Diploma de curso avanzado de posgrado
Ámbito: Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopediaCódigo: TCS:1156/2
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde
Inicio e fin
23/10/2026 – 08/11/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
5.0 ECTS
Estado
Descrición
Unha formación que trata de profundar na resposta terapéutica que dende a fisioterapia se pode dar nas lesións traumáticas no eido deportivo, sendo estas as máis habituais neste ámbito.
A relevancia da formación para estudantes e profesionais de fisioterapia radica na integración que se fai de diferentes técnicas de tratamento, como é a vendaxe, as técnicas manipulativas e o exercicio terapéutico, xunto cunha valoración do/a paciente, de cara a acadar unha boa e rápida evolución do/a mesmo/a, facilitando unha máis rápida reincorporación á actividade deportiva.
Este curso pretende incrementar as competencias clínico-asistenciais do alumnado, para dar resposta dunha forma efectiva e rápida aos/ás deportistas que sofren unha lesión. Na formación facilitarase a integración de coñecementos que xa posúen con novas perspectivas de actuación, integrando técnicas pasivas e activas de tratamento, o que tamén busca que os/as pacientes sexan co-responsables do seu propio tratamento.
Director/a:
Gustavo Rodríguez Fuentes
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
gfuentes@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición ABERTA
12/01/2026 – 15/10/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
16/10/2026 – 21/10/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial
50 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade de Fisioterapia, Campus de Pontevedra
Horario
Do 23 de outubro ao 8 de novembro de 2026, os venres de 15 a 21 horas; sábados de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas; e domingos de 9:00 a 14:00 horas e de 15 a 19 horas.
Prezos
| Público en XEral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 300 € | 90% da tarifa xeral | 85% da tarifa xeral |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Instrucións para subir documentación:
http://cpfp.uvigo.gal/docs/Instrucions_adxuntar_imprimir_documentacion.pdf
Obxectivos
- Aprender a valorar a hipomobilidade e hipermobilidade articular.
- Integrar valoración e tratamento en casos clínicos reais.
- Coñecer como combinar as técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico no tratamento de lesións en deportistas.
- Alcanzar a destreza necesaria para aplicar as manipulacións das articulacións das extremidades.
Destinatarios
Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia e estudantes de Fisioterapia que, cando menos, no curso 2025-26 estivesen en 3º curso do Grao de Fisioterapia.
Saídas Profesionais
Ao rematar a formación, o alumnado terá os coñecementos básicos da aplicacións combinada máis axeitada das técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico nas principais lesións traumáticas deportivas a nivel das articulacións dos membros superiores e inferiores. Estes coñecementos permitiranlle ao alumnado poder empregar as citadas técnicas de tratamento en diferentes centros laborais: centros deportivos, clubs deportivos, centros de fisioterapia, hospitais, centros de saúde, etc.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
- CE1 Coñecer o concepto de hipo e hipermobilidade.
- CE2 Coñecer as indicacións e contraindicacións das manipulacións con impulso.
- CE3 Coñecer como e cando usar a vendaxe propioceptiva no/a deportista.
- CE4 Coñecer como e cando integrar o exercicio terapéutico no/a deportista.
- CE5 Lembrar as principais consideracións biomecánicas das articulacións das extremidades.
- CE6 Aprender a integrar as técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico nas principais lesións deportivas das articulacións do membro superior.
- CE7 Aprender a integrar as técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico nas principais lesións deportivas das articulacións do membro inferior.
Competencias Transversais
- CT1 Capacidade para comunicarse oralmente de forma efectiva cos/coas pacientes.
- CT2 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora continua, así como de adaptación a novas situacións.
- CT3 Desenvolverse con creatividade, organización e liderado cos/coas pacientes.
Condicións de acceso
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Documento de identificación
2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos
Criterios de selección
1) Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.
2) Alumnado do Grao en Fisioterapia de 4º curso.
3) Alumnado do Grao en Fisioterapia de 3º curso.
Materias
Contidos teóricos:
– Fisioloxía das manipulacións, concepto de hipo-hipermobilidade e indicacións e contraindicacións das manipulacións con impulso. 0,3 ECTS.
– Como e cando usar a vendaxe propioceptiva e o exercicio terapéutico no deportista. 0,2 ECTS.
– Evidencia científica. 0,1 ECTS.
Contidos prácticos:
– Valoración e biomecánica das principais articulacións das extremidades. 0,8 ECTS.
– Técnicas manipulativas con impulso das principais articulacións das extremidades. 1 ECTS.
– Vendaxe propioceptiva das principais articulacións das extremidades. 0,9 ECTS.
– Exercicio terapéutico enfocado ás principais articulacións das extremidades. 0,9 ECTS.
– Análise de casos clínicos. 0,8 ECTS.
Titorías (traballo):
– Caso clínico: Proposta de valoración e tratamento dunha patoloxía prevalente no eido deportivo.
Profesorado
- Pablo Hernández Lucas
- Gustavo Rodríguez Fuentes
Avaliación
A avaliación consistirá na realización dun exame ao final do curso e a entrega dun traballo.
O exame será de tipo test e haberá que sacar un 5/10 para superalo.
O traballo, desenvolto de forma individual ou por parellas, consistirá na presentación dun caso clínico relativo a unha das patoloxías máis prevalentes das extremidades no eido deportivo, onde se terá que presentar as características clínicas do caso clínico, a valoración feita (probas, test específicos…) e o plan de tratamento a desenvolver tendo en conta as técnicas vistas ao longo do curso.
Ademais, esixirase unha asistencia, cando menos, do 80% das horas do curso.
Titulación
Diploma de curso avanzado en fisioterapia deportiva en extremidades
