Grupo de Innovación Docente
Descrición
O grupo de investigación GTEyE , desenrola instalacións e actividades prácticas (manipulativas) a través das cales o alumnado de títulos de enxeñaría pode comprender mellor os conceptos teóricos explicados na aula e á vez acercarse á tecnoloxía empregada nas instalacións reais.
Páxina web
Obxectivos
- Desenvolvemento e construción de instalacións para investigación en enxeñaría que poidan ser empregadas de xeito doado polo alumnado para adquirir coñecementos avanzados.
- Difundir as experiencias docentes aplicadas nas aulas de enxeñaría asistindo a congresos e publicando artigos en revistas especializadas.
- Potenciar a participación do profesorado do grupo en actividades de innovación e investigación educativa.
- Difusión das actividades docente e investigadora da Universidade (e centros) entre o alumnado potencial (estudantes de institutos).
Resultados
- Múltiples prácticas manipulativas empregándose en materias de enxeñería (nivel grao e máster).
- Oferta de obradoiros técnicos na aula aberta á tecnociencia da Escola de Minas e Enerxía.
Participantes
- María Elena Arce Fariña.
- Pablo Eguía Oller.
- Enrique Granada Álvarez.
- Ana Larrañaga Janeiro.
- Carla María Míguez Álvarez.
- José Luis Míguez Tabarés.
- Jacobo Porteiro Fresco.
- Raquel Pérez Orozco.