“Para as persoas manteñan a ilusión por seguir aprendendo despois de completar a súa andaina profesional”
El Programa Universitario de Maiores busca garantir unha oferta de estudos para as persoas maiores de 55 anos que, por diversas razóns, non puideran acceder á Universidade no seu momento ou para aquelas persoas que, tendo xa unha experiencia universitaria, manteñan a ilusión por seguir aprendendo.
As competencias que o Programa Universitario de Mayores intenta acadar son:
- Lograr un axeitado nivel de independencia física e psicolóxica e de autonomía persoal para a mellora ou mantemento da calidade de vida.
- Capacitarse para participar de forma activa e construtiva na vida, non so social, senón científica aportando coñecementos e experiencias enriquecedoras.
- Actualizarse nas diferentes competencias sociais e dixitais que avanzan moi rápido no tempo e que son básicas para facilitar a comprensión dos acontecementos sociais e a comunicación interxeneracional.
- Desfrutar das manifestación sociais e culturais da contorna, mediante non so a contemplación senón tamén a participación social e de promoción activa en un marco universitario e en un entorno de globalización do coñecemento.
Programa UNIVERSITARIO de maiores
Formación para as persoas que manteñen o entusiasmo por seguir aprendendo e por adquirir unha maior comprensión e participación na sociedade actual
>Premendo nesta ligazón podes descargar o tríptico do programa de maiores
Se tes unha actividade, unha materia ou calquera outra iniciativa enmarcable dentro do Programa Universitario de Maiores, non dubides en contactar connosco a través do seguinte formulario: