ESTUDOS / Títulos propios

Especialista en Electrónica para Compoñentes de Automoción

Especialista en Electrónica para Compoñentes de Automoción
Especialista
Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegación
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Tecnoloxía
Código: 1022/2
Inicio e fin
Calendar 15/09/2023 - 22/06/2024
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 30
Plazas
24
Preinscrición pechada
01/06/2023 - 04/09/2023
Matrícula
15/09/2023 - 22/06/2024
Descripción

Na automoción é imparable a incorporación da electrónica tanto nos produtos como nos
procesos produtivos. Existe nas empresas deste ámbito a necesidade de reciclaxe e
actualización de coñecementos, habilidades e capacidades do persoal que por formación e
titulación non traballan no ámbito dos circuítos e sistemas electrónicos.
Neste Título faise unha revisión dos coñecementos e habilidades relacionadas ca selección,
especificación e deseño de circuítos electrónicos que se incorporan no automóbil con especial énfase nos dispositivos de Electrónica de Potencia, nos sensores e circuítos de acondicionamento de sinal, nos circuítos e protocolos de comunicación, nos sistemas de adquisición de datos e no uso do microcontroladores para construír centralitas e unidades de control.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
300 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Escola de Enxeñaría Industrial (sede campus)
Horario
Venres de 16:00 a 21:00 horas e sábados de 9:00 a 14:00 horas
Prezo
Prezo xeral
1.475,00 €
Alumni Uvigo
1.327,50 €
Comunidade Uvigo
1.253,75 €
Persoas desempregadas
1.253,75 €
Personas discapacitadas
1.253,75 €

O obxectivo do curso é a especialización en Electrónica Industrial de Enxeñeiros que por
formación teñan escasos coñecementos nesa área de actividade, e que a súa actividade
profesional estea a esixir unha actualización dos mesmos. O nivel de coñecementos
adquiridos polo alumnado permitiralles entender a funcionalidade dos dispositivos e
circuítos que forman un equipo electrónico como compoñente de automoción, así como
participar na especificación de novos circuítos neste ámbito.

PERFIL DE INGRESO: os destinatarios do Curso son Enxeñeiros non especialistas en Electrónica Industrial que pola súa actividade profesional precisen de coñecementos para entender, manexar ou realizar especificacións de funcionamento de equipos electrónicos. Con esta formación, estes enxeñeiros poderán participar en proxectos ou actividades nos que se incorporen ou utilicen dispositivos ou circuítos electrónicos, mellorando a comprensión do funcionamento e optimizando os resultados.

REQUIRIMENTOS DE ACCESO AO TÍTULO: para acceder a este título deberá cumprir algunha das
seguintes condicións: Posuír o título de Enxeñeiro Mecánico (Grao ou Máster) ou
equivalente, ter o título de Grao dalgún dos graos que dan acceso o Máster de Enxeñeiro Industrial que non sexa específico de Electrónica Industrial, ter o título de Enxeñeiro Industrial e ter calquera outra titulación Universitaria que a Comisión Académica considere adecuada.

O remate a titulación o alumando terá:

‐ Os coñecementos necesarios para entender e aplicar as especificacións dos circuítos e
sistemas electrónicos que se incorporan nun automóbil.

‐ Coñecementos sobre o funcionamento dos sensores e dos circuítos de acondicionamento de sinal.

‐ A capacidade de entender e aplicar as especificacións dos protocolos de comunicación
utilizados na automoción.

‐ A capacidade para facer e negociar as especificacións funcionais e eléctricas dos
equipos de verificación de funcionamento dos compoñentes electrónicos.

‐ Coñecemento sobre a estrutura e bloques funcionais que forman as unidades de control (ECUs)
dun automóbil.

‐ Habilidade para usar programas informáticos de simulación de circuítos e sistemas
electrónicos.

  • CE1 Coñecer, identificar e saber usar dispositivos electrónicos
  • CE2 Coñecer e saber usar os bloques funcionais de Electrónica
  • CE3 Saber usar ferramentas informáticas de simulacion de circuitos electrónicos
  • CE4 Coñecer, identificar e saber usar dispositivos de electrónica de potencia
  • CE5 Coñecer tecnoloxías de electrónica dixital
  • CE6 Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica dixital e microcontroladores
  • CE7 Coñecer os fundamentos e aplicacións de sensores no ámbito da automoción
  • CE8 Capacidade para deseñar sistemas electrónicos analóxicos para a adquisición de datos.
  • CE9 Coñecer, identificar e saber usar circuitos e protocolos de comunicación de información en
    automoción
  • CE10 Coñecer, identificar e saber usar sistemas de adquisición de datos
  • CE11 Capacidade para configurar e programar sistemas de adquisición de datos.
  • CE12 Coñecer, identificar e saber usar sistemas de control baseados en microcontroladores
  • CE13 Capacidade para programar sistemas de control baseados en microcontroladores

CRITERIOS DE ADMISIÓN e PONDERACIÓN (%):

  1. Grao ou Máster Enxeñeiro Mecánico: 100%
  2. Enxeñeiro Industrial: 95%
  3. Grao que habilita o acceso ao Máster Enxeñeiro Industrial: 90%
  4. Outras titulacións que a Comisión Académica considere adecuadas: 80%

ID Nome Carácter Creditos
200073 Dispositivos electrónicos y electrónica analógica Obligatoria 3.72
200075 Electrónica de potencia en automoción Obligatoria 2.28
200076 Electrónica digital y microcontroladores Obligatoria 3.00
200077 Sensores Obligatoria 3.00
200078 Electrónica para la adquisición de datos Obligatoria 3.00
200079 Comunicación de información en automoción Obligatoria 3.00
200080 Sistemas de adquisición de datos Obligatoria 3.00
200081 Microcontroladores - Programación Obligatoria 3.00
200082 Proyecto de sistema electrónico de adquisición de datos Obligatoria 3.00
200083 Proyecto de sistema electrónico de control basado en microcontrolador Obligatoria 3.00

A avaliación das materia do curso vaise facer de forma asíncrona. En cada materia haberá un exame de tipo test ou preguntas obxectivas e de desenvolvemento para avaliar os contidos da parte teórica da materia. Este exame será asíncrono e terá que estar realizado polo alumnado unha semana despois de ter rematado o período presencial da materia.

A avaliación completase co informe das prácticas realizadas. O alumnado deberá presentar un documento cos resultados.

Especialista Universitario/a en Electrónica para Componentes de Automoción

Preinscripción e matrícula Campus de Vigo:
Servizo de Xestión da Extensión Universitaria, Teléfono 986 813 626, Correo-e: extension@uvigo.gal

Preinscripción e matrícula Campus de Ourense:
Área de Servizos á Comunidade, Teléfono 988 387 089, Correo-e: asc-ou@uvigo.gal

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.