Programa universitario para o emprego e a vida autónoma (EMAU)

Ámbito: Interdisciplinar 

Datas

 28/09/2026 – 25/06/2027

Modalidade

Presencial

Créditos

 30 ECTS

Campus

Vigo e Ourense

 

Descrición

O programa EMAU (Emprego e Vida Autónoma) é unha iniciativa coordinada pola Universidade de Vigo e desenvolvida no marco do programa Unidiversidad da Fundación ONCE.

O seu obxectivo é ofrecer unha formación universitaria adaptada a mozas e mozos con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/o do espectro autista, co fin de mellorar as súas competencias persoais, sociais e laborais, e favorecer a súa empregabilidade e autonomía.

Ligazón do vídeo realizado nun obradoiro da primeira edición do Programa universitario para o emprego e a vida autónoma.

Foto do acto de graduación da segunda edición do Programa universitario para o emprego e a vida autónoma.

 

COORDINADORAS académicAS

Maruxa Álvarez Jiménez

Reyes Fernández González

Contacto

unidiversidade@uvigo.gal

Telf. 986 130 110

Período de preinscrición:

01/08/2026 – 15/09/2026

Período de matrícula:

01/09/2026 – 23/09/2026

Inscripción

Modalidade

Docencia presencial

650 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

100 horas

(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial

Horario
De luns a venres entre as 9.30 e as 13.30 horas de acordo co calendario académico da Universidade de Vigo.

Lugar de impartición
Na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, no caso do Campus Universitario de Vigo

Na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, no caso do Campus Universitario de Ourense

 

Prezos

A matrícula estará subvencionada na súa totalidade.

Obxectivos

  • Fomentar a inclusión universitaria das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
  • Desenvolver competencias transversais que faciliten a súa autonomía e participación social.
  • Mellorar a empregabilidade mediante a formación práctica e o contacto coa contorna laboral real.
  • Promover a igualdade de oportunidades e a accesibilidade na educación superior.

Destinatarios/as

O programa está dirixido a mozos menores de 30 anos con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/o do espectro autista, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que desexen ampliar a súa formación e adquirir habilidades para a vida independente e o acceso ao emprego.

Criterios de selección

A Comisión Académica do título, tras unha avaliación psicopedagóxica, valorará a idoneidade das persoas solicitantes e decidirá a selección do estudantado participante no programa. Así mesmo, na selección terase en conta un equilibrio entre homes e mulleres, asegurando o acceso igualitario ao programa de homes e mulleres para seguir avanzando no 5 Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Calendario

  • Data de inicio: 28 de setembro 2026.
  • Data de fin:  25 de xuño de 2027.

Programa

Trátase dunha formación interdisciplinar para a mellora da empregabilidade, as competencias sociolaborais e favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual. Ademáis do equipo docente da Uvigo, o título conta con persoal técnico que realizan apoios activos dentro da aula, actuando como especialistas en pedagoxía terapéuticaconvocatoria correspondente

Profesorado

  • Vaquero García, Alberto
  • Martínez Insua, Ana Elina
  • Rivo López, Elena
  • Luis Vázquez, Iván
  • Lareo Jiménez, Jacinto
  • Delgado Parada, Joseba
  • Alonso Carracedo, Manuel
  • Fernandez Duran, Maria Belen
  • Pariente Ojea, María de los Ángeles
  • Fernández González, María Reyes
  • Alvarez Jiménez, Maruxa
  • Álvarez Vázquez, Miguel Ángel
  • Villanueva Villar, Mónica
  • Rodríguez Martín-Retortillo, Rosa
  • González Rodríguez, Rubén
  • Pérez Martín, Sabela
  • Riobóo Lois, Breogán
  • Suárez Porto, Vanessa
  • Barros Guerreiro, Yolanda
  • de la Torre Cougil, Raul
  • Araujo Vila, Noelia
  • Dominguez Vila, Trinidad
  • Díaz Vázquez, José David
  • Coello Díez, Rosa María
  • Rey González, Guillermo
  • González Gil, Eduardo
  • Rodriguez Vila, Serxio
  • Fernández Álvarez, Antón Lois
  • Fernández Martínez, Iria
  • Garrido Labrador, Begoña
  • Sola Guerrero, Cristina
  • Álvarez Silva, Maria Belén
  • Álvarez González, Berta
  • Rodríguez Castro, Pedro Ignacio
  • González Adán, Víctor Manuel
  • Freire Gullón, Alba
  • González Nogueira, Nair
  • Costas Muñoz, Leticia

Sistema de avaliación

Os contidos de cada materia avaliaranse mediante unha proba escrita ou presentación de traballos.

Documentación requirida

1) Documento de identificación
2) Certificado de discapacidade
3) Inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil
4) Outros títulos académicos: ESO, Formación básica FP ou superiores
5) Carta de valoración do departamento de orientación do centro de orixe

Titulación

A superación da formación dará lugar á obtención dun título propio da Universidade de Vigo: Curso de Formación Superior para o emprego e a vida autónoma – EMAU