Especialista
Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1022/2
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía
Inicio e fin
15/09/2023 – 22/06/2024
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
30.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Na automoción é imparable a incorporación da electrónica tanto nos produtos como nos procesos produtivos. Existe nas empresas deste ámbito a necesidade de reciclaxe e actualización de coñecementos, habilidades e capacidades do persoal que por formación e titulación non traballan no ámbito dos circuítos e sistemas electrónicos.
Neste Título faise unha revisión dos coñecementos e habilidades relacionadas ca selección, especificación e deseño de circuítos electrónicos que se incorporan no automóbil con especial énfase nos dispositivos de Electrónica de Potencia, nos sensores e circuítos de acondicionamento de sinal, nos circuítos e protocolos de comunicación, nos sistemas de adquisición de datos e no uso do microcontroladores para construír centralitas e unidades de control.
Director/a:
Jose Fariña Rodriguez
Teléfono contacto:
986812158
Email contacto:
jfarina@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Escuela Abierta de Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/06/2023 – 04/09/2023
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
17/07/2023 – 11/09/2023
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
270 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
1475 € | 1327.5 € | 1253.75 € |
Observacións aos prezos
Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 1253,75 € (enviar no prazo de matrícula documentación acreditativa a prezospublicos@uvigo.gal)
Obxectivos
O obxectivo do curso é a especialización en Electrónica Industrial de Enxeñeiros que por
formación teñan escasos coñecementos nesa área de actividade, e que a súa actividade
profesional estea a esixir unha actualización dos mesmos. O nivel de coñecementos
adquiridos polo alumnado permitiralles entender a funcionalidade dos dispositivos e
circuítos que forman un equipo electrónico como compoñente de automoción, así como
participar na especificación de novos circuítos neste ámbito.
Destinatarios
PERFIL DE INGRESO
Os destinatarios do Curso son Enxeñeiros non especialistas en Electrónica Industrial que pola súa actividade profesional precisen de coñecementos para entender, manexar ou realizar especificacións de funcionamento de equipos electrónicos. Con esta formación, estes enxeñeiros poderán participar en proxectos ou actividades nos que se incorporen ou utilicen dispositivos ou circuítos electrónicos, mellorando a comprensión do funcionamento e optimizando os resultados.
REQUIRIMENTOS DE ACCESO AO TÍTULO
Para acceder a este título deberá cumprir algunha das seguintes condicións:
- Posuír o título de Enxeñeiro Mecánico (Grao ou Máster) ou equivalente
- Ter o título de Grao dalgún dos graos que dan acceso o Máster de Enxeñeiro Industrial que non sexa específico de Electrónica Industrial
- Ter o título de Enxeñeiro Industrial
- Ter calquera outra titulación Universitaria que a Comisión Académica considere adecuada
Saídas Profesionais
O remate a titulación o alumando terá:
- Os coñecementos necesarios para entender e aplicar as especificacións dos circuítos e sistemas electrónicos que se incorporan nun automóbil.
- Coñecementos sobre o funcionamento dos sensores e dos circuítos de acondicionamento de sinal.
- A capacidade de entender e aplicar as especificacións dos protocolos de comunicación utilizados na automoción.
- A capacidade para facer e negociar as especificacións funcionais e eléctricas dos equipos de verificación de funcionamento dos compoñentes electrónicos.
- Coñecemento sobre a estrutura e bloques funcionais que forman as unidades de control (ECUs) dun automóbil.
- Habilidade para usar programas informáticos de simulación de circuítos e sistemas electrónicos.
Competencias Específicas
- CE1 Coñecer, identificar e saber usar dispositivos electrónicos
- CE2 Coñecer e saber usar os bloques funcionais de Electrónica
- CE3 Saber usar ferramentas informáticas de simulacion de circuitos electrónicos
- CE4 Coñecer, identificar e saber usar dispositivos de electrónica de potencia
- CE5 Coñecer tecnoloxías de electrónica dixital
- CE6 Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica dixital e microcontroladores
- CE7 Coñecer os fundamentos e aplicacións de sensores no ámbito da automoción
- CE8 Capacidade para deseñar sistemas electrónicos analóxicos para a adquisición de datos
- CE9 Coñecer, identificar e saber usar circuitos e protocolos de comunicación de información en automoción
- CE10 Coñecer, identificar e saber usar sistemas de adquisición de datos
- CE11 Capacidade para configurar e programar sistemas de adquisición de datos
- CE12 Coñecer, identificar e saber usar sistemas de control baseados en microcontroladores
- CE13 Capacidade para programar sistemas de control baseados en microcontroladores
Condicións de acceso
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
- Certificado de Titulación Académica
Criterios de selección
CRITERIOS DE ADMISIÓN e PONDERACIÓN (%):
- Grao ou Máster Enxeñeiro Mecánico: 100%
- Enxeñeiro Industrial: 95%
- Grao que habilita o acceso ao Máster Enxeñeiro Industrial: 90%
- Outras titulacións que a Comisión Académica considere adecuadas: 80%
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200073 | Dispositivos electrónicos y electrónica analógica | Obligatoria | 3.7 |
200075 | Electrónica de potencia en automoción | Obligatoria | 2.3 |
200076 | Electrónica digital y microcontroladores | Obligatoria | 3.0 |
200077 | Sensores | Obligatoria | 3.0 |
200078 | Electrónica para la adquisición de datos | Obligatoria | 3.0 |
200079 | Comunicación de información en automoción | Obligatoria | 3.0 |
200080 | Sistemas de adquisición de datos | Obligatoria | 3.0 |
200081 | Microcontroladores – Programación | Obligatoria | 3.0 |
200082 | Proyecto de sistema electrónico de adquisición de datos | Obligatoria | 3.0 |
200083 | Proyecto de sistema electrónico de control basado en microcontrolador | Obligatoria | 3.0 |
Titulación
Especialista en Electrónica para Compoñentes de Automoción