Clausurada a 2ª edición do Curso de Experto en Desenvolvemento de Dispositivos de Fotónica Integrada

Culminou coa entrega ao alumnado dos chips que eles mesmos deseñaron

Unha vintena de estudantes completaron recentemente a 2ª edición do Curso de Experto en Desenvolvemento de Dispositivos de Fotónica Integrada, xestionado academicamente a través do Centro de Posgrao e Formación Permanente da UVigo e desenvolvido ao abeiro da Cátedra NextChip. Marcado pola transformación do programa formativo cara un modelo baseado en catro microcredenciais independentes que abranguen distintas áreas clave da fotónica, o novo formato permitiu ofrecer unha formación máis flexible e especializada, aliñada coas iniciativas europeas de aprendizaxe permanente e orientada a facilitar a adquisición progresiva de competencias avanzadas no sector.

O programa combinou formación teórica e práctica, achegando ás persoas participantes as metodoloxías e procesos utilizados na actualidade pola industria internacional, unha aproximación aplicada que permitiu ao alumnado participar en todas as etapas do desenvolvemento dun circuíto fotónico integrado. A formación, que contou con financiamento da Secretaria de Estado de Telecomunicaciones e Infraestruturas Digitales del Ministerio para…

Ler a nova completa no DUVI