Da aula á vida autónoma: 16 mozas e mozos comezan na UVigo un curso para mellorar as súas oportunidades laborais

Coordinado pola Universidade, o Programa Emau conta coa colaboración da ONCE e a Xunta

Dezaseis mozas e mozos, sete mulleres e nove homes de entre 18 e 26 anos, comezan esta semana o novo curso do programa Emau, Emprego e Vida Autónoma, da Universidade de Vigo. Chegan aos campus de Vigo e Ourense “cheos de ilusión, con moitas expectativas e tamén un pouco nerviosos” ante o reto de mellorar as súas competencias persoais, sociais e laborais e avanzar cara á súa inclusión e acceso ao mercado de traballo.

Coordinado pola Universidade de Vigo e desenvolvido no marco do programa Unidiversidade da Fundación ONCE coa colaboración da Xunta de Galicia, o Emau ofrece formación universitaria a mozas e mozos con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/ou do espectro autista, combinando o traballo nas aulas coa adquisición de competencias para a vida autónoma e a preparación para o acceso ao mercado laboral.

Esta é a cuarta edición e o sexto ano no que a UVigo conta co apoio da Fundación ONCE para desenvolver o programa. As dúas primeiras edicións tiñan unha duración de dous anos, mentres que na actualidade o Emau se desenvolve ao longo dun curso académico. Ao longo destes anos,…

Ler a nova completa no DUVI