Experto en Interpretación Simultánea de Voz a Texto (inglés-español)

Experto

Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1007/2
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Tecnoloxía

Inicio e fin

29/01/2024 – 24/05/2024

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

20.0 ECTS

Estado

En curso

10 prazas

 

Descrición

A Interpretación Simultánea de Voz a Texto é unha técnica de traballo innovadora a cabalo entre o subtitulado e a interpretación simultánea tradicional (de voz a voz) que proporciona servizos de tradución accesibles para persoas con certos tipos de limitación sensorial. Ata o de agora levouse a cabo principalmente de modo intralingüístico (por exemplo, español-español), o que facilita que espectadores xordos teñan acceso a programas de televisión ou actos públicos en directo mediante subtítulos. Para proporcionar acceso a programas ou eventos en directo noutro idioma, fai falta unha nova destreza e unha nova disciplina, a Interpretación Simultánea de Voz a Texto.

 

Director/a:

Luis Alonso Bacigalupe, Pablo Romero Fresco

Email contacto:

lalonso@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Facultade de Filoloxía e Tradución

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
27/11/2023 – 05/01/2024


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
06/01/2024 – 25/01/2024

Matrícula pechada

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

24 horas

Docencia non presencial

176 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Plataformas virtuais de teledocencia: Campus Virtual da UVigo, Zoom.

 

Horario

Tanto as sesións teóricas como as prácticas e as titorías serán non presenciais. Todas se desenvolverán á través de medios electrónicos, e na súa maioría de xeito asíncrono.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
900 € 810 € 765 €

Observacións aos prezos

Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 765€  (subir documentación á aplicación no prazo de matrícula)
Instruccións para subir documentación: https://bit.ly/3MDRTb4

 

Obxectivos

  • Formar ao alumnado nas técnicas de interpretación simultánea (inglés-español) a nivel especializado, co foco de atención posto no desenvolvemento das destrezas prácticas desta especialidade.
  • Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas necesarias para o desenvolvemento profesional do especialista en refalado intralingüístico (español-español).
  • Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas necesarias para o desenvolvemento profesional do especialista en Interpretación Simultánea de Voz a Texto (ISVT) (inglés-español).

 

Destinatarios

Persoas tituladas universitarias interesadas na tradución e interpretación de linguas en xeral, e en particular aquelas interesadas na tradución audiovisual e a provisión de servizos de accesibilidade para persoas con algún tipo de limitación auditiva.

Como consecuencia dos requisitos informáticos que esixe o software de recoñecemento de voz que se utiliza para a formación, necesitarase dispoñer dun computador con sistema operativo Windows para poder realizar as actividades e exercicios do curso (recoméndase ademais un mínimo de 8 GB de memoria RAM).

 

Saídas Profesionais

  • Desenvolvemento das habilidades para a práctica da IS tradicional como introdución á ISVT.
  • Desenvolvemento das habilidades para a práctica do refalado intralingüístico, tanto para a súa práctica profesional como no seu papel de adestramento introdutorio á ISVT.
  • Coñecemento das características e posibilidades, así como dominio do manexo do software de recoñecemento de voz para a ISVT.
  • Dominio das ferramentas tecnolóxicas para a celebración de conferencias e reunións internacionais utilizadas no desempeño profesional dos intérpretes de voz a texto erefaladores.
  • Coñecemento dos principios e normas esenciais da produción audiovisual accesible.
  • Capacidade para facer traballos de interpretación simultánea de voz a texto (ISVT) a nivel profesional e para calquera tipo de material orixinal en formato oral, xa sexa produción audiovisual, conferencia internacional, clase, ou outros.

 

Competencias Específicas

  • Coñecer os principios básicos da accesibilidade.
  • Dominar os modos de aplicación práctica dos principios de accesibilidade nos medios de comunicación e outros ámbitos da comunicación humana.
  • Coñecer como funciona o recoñecemento do fala.Dominar o uso de ferramentas de recoñecemento de fala.
  • Coñecer e dominar a técnica da Interpretación Simultánea, en particular aplicada aosmedios de comunicación (TV, internet, outros medios).
  • Coñecer os principios teóricos do refalado intralingüístico.
  • Dominar a práctica do refalado intralingüístico.
  • Coñecer os principios teóricos da Interpretación Simultánea de Voz a Texto (ISVT).
  • Dominar a práctica da ISVT.
  • Ser capaz de avaliar a calidade dun traballo de ISVT usando ferramentas estándar.

 

Condicións de acceso

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA(*):

  • Copia do título universitario
  • DNI

(*) non é preciso achegar documentación se es estudante ou estudaches na Universidade de Vigo

INFORMACIÓN REFERENTE AO TÍTULO UNIVERSITARIO:

(1) Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgraduado.

(2) Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.

(3) Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgraduado. Para iso, fai falta un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas.Os participantes das accións formativas subvencionadas deberán ser cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza, así como os seus familiares recollidos no artigo 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, ou ter autorización para permanecer ou residir en territorio español.

 

Criterios de selección

A admisión realizarase por orde de preinscrición.

 

Materias

id nome caracter créditos
200011 T01 Interpretación simultánea Obligatoria 1.0
200012 T02 Rehablado intralingüístico Obligatoria 2.0
200013 T03 Interpretación simultánea de voz a texto ISVT Obligatoria 2.0
200085 P01 Interpretación simultánea (EN-ES) Obligatoria 5.0
200086 P02 Rehablado intralingüístico (ES-ES) Obligatoria 4.0
200087 P03 Interpretación simultánea de voz a texto ISVT (EN-ES) Obligatoria 6.0

 

Profesorado

Persoal de la UVigo
  • Luis Alonso Bacigalupe. Profesor, intérprete de congresos
  • Pablo Romero Fresco. Profesor, experto en refalado, en accesibilidad e en tradución audiovisual
  • Jacobo Currais Arcay. Profesor, intérprete, refalador e experto en accesibilidade
Persoal docente externo
  • Elisabet García-Oya Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Intérprete, exprofesora asociada de interpretación e tradución, profesora de linguas na Escola Oficial de Idiomas.
  • Nancy Guevara Freelancer Intérprete de voz a texto y refaladora intralingüística.

 

Avaliación

O sistema de avaliación realizarase de forma remota, a través das plataformas en liña desde onde se impartirá o curso (Campus Virtual da Uvigo e Zoom). Tratarase dun sistema de avaliación continua por acumulación das notas das 16 semanas de duración do curso, concretamente, da suma das notas dos exercicios semanais que os alumnos subirán á plataforma e da nota da súa participación no foro e nos webinarios para cada unidade e módulo. Para aprobr o curso éimprescindible completar satisfactoriamente os seus 6 módulos (3 teóricos e 3 prácticos).

 

Titulación

Experto/a en Interpretación Simultánea de Voz a Texto (inglés-español)

 

Máis información

http://eafp.uvigo.gal