducidas na súa práctica diaria.
  • Estudar a posibilidade de transferir a metodoloxía que se desenvolve a outras disciplinas do ámbito científico-tecnolóxico.
  • Estudar a posibilidade de transferir a metodoloxía que se desenvolva a outros niveis educativos.

 

Resultados

 

Participantes

  • Jesús Blanco García.
  • Luis Miguel González de Santos.
  • Higinio González Jorge.
  • Manuel Martínez Piñeiro.
  • Humberto Javier Michinel Álvarez.
  • Ángel Paredes Galán.
  • José Ramón Salgueiro Piéiro.
  • Javier Vijande López.