En curso
Iniciación á formación para a docencia universitaria
Programa de Formación Permanente do Profesorado
O Programa de Formación e Innovación Educativa ten como alicerce a formación do profesorado en competencias docentes universitarias, como o dominio das metodoloxías, a planificación das materias, mellora da comunicación, emprego da motivación, desenvolver a súa labor titorial ou poñer en práctica diferentes tipos de avaliación.
Cada curso estará relacionado cunha competencia e indicarase o nivel de dominio que traballa (básico, medio ou avanzado).
Destinatarios/as
O programa destinado a todo o profesorado (figuras docentes da LOSU) da Universidade de Vigo e ás persoas con contratos de investigación con carga docente.
Terán preferencia as persoas que estean no POD do curso académico vixente.
Se quedasen prazas dispoñibles poderán participar outros perfís interesados na información. Esta participación non supón a adquisición de ningunha vinculación coa Universidade de Vigo.
Difusión
A información distribuirase por correo electrónico nas listas «formacionprofesoradouvigo», «pdi» e «avisos» e pola aplicación de Uvigo! da Universidade de Vigo e polo Twitter, Instagram e Linkedin do Centro de Posgrao e Formación Permanente.
Acreditación
Cada unha das actividades formativas recibirá a acreditación da Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente.